You are on page 1of 3

A Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia a través do seu Portavoz e por iniciativa


das deputadas e deputado, Encarna Amigo Díaz, Corina Porro Martínez, Alberto
Pazos Couñago, Noelia Pérez López, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez, Rosalía
López Sánchez e Elena Suárez Sarmiento, ao abeiro do disposto no artigo 160 e
concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Exposición de motivos

O Grupo Parlamentario Popular, a través do portal de transparencia, tivo coñecemento


de que a Xunta está desenrolando unha rede de centros de simulación avanzada do
Sistema Público de Saúde de Galicia e a súa Comisión Técnica Asesora.

Nos últimos anos estase xerando unha tendencia a nivel internacional provocada por
unha aceleración no uso da simulación na formación, dada, precisamente, a
importancia para os sistemas sanitarios de crear unha cultura de seguridade para os/as
pacientes.

Estes medios van da man dos avances tecnolóxicos que xorden día a día, permitindo o
desenvolvemento de modalidades cada vez máis sofisticadas de simulación,
empregando na actualidade modelos complexos de alta tecnoloxía, os cales permiten
unha experiencia altamente realista.

Dende o punto de vista formativo, a simulación clínica ten demostrado ser unha
ferramenta moi útil que permite reducir a curva de aprendizaxe debido a reprodución
das técnicas cirúrxicas, así como á revisión dos erros cometidos e a discusión das
metodoloxías de intervención.

Comprendemos da complexidade práctica de determinadas especialidades sanitarias,


que unido cos continuos avances que fan mudar as distintas metodoloxías e medios,
https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/

provocan que os especialistas teñan que someterse a unha continua actualización.


CSV: REXISTRO-orXfhb0xG-9

Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510

gp-pp@parlamentodegalicia.gal
Verificación:

@gppgalicia @GrupoPopularGal
Por iso este Grupo considera que a formación baseada na simulación é unha
ferramenta docente cada vez mais importante que permite incrementar os niveis de
capacitación e as competencias dos profesionais sanitarios de maneira segura.

Para ir da man destas novas metodoloxías e para traballar dende un prisma de


aprendizaxe adaptativo e de cooperación, consideramos que os profesionais sanitarios
de determinadas especialidades deben realizar un período práctico de simulación
clínica.

En consecuencia, consideramos que a dotación dunha rede de centros de simulación


avanzada sería unha oportunidade de mellorar a calidade asistencial, docente e de
investigación do Sistema Público de Saúde de Galicia.

Por todo o anterior o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición


non de lei en Pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se deseñen contidos


formativos e se garantan os medios para que se oferte a posibilidade de formación
mediante simulación clínica en determinadas especialidades sanitarias, e que se
promova o traballo en rede entre os distintos centros sanitarios do Servizo Galego de
Saúde”.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 21/11/2022 16:14:39

María Encarnación Amigo Díaz na data 21/11/2022 16:14:55

María Corina Porro Martínez na data 21/11/2022 16:15:09

José Alberto Pazos Couñago na data 21/11/2022 16:15:22

Noelia Pérez López na data 21/11/2022 16:15:33


https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/

Marta Rodriguez Vispo Rodriguez na data 21/11/2022 16:15:49


CSV: REXISTRO-orXfhb0xG-9

Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510

gp-pp@parlamentodegalicia.gal
Verificación:

@gppgalicia @GrupoPopularGal
López Sánchez, Rosalía na data 21/11/2022 16:16:01

María Elena Suárez Sarmiento na data 21/11/2022 16:16:11


https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/
CSV: REXISTRO-orXfhb0xG-9

Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510

gp-pp@parlamentodegalicia.gal
Verificación:

@gppgalicia @GrupoPopularGal

You might also like