You are on page 1of 3

DOG Núm.

104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 33888

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e


Universidades

ORDE do 24 de maio de 2023 pola que se modifica a autorización do centro


privado estranxeiro Semente Compostela, de Santiago de Compostela.

Mediante a Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 19 de


setembro de 2018, autorizouse a apertura e funcionamento do centro privado estranxeiro
Semente Compostela, para impartir as ensinanzas de nivel Elementary (de 6 a 12 anos de
idade) do sistema educativo dos Estados Unidos de América, prorrogada mediante distin-
tas ordes desta consellería.

A titularidade do centro solicita unha prórroga da autorización temporal e achega un


certificado con validez ata o 31 de agosto de 2023, de elixibilidade no proceso de acredi-
tación da New England Association of Schools & Colleges (NEASC) para impartir as en-
sinanzas de Pre-School Section que se corresponden coa etapa de educación infantil (de
3 a 6 anos) para un máximo de 48 postos escolares, e para as ensinanzas de Elementary
Section que se corresponden coa etapa de educación primaria (de 6 a 12 anos) para un
máximo de 64 postos escolares, do sistema educativo dos Estados Unidos de América.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Real decreto 806/1993,


do 28 de maio, sobre centros docentes estranxeiros en España, así como no Decre-
to 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir
ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que
o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
CVE-DOG: 6k4yjk70-fjm7-w7u8-zky8-xorltehicmo9

DISPOÑO:

Artigo 1.  Prórroga da autorización temporal

Prorrogar a autorización temporal ata o 31 de agosto de 2023, do centro privado es-


tranxeiro que se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado estranxeiro (CPREX).

Denominación específica: Semente Compostela.

Código do centro: 15033150.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 33889

Domicilio: lugar das Moas de Abaixo, 20.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código postal: 15898.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: Associaçom Semente Compostela.

Ensinanzas autorizadas do sistema educativo dos Estados Unidos de América a alum-


nado español e estranxeiro:

• Pre-School Section (Infantil, de 3 a 6 anos) para un máximo de 48 estudantes.

• Elementary Section (Primaria, de 6 a 12 anos) para un máximo de 64 estudantes.

Artigo 2.  Ensinanzas de lingua e cultura

O centro deberá complementar as ensinanzas autorizadas, de niveles equivalentes aos


obrigatorios do sistema educativo español con ensinanzas de lingua española e de lingua
galega, que deberán impartirse co mesmo deseño e horario establecidos nos correspon-
dentes decretos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, a cultura española deberá desenvolver os contidos esenciais da correspon-


CVE-DOG: 6k4yjk70-fjm7-w7u8-zky8-xorltehicmo9

dente área de coñecemento, recollidos na norma reguladora das ensinanzas.

Artigo 3.  Requisitos do profesorado

O profesorado que imparta as ensinanzas mencionadas no artigo 2 deberá reunir os


requisitos de titulación requiridos pola lexislación española para o nivel educativo, e terá
os dereitos e obrigas que determina o artigo 12 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio,
sobre réxime de centros docentes estranxeiros en España.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e


Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa,
aprobará expresamente a relación de persoal que imparta estas materias.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 33890

Artigo 4.  Obrigas do centro

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e sometido á inspección


educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
de conformidade co establecido no artigo 9 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio.

Así mesmo, a titularidade achegará á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos


os documentos que permitan verificar os avances no proceso de acreditación plena por
parte da NEASC, e solicitará unha modificación ou nova autorización e inscrición no caso
de que se produza calquera variación nos elementos e circunstancias que dan lugar a esta
autorización.

Artigo 5.  Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunida-


de Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira.  Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular
recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do
día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos arti-
gos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo
de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo,
CVE-DOG: 6k4yjk70-fjm7-w7u8-zky8-xorltehicmo9

reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda.  Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like