You are on page 1of 10

VICERREITORÍA DE ESTUDANTES E CULTURA

Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado


Sección de Servizos á Comunidade Universitaria
Pavillón Estudantil., 1º andar
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/asociacions/convocatorias.html

CONVOCATORIA DE AXUDAS A PROGRAMAS DE ACTIVIDADES ESTUDANTÍS


ANO 2023

BASES

1. OBXECTIVOS E CAMPO DE APLICACIÓN


A Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través da Vicerreitoría de Estudantes
e Cultura pretende con esta convocatoria, estimular as iniciativas estudantís encamiñadas
ao desenvolvemento do tecido asociativo, a xeración de hábitos participativos, fomento de
actividades culturais e o coñecemento da Universidade por parte do alumnado.
As axudas deberán estar dedicadas ao financiamento das seguintes actividades:
 campañas informativas para dar a coñecer a asociación.
 campaña publicitaria sobre as actividades que desenvolva a asociación.
 material de imprenta, carteis, autocolantes, ou similar para a realización das
actividades da asociación.
 axudas para a organización de congresos (infraestrutura, aloxamento, ou
similares).
 axudas para a organización de charlas e mesas de debate (infraestrutura,
aloxamento ou similares.).
 axudas de custo para os conferenciantes (de acordo coa normativa e os
impresos aprobados pola USC).
 axudas para que os membros das asociacións asistan a congresos e foros
estudantís (deberá acreditarse cos correspondentes certificados de asistencia).
 axudas para organización de actividades que desenvolvan o compromiso
social.
 axudas para a publicación de libros e revistas de máis de 15 páxinas.

2. CRÉDITO ORZAMENTARIO
Este expediente iníciase como tramitación anticipada de gasto, polo que a súa execución
condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da Universidade
de Santiago de Compostela para o ano 2023.
Para tal efecto establécese unha dotación de 8.000,00 euros na partida orzamentaria
8043.3306.48000.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/B38A-C570-4904-8FE8
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: B38A-C570-4904-8FE8 1/7
VICERREITORÍA DE ESTUDANTES E CULTURA
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
Sección de Servizos á Comunidade Universitaria
Pavillón Estudantil., 1º andar
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/asociacions/convocatorias.html

3. SOLICITANTES
Poderán solicitar axudas as asociacións universitarias inscritas, antes da data de remate
desta convocatoria, no Rexistro de asociacións de estudantes da USC.

4. EXCLUSIÓNS
Para os efectos desta convocatoria quedan excluídas:
1. As asociacións que:
a) O/A presidente/a, o/a secretario/a e o/a tesoureiro/a non sexan estudantes
matriculados na Universidade de Santiago de Compostela no curso 2022-2023.
b) Non obteñan unha puntuación mínima de 15 puntos na valoración do apartado
“a) Memoria e/ou Proxecto” do punto 6 desta convocatoria.
c) Non presenten solicitude asinada polo/a presidente/a, coordinador/a da
asociación ou persoa da xunta directiva na que delegue.
d) Non estea inscrita no Rexistro de asociacións de estudantes da USC de acordo
co punto 3 desta convocatoria.
e) Incumpran o punto 5 desta convocatoria.
f) Non presenten en galego o proxecto de actividades a realizar en 2023.

2. As axudas solicitadas para:


g) Realizar actividades que deberan ser subvencionadas por unha facultade da USC
de acordo co seu plan de estudos.
h) Realizar actividades que non teñan unha temática que afecte ou interese
directamente aos/ás estudantes.
i) Gastos de adquisición de material inventariable.

5. SOLICITUDES: LUGAR, PRAZO DE PRESENTACIÓN E CONTIDO


A solicitude dirixirase ao Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, e presentarse como
solicitude xeral no Rexistro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela:
https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm
O prazo de presentación será dende o día seguinte á data de publicación desta convocatoria
ata o 31 de xaneiro de 2023.
As asociacións interesadas deberán presentar:
 Impreso de solicitude correctamente cuberto en todos os seus apartados (Anexo I).

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/B38A-C570-4904-8FE8
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: B38A-C570-4904-8FE8 2/7
VICERREITORÍA DE ESTUDANTES E CULTURA
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
Sección de Servizos á Comunidade Universitaria
Pavillón Estudantil., 1º andar
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/asociacions/convocatorias.html

 Declaración do/a presidente/a ou coordinador/a da asociación, autorizando a outro


membro da xunta directiva a presentar a solicitude en nome da asociación (Anexo
II).
 Certificación do/a presidente/a ou coordinador/a da asociación na que conste o
número de membros da asociación. (Anexo III).
 Memoria de execución das actividades realizadas no ano 2022 para as asociacións
que obtiveron axuda na convocatoria anterior. Deberá :
- Constar dun mínimo de 5 folios e dun máximo de 10, excluídos anexos,
escritos por unha cara, ou non será tida en conta.
- Estar redactada en galego.
- Incluír: un informe coa execución de gastos e da subvención recibida na
anterior convocatoria, e unha declaración, de ser o caso, doutras axudas
recibidas para as actividades realizadas.
 Memoria ou proxecto das actividades a realizar no ano 2023. Deberá:
- Constar dun mínimo de 5 folios e dun máximo de 10, excluídos anexos,
escritos por unha cara, ou non será tido en conta.
- Estar redactado en galego
- Conter unha exposición de motivos das actividades propostas, a quen van
dirixidas, datas aproximadas de celebración e cantidade solicitada.
 Copia do último exemplar da publicación para a que se solicita subvención. De ser
unha publicación de nova creación, maqueta da mesma.
A Vicerreitoría de Estudantes e Cultura poderá requirir aos/ás solicitantes, que aclaren ou
completen a documentación presentada, dispoñendo dun prazo de 5 días hábiles desde
que se lles comunique ao enderezo que se cumprimente na solicitude. De non facelo,
a solicitude de subvencións arquivarase sen máis trámite.

6. AVALIACIÓN E SELECCIÓN
A Comisión de avaliación estará formada pola vicerreitora de Estudantes e Cultura ou persoa
en quen delegue, que a presidirá, e polos membros da Comisión de Actividades Culturais
delegada do Claustro Universitario, que será a competente para realizar a avaliación e
selección das solicitudes que se presenten.

Na avaliación das solicitudes valoraranse os seguintes aspectos:


a) Memoria e/ou Proxecto. Valorarase ata un máximo de 50 puntos (para poder obter
axuda nesta convocatoria deberán obter unha puntuación mínima neste apartado
de 15 puntos):
 Ás asociacións que obtiveron axuda na anterior convocatoria valoraráselle:
i. A Memoria de execución das actividades realizadas no ano 2022.
3

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/B38A-C570-4904-8FE8
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: B38A-C570-4904-8FE8 3/7
VICERREITORÍA DE ESTUDANTES E CULTURA
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
Sección de Servizos á Comunidade Universitaria
Pavillón Estudantil., 1º andar
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/asociacions/convocatorias.html

ii. O proxecto das actividades a desenvolver no ano 2023 para as que se


solicita subvención.
 Ás asociacións que non obtiveron axuda na anterior convocatoria
valoraráselle o proxecto das actividades a desenvolver no ano 2023 para as
que se solicita subvención.
b) Asociacións que conten con representación no Claustro da USC. Requirirase ter
concorrido ás eleccións coa mesma denominación coa que se solicita a axuda.
Valorarase ata un máximo de 15 puntos.
c) Asociacións con representación en órganos de representación da USC nos campus
de Santiago e no campus de Lugo. Requirirase ter concorrido ás eleccións en nome
da asociación solicitante. Valorarase con 10 puntos.
d) Representatividade da asociación en varios centros (Facultades, Escolas, Institutos,
Residencias Universitarias ...), valorarase ata un máximo de 10 puntos:
Neste apartado valorarase a representación acadada polos membro da asociación
nas eleccións aos órganos de representación desta Universidade (1 punto por cada
centro no que se obtivese representación a asociación solicitante).
e) Número de membros da asociación. Valorarase ata un máximo de 10 puntos
(outorgarase 1 punto por cada 25 asociados).
f) Emprego da lingua galega na difusión da asociación, nas actividades realizadas e
na difusión das mesmas. Para a valoración deste apartado as asociacións
solicitantes deberán presentar documentación acreditativa suficiente. Valorarase
ata un máximo de 10 puntos.
g) Previsión do impacto ambiental das actividades que se van levar a cabo (en termos
de aforro enerxético, xeración de residuos, etc.). Valorarase ata un máximo de 5
puntos.
h) Realización de iniciativas que promovan a igualdade. Valorarase cada unha ata un
máximo de 5 puntos.
O valor de cada punto virá determinado pola suma de puntos acadados por todas as
asociacións que van recibir subvención e o importe asignado pola Vicerreitoría de
Estudantes e Cultura para esta convocatoria nos orzamentos do ano 2023. O importe da
subvención outorgada a cada asociación calcularase multiplicando o valor do punto pola
puntuación obtida por cada asociación no proceso de avaliación e selección.
En ningún caso a subvención outorgada poderá ser superior ao importe solicitado por cada
asociación para a realización das actuacións previstas no proxecto de actividades a
desenvolver durante o ano 2023 para o que se solicita subvención.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/B38A-C570-4904-8FE8
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: B38A-C570-4904-8FE8 4/7
VICERREITORÍA DE ESTUDANTES E CULTURA
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
Sección de Servizos á Comunidade Universitaria
Pavillón Estudantil., 1º andar
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/asociacions/convocatorias.html

7. PRAZO DE RESOLUCIÓN
A Vicerreitoría de Estudantes e Cultura publicará a resolución coa puntuación obtida por
cada unha da asociacións na segunda quincena de febreiro de 2023 no taboleiro de
anuncios electrónico oficial da USC e na páxina web:
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/asociacions/convocatorias.html

8. APLICACIÓN E SEGUIMENTO DAS AXUDAS


A aceptación da axuda implicará o compromiso da asociación a executar a subvención
recibida nas actividades para as que se solicitou. Se no prazo de vinte días dende a
publicación da resolución da convocatoria non se presenta renuncia, entenderase que se
acepta a axuda.
Calquera modificación substancial do programa orixinalmente aprobado deberá ser
comunicada a esta Vicerreitoría solicitando a necesaria autorización para proceder a ela.
A Comisión de Actividades Culturais, delegada do Claustro Universitario, poderá utilizar
todos os procedementos que considere necesarios para facer un seguimento da aplicación
das cantidades que se conceden.
Na publicidade das actividades, e publicacións derivadas destas, farase constar que foron
financiadas ou cofinanciadas pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da Universidade
de Santiago de Compostela.
Esta Vicerreitoría reservarase o dereito de comprobar os datos contidos na solicitude de
subvención, verificar a realización das actividades subvencionadas e difundir e dar a
coñecer estas publicamente. En caso de comprobarse que se produciu ocultación ou
falseamento de datos, que non se realizaron as actividades subvencionadas ou que non
se incluíu a difusión da subvención recibida, esta vicerreitoría poderá modificar, ou mesmo
revocar, a axuda concedida.
Para facer efectivas as axudas desta convocatoria, as asociacións, a través da persoa que
ocupe o cargo de presidente/a ou secretario/a, ou de persoa autorizada, presentarán á
Vicerreitoría de Estudantes e Cultura as propostas de gasto das actividades programadas,
que serán aboadas directamente aos provedores, cando presenten as correspondentes
facturas emitidas a nome da Universidade de Santiago de Compostela.
En Santiago de Compostela os gastos que se deriven da prestación dos servizos de
reprografía, impresión dixital e dixitalización documental deberán realizarse
obrigatoriamente na empresa adxudicataria do contrato, “Campus na Nube S.L.”. Os gastos
de material de oficina e papelería poderán realizarse na dita empresa, na Imprenta
Universitaria ou libremente nos establecementos do ramo.
A tramitación das axudas realizarase polo centro de gasto da devandita Vicerreitoría, como
máximo ata o mes de novembro de 2023, non autorizándose ningún gasto con
posterioridade a esta data.
5

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/B38A-C570-4904-8FE8
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: B38A-C570-4904-8FE8 5/7
VICERREITORÍA DE ESTUDANTES E CULTURA
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
Sección de Servizos á Comunidade Universitaria
Pavillón Estudantil., 1º andar
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/asociacions/convocatorias.html

9. INCIDENCIAS
A Vicerreitoría de Estudantes e Cultura resolverá as consultas, dúbidas ou incidencias que
se produzan na aplicación desta convocatoria.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso
contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de
Compostela, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á súa publicación, de
conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei da Xurisdición Contencioso-Administrativa,
aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Non obstante, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no
prazo dun mes perante este órgano. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso
contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa
ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei
39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións
Públicas.

A vicerreitora de Estudantes e Cultura


(P.D., R.R. do 21 de abril de 2022, DOG do 26 de abril)
Pilar Murias Fernández

TABOLEIRO ELECTRONICO DA USC

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/B38A-C570-4904-8FE8
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: B38A-C570-4904-8FE8 6/7
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature
Asinante/Firmante/Signer: MARIA DEL PILAR MURIAS FERNANDEZ, VICERREITORA DE ESTUDANTES E
CULTURA, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21/12/2022 09:21:43.

CSV: B38A-C570-4904-8FE8

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/B38A-C570-4904-8FE8
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: B38A-C570-4904-8FE8 7/7
CONVOCATORIA DE AXUDAS A PROGRAMAS
DE ACTIVIDADES ESTUDANTÍS
ANEXO I - SOLICITUDE

Nome da Asociación

Presentou solicitude na anterior convocatoria SI NON

Datos persoais do/a Presidente/a e Secretario/a da Asociación


Presidente/a Secretario/a
Apelidos
Nome
Alumno/a de (Grao, Máster...)
Centro
Correo electrónico

Datos da persoa que presenta a solicitude en nome da Asociación


Cargo Apelidos Nome Correo electrónico

Enderezo para os efectos de notificación


Enderezo
Teléfono Correo electrónico

Representación da Asociación en órganos da USC

A Asociación ten representación no Claustro Universitario SI NON Indicar Nº de Representantes

A Asociación ten representación no Campus de Lugo e no de Santiago SI NON

Representatividade da Asociación en varios centros (indicar os centros nos que ten representación hasta un máximo de 10 distintos)
Órgano de Representación Centro (Facultades, Escolas, Institutos, Residencias Univ. ...)

Nº de membros da Asociación

Menos de 25 de 25 a 49 de 50 a 74 de 75 a 99 de 100 a 124 de 125 a 149

de 150 a 174 de 175 a 199 de 200 a 224 de 225 a 249 250 ou máis
Documentación que se acompaña coa solicitude:
Autorización Presidente/a ou Coordinador/a para presentar a solicitude en nome da asociación (Anexo II)
Certificación Presidente/a ou Coordinador/a na que consten o nº de membros da asociación (Anexo III)
Programas de actividades para os que se solicita axuda (Anexo IV)
Memoria de execución de Actividades do ano 2022. Proxecto das Actividades a realizar no ano 2023.

Santiago de Compostela, _____ de ____________________ de 20__

Asdo.: _______________________________________

SERVIZO DE AXUDAS E SERVIZOS AO ALUMNADO


CONVOCATORIA DE AXUDAS A PROGRAMAS
DE ACTIVIDADES ESTUDANTÍS

ANEXO II – AUTORIZACIÓN

AUTORIZACIÓN DO/A PRESIDENTE/A OU COORDINADOR/A DA


ASOCIACIÓN ESTUDANTIL

Don/Dona ________________________________________________________________

En calidade de presidente/a ou coordinador/a da asociación estudantil

_________________________________________________________________________

Autorizo baixo a miña responsabilidade a que:

Don/Dona _________________________________________ con NIF ________________


presente a solicitude á convocatoria de axudas a programas de actividades estudantís para
o ano 202_ en nome da asociación.

Santiago de Compostela, _______ de __________________ de ______

Asdo. _______________________________
CONVOCATORIA DE AXUDAS A PROGRAMAS
DE ACTIVIDADES ESTUDANTÍS

ANEXO III - CERTIFICACIÓN

Don/Dona _____________________________________________________________

con NIF ______________________________

en calidade de presidente/a ou coordinador/a da asociación estudantil

________________________________________________________________________

CERTIFICO:

Que o número de membros da asociación na data de emisión desta certificación é de

______________

Para que conste, aos efectos de concorrer á convocatoria de axudas a programas de


actividades estudantís para o ano 202__, asino en
Santiago de Compostela a ________ de _____________________ de ______

Asdo. _______________________________

You might also like