You are on page 1of 2

DOG Núm.

208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57439

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e


Universidades

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se nomean membros do Consello


Galego de Universidades.

Mediante a Orde do 19 de febreiro de 2018 nomeáronse os representantes do Parla-


mento de Galicia no Consello Galego de Universidades, por expiración de mandato dos
membros anteriores.

O Decreto 98/2014, do 17 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Consello Ga-


lego de Universidades, regula a composición deste órgano colexiado e no seu artigo 5, na
alínea h) do punto 1, establécese que formarán parte del catro membros designados pola
comisión do Parlamento de Galicia competente en materia universitaria, en proporción á
súa representación no Pleno do Parlamento.

O 7 de outubro de 2022, a Comisión 4ª, de Educación e Cultura, do Parlamento de


Galicia, procedeu á elección, designación e proposta de nomeamento, pola expiración do
período de mandato, dos catro membros elixidos en 2018.

Os acordos de designación dos membros elixidos polo Parlamento de Galicia seranlle


comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen
procederá ao seu nomeamento mediante orde da consellería, que se publicará no Diario
Oficial de Galicia e producirá efectos a partir desa data.
CVE-DOG: gt3c0nr4-l3y0-yq44-kjv0-rdixfpwhlnf5

A duración do mandato dos membros do Consello Galego de Universidades de designa-


ción parlamentaria será de catro anos e permanecerán en funcións desde a expiración do
devandito período ata a toma de posesión dos novos membros.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear os seguintes vogais, como membros designados pola Comisión 4ª, Educación
e Cultura, do Parlamento de Galicia a:

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57440

– Begoña Barreiro Fernández.

– Senén Barro Ameneiro.

– Irene Garrido Valenzuela.

– Montserrat Valcárcel Armesto.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades
CVE-DOG: gt3c0nr4-l3y0-yq44-kjv0-rdixfpwhlnf5

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like