You are on page 1of 6

DOG Núm.

126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria


e Innovación

ACORDO do 22 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se


someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa,
a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental
(EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico
Legre, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (A Coruña) (expediente IN408A
2020/097).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na


Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se
crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017,
do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola
Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación eco-
nómica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as
actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos
de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de
avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia,
e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude rela-
cionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L. CIF: B85945475.


CVE-DOG: 2krflm47-cp78-vcs8-xpe0-v0svv6gkath0

Domicilio social: Torre Serrano, rúa/Marqués de Villamagna, 3, 5º andar, 28001 Madrid.

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa Fernando de Casas Novoa, 35, bloque B,
2º andar, porta B, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: parque eólico Legre (expediente IN408A 2020/097).

Concellos afectados pola poligonal: Mesía e Oza-Cesuras (A Coruña).

Potencia máxima do parque 37,95 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 7 × 6 MW de potencia nominal unitaria.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38118

Produción neta: 138.644 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 27.413.369,21 €.

Prazo de execución estimado: doce (12) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Legre

A.D.E. II-9-6 Mesía

UTM ETRS 89 fuso 29


Vértice poligonal
UTM-X UTM-Y
P1 562.274 4.779.285
P2 563.910 4.779.285
P3 564.466 4.778.741
P4 566.374 4.778.741
P5 566.374 4.776.370
P6 565.566 4.776.370
P7 565.566 4.772.851
P8 566.374 4.772.851
P9 566.374 4.771.101
P10 562.358 4.771.101
P11 562.358 4.772.851
P12 557.966 4.775.360
CVE-DOG: 2krflm47-cp78-vcs8-xpe0-v0svv6gkath0

P13 562.273 4.776.894

UTM ETRS 89 fuso 29


Aeroxerador
UTM-X UTM-Y
LEG-01 558.875 4.775.235
LEG-02 559.373 4.775.333
LEG-03 564.033 4.775.573
LEG-04 563.793 4.778.640
LEG-05 564.617 4.778.217
LEG-06 565.168 4.778.348
LEG-07 566.162 4.777.826

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38119

UTM ETRS 89 fuso 29


Torre meteorolóxica
UTM-X UTM-Y
LEG-TP 559.685 4.775.192

Subestación (parque UTM ETRS 89 fuso 29


eólico Legre) UTM-X UTM-Y
Subestación 562.801,96 4.776.571,44

Características técnicas da instalación:

- 7 aeroxeradores modelo SG170 ou similar de 6 MW. Os aeroxeradores LEG-01,


LEG‑02, LEG-03, LEG-05, LEG-06 e LEG-07 estarán limitados no xerador individualmente
a unha potencia unitaria de 5,42 MW e o aeroxerador LEG-04 a unha potencia unitaria de
5,43 MW. A potencia activa máxima do parque será 37,95 MW, de acordo coa potencia
admisible no punto de conexión. Os aeroxeradores terán unha altura de buxa 115 m e diá-
metro de rotor 170 m.

– 7 centros de transformación tipo seco de potencia unitaria aproximada 7.200 KVA e


relación de transformación 0,69/30 kV, coas súass correspondentes celas de protección e
manobra dos circuítos de 30 kV.

– Rede eléctrica soterrada de 30 KV, de interconexión entre os centros de transforma-


ción dos aeroxeradores e a subestación transformadora do parque de 30/132 KV, compos-
ta por 3 circuítos con condutores tipo RHZ1 -2OL 18/30 KV de seccións 95, 400 e 630 mm²
de aluminio.
CVE-DOG: 2krflm47-cp78-vcs8-xpe0-v0svv6gkath0

– Rede de terras xeral de modo que as instalacións electromecánicas e subestación


do parque eólico formen un conxunto equipotencial. A rede de terras dos aeroxeradores
será mediante cable de acompañamento de cobre de 50 mm² de sección, irá instalado na
mesma gabia que a rede eléctrica soterrada de 30 KV e conectarase ás pletinas de posta
a terra dos aeroxeradores e das celas de media tensión da subestación, este condutor en
contacto directo co terreo actuará como eléctrodo horizontal. Para realizar a rede de terras
da subestación, enterrarase unha malla básica de eléctrodos de cobre espido de sección
95 mm², paralelos en dirección lonxitudinal e transversal ao recinto, formando retículas
practicamente uniformes en contacto co terreo natural.

– Rede de comunicacións constituída por condutor de fibra óptica.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38120

– Unha torre meteorolóxica de 117 m.

– A subestación Legre 132/30 kV disporá dun edificio de control, con salas indepen-
dentes para distintos usos. Prevense as salas de oficina, vestiario, aseo, comedor, sala de
celas, sala de protección e control, sala de scada e sala para almacén e taller. O parque
intemperie estará composto por un transformador de potencia de 132/30 kV e todos os
elementos asociados a este.

As instalacións principais da subestación divídense en:

• Sistema de 132 kV.

• Sistema de 30 kV.

• Sistema de control, comunicacións e protección.

• Sistema de posta a terra.

• Servizos propios subestación.

A configuración no nivel de 132 kV da subestación é a seguinte:

Posición liña/transformador:

• Tres autoválvulas na entrada de liña AT de 132 kV.


CVE-DOG: 2krflm47-cp78-vcs8-xpe0-v0svv6gkath0

• Tres transformadores de tensión de 132 kV.

• Un seccionador tripolar con posta a terra de 132 kV.

• Un interruptor trifásico automático de 132 kV con mando unipolar.

• Tres transformadores de intensidade de 132 kV.

• Tres autoválvulas para protección do trasformador de potencia de 132 kV.

• Un transformador de potencia de 35/45 MVA e relación de transformación 132/30 kV


(ONAN/ONAF) con grupo de conexión Ynd11.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38121

A configuración no nivel de 30 kV da subestación é simple barra, cos conxuntos de celas


seguintes:

Barras transformador:

• Unha cela de protección de transformador de potencia.

• Unha cela de transformador de servizos auxiliares.

• Tres celas de seccionamento con posta a terra (procedentes das sub-barras do parque).

• Unha cela de protección batería de condensadores.

• Medida de tensión en barras.

PE Legre.

• Catro celas de protección de liña (circuítos colectores procedentes do parque eólico)

• Unha cela de seccionamento con posta a terra.

• Medida de tensión en barras.

Para a montaxe de todos os elementos empregaranse estruturas metálicas.

– A enerxía producida evacuarase a través dunha LAT denominada «LAT 132 KV eva-
cuación PE Legre». A dita liña parte da SET do PE Legre ata entroncar no apoio nº 44 da
denominada «LAT 132 KV SET PE Abrente-SET PE Gasalla», e desde esta subestación
a través da «LAT 132 KV PE Gasalla-SET colectora Mesón», evacúase a enerxía xerada
CVE-DOG: 2krflm47-cp78-vcs8-xpe0-v0svv6gkath0

no PE Legre e nos demais parques do clúster, que elevan a tensión na «SET colectora
Mesón 132/220 kV», onde evacúan a enerxía producida outros parques desta sociedade,
así como doutros promotores. O punto final de conexión á rede é a SET Mesón do Vento
220 KV pertencente a REE.

Os proxectos de liñas e subestacións a que se fai mención anteriormente son obxecto


de proxectos independentes e se encóntranse en estado de tramitación.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de cons-


trución, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das
instalacións.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38122

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (xaneiro 2022-visado 6.4.2022).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (outubro 2021-asinado 30.3.2022).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (xaneiro 2022-visado 24.1.2022).

De conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula


o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación
Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de
iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación
administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o proxecto faise público
para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anterior-
mente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que conside-
ren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte
ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da


sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Conse-
llería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Co-
ruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así
como nas casas dos concellos de Mesía e de Oza-Cesuras (A Coruña). Ademais, tamén
se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía,
Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:
CVE-DOG: 2krflm47-cp78-vcs8-xpe0-v0svv6gkath0

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 22 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca


Xefe territorial da Coruña

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like