You are on page 1of 3

DOG Núm.

176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria


e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra,


pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha
instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/033-4).

Expediente: IN407A 2022/033-4.

Promotora: Enbergar Residencial, S.L.

Denominación: LMTS, CS rúa Fátima 7.

Concello: Vigo.

Feitos:

Primeiro.  O 28 de xaneiro de 2022, Enbergar Residencial, S.L. solicitou a autorización


administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execu-
ción da instalación eléctrica LMTS, CS rúa Fátima 7.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na instalación dun centro


de seccionamento e unha liña de media tensión de alimentación do centro de secciona-
mento. As actuacións están previstas na rúa Fátima, 7, no concello de Vigo (Pontevedra).
CVE-DOG: 89nzt3v5-6zq8-5lg4-9vy3-4itjbunlgv65

Segundo.  Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas adminis-


tracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas,
isto é, o Concello de Vigo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condi-
cionado emitido.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro.  A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este ex-


pediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a
estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e In-
novación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48679

establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización


de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia
(DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo.  A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administra-


cións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación


económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de


transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autoriza-
ción de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre


condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas
instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre con-
dicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as
CVE-DOG: 89nzt3v5-6zq8-5lg4-9vy3-4itjbunlgv65

súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias


en Galicia (DOG núm. 203, de 25 de outubro).

Terceiro.  As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 160 metros
de lonxitude, con orixe e final na LMTS existente, unha vez entre e saia do centro de sec-
cionamento proxectado. Centro de seccionamento (CS) con celas modulares baixo envol-
vente metálica de illamento integral en sf6, situado na rúa Fátima 7, Vigo.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48680

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro.  Outorgar a Enbergar Residencial, S.L. as autorizacións administrativas pre-


via e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS,
CS rúa Fátima 7 (expediente IN407A 2022/033-4), cuxas características se axustarán en
todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de
seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos
condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo.  Enbergar Residencial, S.L. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta


das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de ga-
rantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse
cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en
particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba
o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas
de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real
decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións
técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas
instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro.  Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente


das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros
necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase in-
CVE-DOG: 89nzt3v5-6zq8-5lg4-9vy3-4itjbunlgv65

terpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Indus-


tria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte
ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que
consideren pertinente.

Pontevedra, 5 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto


Xefe territorial de Pontevedra

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like