You are on page 1of 3

DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx.

54044

VI. ANUNCIOS

A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e


do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que
se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de José
González Domínguez.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 30 de setembro de 2022 acordouse a incoación do proce-


demento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como
herdeira ab intestato de José González Domínguez (ABI/2017/0019).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. N. núm. 260, do 29
de outubro), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), na páxina web
da Consellería de Facenda e Administración Pública e foi exposta no taboleiro de anuncios
dos concellos do Porriño, Vigo e Pontevedra por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras von-


tades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento o 14 de febreiro
de 2017, e que non tiña outorgado testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente
incorporado certificado do seu empadroamento no concello de Vigo, quedando xustificada
formalmente a súa veciñanza civil galega.
CVE-DOG: ttjoehc8-8tg5-myd0-ht30-oitmo9783ka3

Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen


a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o
efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas
ao expediente.

Das consultas efectuadas ante o Catastro inmobiliario, no Índice xeral informatizado de


predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes, determinouse, en princi-
pio, que polo menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos
que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión daqueles
outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da
persoa causante.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54045

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe


sobre a adecuación e suficiencia das actuacións efectuadas para a declaración da Comu-
nidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6,


20.bis e 20.ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia,


artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a


favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administra-


cións públicas.

Decreto 113/2022, do 16 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Conse-


llería de Facenda e Administración Pública, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,
CVE-DOG: ttjoehc8-8tg5-myd0-ht30-oitmo9783ka3

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab


intestato de José González Domínguez, con DNI 35581165G, entendéndose legalmente
aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da her-


danza identificados:

Contratos e outros efectos bancarios:

– Abanca, conta de aforro: ES23 2080 5054 0930 0042 9197.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54046

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Ofi-
cial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área
temática de Patrimonio-anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.
conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non
inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos do Porriño, Vigo e Pontevedra.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e
procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Fa-
cenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes
da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administra-
cións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou nou-


tros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor
da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución, poderán exercer as
accións pertinentes ante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Jorge Atán Castro


Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública
CVE-DOG: ttjoehc8-8tg5-myd0-ht30-oitmo9783ka3

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like