You are on page 1of 4

DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx.

54303

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL


E UNIVERSIDADES

ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se modifica a autorización do centro


privado plurilingüe Lar, de Mos.

A titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Lar, de Mos, solicita autorización para
impartir o CM Guía no Medio Natural e de Tempo Libre e o CS Automoción, na modalidade
presencial; o CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia e o CS Anatomía Pato-
lóxica e Citodiagnóstico na modalidade semipresencial e a distancia.

Así mesmo, solicita a supresión do CS Promoción da Igualdade de Xénero, do CS Desen-


volvemento de Aplicacións Multiplataforma e do CS Axencias de Viaxes e Xestión de Even-
tos.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do


10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxi-
me xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por
proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

1. Modificar a autorización do CPR plurilingüe Lar, de Mos, e autorizar o CM Guía no Me-


CVE-DOG: hrffhwc3-ncy1-rph8-1ir6-99al17jvf2i8

dio Natural e de Tempo Libre e o CS Automoción, na modalidade presencial; o CM Atención


a Persoas en Situación de Dependencia e o CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, na
modalidade semipresencial e a distancia; e a supresión do CS Promoción da Igualdade
de Xénero, do CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e do CS Axencias de
Viaxes e Xestión de Eventos. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado plurilingüe.

Denominación específica: Lar.

Código do centro: 36005427.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54304

Domicilio: avenida Rebullón, 21.

Localidade: Puxeiros.

Concello: Mos.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Lar, S.L.

2. Composición resultante:

• 6 unidades do segundo ciclo de educación infantil.

• 12 unidades de educación primaria.

• 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• 6 unidades de bacharelato, das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades


e Ciencias Sociais.

• 2 unidades de educación especial.

Formación profesional:

• CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades para 20 alumnos/as


cada unha).
CVE-DOG: hrffhwc3-ncy1-rph8-1ir6-99al17jvf2i8

• CM Cociña e Gastronomía (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles (2 unidades para 20 alumnos/as cada


unha).

• CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Guía no Medio Natural e de Tempo Libre (2 unidades para 20 alumnos/as cada


unha).

• CM Servizos en Restauración (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54305

• CS Administración e Finanzas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Automoción (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Documentación e Administración Sanitarias (2 unidades para 20 alumnos/as cada


unha).

• CS Educación Infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva (2 unidades para 20 alumnos/as cada


unha).

• CS Integración Social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Márketing e Publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Mediación Comunicativa (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada


unha).

Formación profesional na modalidade a distancia e semipresencial:

• CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

• CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva.

• CS Educación Infantil.
CVE-DOG: hrffhwc3-ncy1-rph8-1ir6-99al17jvf2i8

• CS Integración Social.

• CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.

Educación para persoas adultas:

• Ensinanzas básicas iniciais.

• Educación secundaria para persoas adultas.

• Bacharelato (Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais).

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54306

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial


da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Ponte-
vedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresa-
mente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o
equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunida-


de Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna


revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán for-
mular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a
partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto
nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-admi-
nistrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso‑Ad-
ministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da
CVE-DOG: hrffhwc3-ncy1-rph8-1ir6-99al17jvf2i8

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like