You are on page 1of 2

Á Mesa do Parlamento

Marta Nóvoa Iglesias, Cristina Sanz Arias, José Antonio Armada Pérez, Adrián
Pardo López, Moisés Rodríguez Pérez, Sandra Vázquez Domínguez e Borja Verea
Fraiz deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto
no artigo 155.5 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa,
a seguinte pregunta urxente para a súa resposta oral en Pleno .

Xustificación da urxencia

A urxencia vén motivada pola necesidade de coñecer as actuacións e previsións do


Goberno galego no que respecta ás prioridades na planificación para garantir a
viabilidade e competitividade de proxectos industriais clave para o crecemento
económico e a creación de emprego en Galicia.

En Galicia se están a promover unha serie de proxectos industriais intensivos en


enerxía que precisan conexión á rede eléctrica para atender o seu consumo e poder
garantir a súa viabilidade e competitividade. Este é o caso das plantas de Altri, Showa
Denko e H2 POLE, entre outros. Por outra banda, á competitividade de proxectos
relevantes do noso tecido produtivo como é o caso de Stellantis, Sentury ou Ence,
tamén depende do desenvolvemento de infraestruturas eléctricas que garanta unha
subministración de calidade, máis nun contexto de electrificación da economía co
obxectivo de acadar a neutralidade climática.

O Consello da Xunta, na súa reunión do pasado xoves, avaliou as prioridades do


Goberno galego de cara á modificación da planificación da rede de transporte eléctrica
da nosa Comunidade para contar cunhas infraestruturas que permitan levar a cabo
“proxectos estratéxicos e tractores” que se queren implantar en Galicia, así como para
atender a demanda histórica de dotar Vigo dunha subestación de 220kV que garanta a
subministración de Stellantis e de toda a área industrial da zona.

Segundo se recolle na información publicada, estas propostas son fundamentais tanto


para dar cobertura á industria galega, presente e futura, como para facer fronte á
transición enerxética cara a unha maior xeración renovable; polo tanto, claves para
impulsar a recuperación e transformación económica de Galicia.

Por todo isto, os deputados asinantes formula a seguinte pregunta:


1. Cal é a lista de prioridades que a Xunta de Galicia vai a enviar ao Ministerio para
https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/

a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico coa fin de modificar a actual


Planificación Eléctrica para o período 2021-2026?
CSV: REXISTRO-PBnUSUMxY-3

Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510

gp-pp@parlamentodegalicia.gal
Verificación:

@gppgalicia @GrupoPopularGal
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

Asinado dixitalmente por:

Marta Nóvoa Iglesias na data 21/11/2022 15:59:57

Cristina Sanz Arias na data 21/11/2022 16:00:23

José Antonio Armada Pérez na data 21/11/2022 16:00:43

Pardo López, Adrián na data 21/11/2022 16:05:01

Rodríguez Pérez, Moisés na data 21/11/2022 16:05:16

Sandra Vázquez Domínguez na data 21/11/2022 16:05:33

Borja Verea Fraiz na data 21/11/2022 16:05:44


https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/
CSV: REXISTRO-PBnUSUMxY-3

Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510

gp-pp@parlamentodegalicia.gal
Verificación:

@gppgalicia @GrupoPopularGal

You might also like