You are on page 1of 3

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia a través do seu Portavoz e por iniciativa


das deputadas e deputados, Marta Nóvoa Iglesias, Cristina Sanz Arias, Sandra
Vázquez Domínguez, José Antonio Armada Pérez, Adrián Pardo López, Moisés
Rodríguez Pérez, Borja Verea Fraiz, Paula Prado del Río, Alberto Pazos Couñago,
Encarna Amigo Díaz, Raquel Arias Rodríguez, José Manuel Balseiro Orol, Belén
Cachafeiro Anta e Elena Candia López, ao abeiro do disposto no artigo, 98, 160 e
concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Pleno polo trámite de urxencia.

Xustificación da urxencia

A urxencia vén motivada pola necesidade dun pronunciamento do Parlamento de


Galicia en relación con esta cuestión de máxima actualidade e relevancia.

Exposición de motivos

O hidróxeno verde xogará un papel fundamental no actual proceso de transición


enerxética e, ademais, vai contribuír a diminuír a dependencia enerxética do exterior, e
Galicia ten tamén un gran potencial na produción e aplicación desta tecnoloxía. Deste
xeito, o hidróxeno renovable ocupa un lugar central na Axenda Enerxética de Galicia,
recolléndose de xeito específico a creación dun hub co obxectivo de producir máis de
100.000 toneladas de H2 verde en 2030 (500-1.000 MW) e aproveitar este vector
enerxético en favor do impulso de cadeas de valor industrial innovadoras na nosa
Comunidade.

Neste contexto, cómpre subliñar que hai 5 iniciativas situadas en Galicia na listaxe de
proxectos que pasaron a primeira fase de admisión no programa de axudas “H2
Pioneiros” do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, dentro do
Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica de Enerxías
Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento (PERTE ERHA). Trátase de H2
Pole (Reganosa e EDP Renovables), Julio Verne (Autoridade Portuaria de Vigo), A
Coruña Green Port H2 Mobility (Enerfin), H2 Galicia (Foresa e Iberdrola) e o plan de
produción de hidróxeno verde a partir de fotovoltaica para a área portuaria de Bouzas.
Estas e outras propostas - como as que se presentaron á Manifestación de Interese de
Hidróxeno Verde lanzada pola Xunta de Galicia, a través do Inega - supoñen a base
para crear un ecosistema do hidróxeno en Galicia que permita a descarbonización da
industria e a mobilidade, á vez que xera oportunidades asociadas a toda a cadea de
https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/

valor do hidróxeno renovable.


CSV: REXISTRO-YYd6OS4G8-5

Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510

gp-pp@parlamentodegalicia.gal
Verificación:

@gppgalicia @GrupoPopularGal
Así pois, parece o momento de impulsar un pacto estratéxico de colaboración público-
privada que maximice as oportunidades de desenvolvemento industrial ao redor desta
enerxía renovable, permitindo amosar o potencial de Galicia en hidróxeno verde.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición


non de lei en Pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover, en liña coa Alianza


Europea por un Hidróxeno Limpo, unha alianza estratéxica para impulsar toda a cadea
de valor da industria galega en torno ao hidróxeno renovable”.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022.


https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/
CSV: REXISTRO-YYd6OS4G8-5

Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510

gp-pp@parlamentodegalicia.gal
Verificación:

@gppgalicia @GrupoPopularGal
Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 21/11/2022 16:01:07

Marta Nóvoa Iglesias na data 21/11/2022 16:01:25

Cristina Sanz Arias na data 21/11/2022 16:01:40

Sandra Vázquez Domínguez na data 21/11/2022 16:01:57

José Antonio Armada Pérez na data 21/11/2022 16:02:17

Pardo López, Adrián na data 21/11/2022 16:02:33

Rodríguez Pérez, Moisés na data 21/11/2022 16:02:46

Borja Verea Fraiz na data 21/11/2022 16:02:55

Paula Prado del Río na data 21/11/2022 16:03:08

José Alberto Pazos Couñago na data 21/11/2022 16:03:24

María Encarnación Amigo Díaz na data 21/11/2022 16:03:38

Raquel Arias Rodríguez na data 21/11/2022 16:03:52

José Manuel Balseiro Orol na data 21/11/2022 16:04:10

Cachafeiro Anta, Belén na data 21/11/2022 16:04:23

María Elena Candia López na data 21/11/2022 16:04:34


https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/
CSV: REXISTRO-YYd6OS4G8-5

Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510

gp-pp@parlamentodegalicia.gal
Verificación:

@gppgalicia @GrupoPopularGal

You might also like