You are on page 1of 2

DOG Núm.

152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43315

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e


Universidades

ORDE do 29 de xullo de 2022 pola que se modifica a composición do Consello


Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2021, fíxose pública a composición dos con-


sellos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Con-


sello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do Consello Social
o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente da universidade.

Son membros natos do Consello Social o reitor ou a reitora da universidade, o secretario


ou a secretaria xeral e o xerente ou a xerente da universidade.

Así mesmo, serán persoas membros do Consello Social un profesor ou unha profesora,
un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal de administración e servizos,
elixidos e elixidas polo Consello de Goberno da universidade de entre os seus membros na
forma que determinen os seus estatutos. A duración do mandato dos membros do Consello
Social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.
CVE-DOG: oxbrlzz2-i8q0-9fy0-sa07-6skcgh2hrim0

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os re-
quisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce
efectos a partir desa data.

Con data do 27 de xullo de 2022, o presidente do Consello Social da Universidade de


Santiago de Compostela comunica a designación de Francisco José Fraga López como
representante do profesorado, Minia García Angulo como representante de persoal de ad-
ministración e servizos e Manuel Veiga Cainzos como representante do estudantado no
Consello Social da Universidade.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de


membros do Consello Social lle serán comunicados á persoa titular da consellería compe-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43316

tente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da


súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear representante do profesorado no Consello Social da Universidade de Santiago


de Compostela a Francisco José Fraga López en substitución de Montserrat Valcárcel
Armesto.

Artigo 2

Nomear representante do persoal de administración e servizos no Consello Social da


Universidade de Santiago de Compostela a Minia García Angulo en substitución de Fer-
nando Sedano Arnáez.

Artigo 3

Nomear representante do estudantado no Consello Social da Universidade de Santiago


de Compostela a Manuel Veiga Cainzos en substitución de Inmaculada Alonso Rodríguez.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
CVE-DOG: oxbrlzz2-i8q0-9fy0-sa07-6skcgh2hrim0

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like