You are on page 1of 10

DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx.

53735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL


E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio


Cultural, pola que se acorda incoar o procedemento para incluír o hórreo situado
no lugar de Guntín, na parroquia de Santa María de Oroso, no concello da
Cañiza, no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución es-


pañola e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia, asumiu a
competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural e, en exercicio desta, aprobouse a
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92, do 16 de maio),
en diante LPCG.

A LPCG, no seu artigo 1.1, establece que o seu obxecto é «a protección, conservación,
acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia, de forma que lle sir-
va á cidadanía como unha ferramenta de cohesión social, desenvolvemento sustentable e
fundamento da identidade cultural do pobo galego, así como a súa investigación, valoriza-
ción e transmisión ás xeracións futuras».

Así mesmo, o artigo 1.2 indica que o patrimonio cultural de Galicia está constituído,
entre outros, polos bens inmobles que, polo seu valor etnolóxico, deban ser considerados
como de interese para a permanencia, recoñecemento e identidade da cultura galega a
través do tempo.
CVE-DOG: zukkktn5-ghg8-ob50-ww78-tgx9q7pmkvr5

No artigo 8.3 da LPCG establécese que «Terán a consideración de bens catalogados


aqueles bens e manifestacións inmateriais que, polo seu notable valor cultural, sexan in-
cluídos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia a través de calquera dos procede-
mentos de inclusión previstos nesta lei. En todo caso, intégranse no Catálogo do patrimo-
nio cultural de Galicia os bens expresamente sinalados nesta lei. Os bens catalogados
poden ser mobles, inmobles e inmateriais».

O artigo 10.1.a) da LPCG, referido ás categorías de bens inmobles, define como mo-
numento «a obra ou construción que constitúe unha unidade singular recoñecible de re-
levante interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico, industrial ou
científico e técnico».

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53736

O artigo 25.1 da LPCG ditamina que «Os bens catalogados polo seu notable valor cul-
tural serán incluídos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, cuxa xestión lle corres-
ponde á consellería competente en materia de patrimonio cultural».

Os hórreos galegos teñen unha especial consideración na LPCG e, como consecuen-


cia, entre os seus obxectivos xerais está a súa protección. Así se recolle no seu capítu-
lo III do título VII, referido aos bens que integran o patrimonio etnolóxico, e especialmente
nos ditados do artigo 91.1 «Para os efectos desta lei, integran o patrimonio etnolóxico de
Galicia os lugares, bens mobles ou inmobles, as expresións, así como as crenzas, coñe-
cementos, actividades e técnicas transmitidos por tradición, que se consideren relevantes
ou expresión testemuñal significativa da identidade, a cultura e as formas de vida do pobo
galego ao longo da historia». Segundo o artigo 91.3, «Para os efectos da súa posible de-
claración de interese cultural ou catalogación, presúmese o valor etnolóxico dos seguintes
bens, sempre que conserven de forma suficiente a súa integridade formal e construtiva e
os aspectos característicos que determinan a súa autenticidade». Os hórreos relaciónanse
na letra a) deste artigo.

Ben que no artigo 92.1 a LPCG indica que serán bens de interese cultural os hórreos dos
que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901,
no artigo 92.2 dispón que «Os hórreos [...] cuxa antigüidade non poida ser determinada ou
que fosen construídos con posterioridade á data sinalada no número 1 poderán ser decla-
rados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural,
principalmente etnolóxico».

O 20 de setembro de 2021 entra no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia unha solicitude


CVE-DOG: zukkktn5-ghg8-ob50-ww78-tgx9q7pmkvr5

de declaración de ben de interese cultural dun hórreo situado no lugar de Guntín, na pa-
rroquia de Santa María de Oroso, no termo municipal da Cañiza. No escrito de solicitude a
interesada indica que é un hórreo de pedra «que supomos é anterior a 1901».

Tras serlle requirida a xustificación da antigüidade, presenta nova documentación e afir-


ma que o piorno é anterior a esta data. Porén, coa documentación achegada, non acredita
tal información.

Segundo se conclúe dos informes elaborados pola arquitecta do Servizo de Inventario


da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o hórreo situado no lugar da Guntín, da parro-
quia de Santa María de Oroso, no termo municipal da Cañiza (Pontevedra), axústase á
tipoloxía tradicional dos hórreos galegos, conserva de forma suficiente a súa integridade

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53737

formal e construtiva e os aspectos característicos que determinan a súa autenticidade,


polo que se lle recoñece un notable valor cultural como ben etnolóxico, que xustifica a súa
inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

Unha vez vista a información que se xunta co expediente, na cal se acredita a concre-
ción da presunción dos valores culturais como ben etnolóxico, cómpre incoar o procede-
mento de catalogación do hórreo do lugar de Guntín, no exercicio da competencia que lle
atribúe á persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a estrutura orgánica da
Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e en virtude do disposto no artigo 26 da
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Incoación do procedemento

Incoar o procedemento para incluír no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia o hórreo


situado no lugar de Guntín, na parroquia de Santa María de Oroso, no termo municipal da
Cañiza, consonte a descrición que figura no anexo I e a delimitación detallada no anexo II.

Segundo. Prazo de resolución e caducidade

O procedemento deberá resolverse no prazo máximo de dezaoito meses a partir da data


desta resolución. Transcorrido este prazo sen que se emita resolución expresa, produciría-
se a caducidade do procedemento.

Terceiro. Anotación preventiva e réxime de protección


CVE-DOG: zukkktn5-ghg8-ob50-ww78-tgx9q7pmkvr5

Ordenar a anotación preventiva do ben no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia


e aplicar de forma provisional o réxime de protección previsto para os bens catalogados.

Cuarto. Publicación

Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Notificación

Notificarlles esta resolución ás persoas interesadas no procedemento e ao Concello da


Cañiza.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53738

Sexto. Información pública

Abrir un período de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do
día seguinte ao da súa publicación, para que calquera persoa física ou xurídica poida ache-
gar as alegacións e informacións que considere oportunas. O escrito de alegacións ou de
achega de información dirixirase ao Servizo de Inventario da Dirección Xeral de Patrimonio
Cultural, para o cal poderá empregarse o procedemento PR004A da sede electrónica da
Xunta de Galicia, dispoñible no seguinte enderezo web: www.sede.xunta.gal

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023

María Carmen Martínez Insua


Directora xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I
Descrición do ben

1. Denominación.

Hórreo no lugar de Guntín.


CVE-DOG: zukkktn5-ghg8-ob50-ww78-tgx9q7pmkvr5

2. Localización:

– Provincia: Pontevedra.

– Concello: A Cañiza.

– Parroquia: Oroso (Santa María).

– Lugar: Guntín.

– Coordenadas de localización (UTM ETRS89 fuso 29), X: 563284.7, Y: 4674397.15.

– Referencia catastral: 36009B511090140000FA.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53739

3. Descrición:

Hórreo mixto de dous claros de planta rectangular cuberto a dúas augas, construído
con madeira e pedra granítica de boa calidade. O celeiro está sustentado por seis pés
nos cales se apoian transversalmente tres lousas de cantaría que voan sobre os costais
e os penais (as dúas dos extremos). Sobre estas lousas cargan dous linteis inferiores
en cada unha das paredes costais e outros dous transversais enriba dos tornarratos
dos penais. Estas últimas pezas de cantaría teñen forma de T e apoiando os extremos
no rebaixe das vigas ou linteis lonxitudinais. A estrutura do forxado da cámara semella
ser unha armazón de vigas e pontóns de madeira, que soporta o taboado do piso deste
mesmo material.

A estrutura vertical é igualmente de pezas prismáticas de cantaría (3 columnas por


costal), sobre as cales descargan os linteis ou soleiras que reciben a cuberta. Estas vigas
teñan menor canto e lonxitude ao colocar sobre as columnas intermedias outra peza trans-
versal ou tesoira de cantaría. No punto medio desta, e encaixada no rebaixe dos pinches,
colócase unha viga lonxitudinal de madeira. Transversalmente, apegadas a cada un dos
pinches, apoian outras dúas vigas a cada lado. Enriba desta estrutura colócanse lousas de
granito como material de cubrición. As dos extremos voan sobre os costais ao igual que as
sobrepenas, que voan ademais sobre cada un dos penais. A propiedade indica que algun-
has destas lousas da cuberta están desprazadas.

Os claros eran de táboas verticais de madeira unidas por unha faixa horizontal. Destas
só se conserva unha metade do primeiro claro e a porta situada nun dos penais, ambas
en moi mal estado. Mantense unha táboa transversal no costal enfrontado ao anterior, en-
CVE-DOG: zukkktn5-ghg8-ob50-ww78-tgx9q7pmkvr5

caixado a media altura dos piares de cantaría. O penal traseiro péchase con dúas pezas de
cantaría de diferente dimensión apoiadas, ao igual que as columnas, no lintel inferior. No
pinche deste lateral apréciase o rebaixe en que apoia a viga lonxitudinal do cumio da cu-
berta. No pinche colocado no penal de acceso á cámara hai unha cruz tallada enmarcada
dentro doutro adorno con formas curvas.

Nos hórreos baixos, para a entrada á cámara desde o exterior non adoita haber unha
escaleira fixa de acceso á porta; cando é necesario utilízase unha pequena escada de
man, que se apoia directamente no limiar da porta ou na plataforma que o antecede. Ou-
tras veces diante da porta colócase unha peza de pedra que, servindo de chanzo, facilita
o acceso, pero deixando sempre un desnivel para evitar a entrada dos ratos. Neste hórreo
descoñécese cal era a solución para subir á cámara.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53740

4. Usos:

O inmoble atópase na actualidade en desuso debido á falta de obras de conservación e


mantemento. O uso tradicional estaba asociado ás necesidades domésticas da casa a que
pertence, tanto de almacenamento como de conservación da colleita.

5. Estado de conservación:

O estado de conservación do hórreo é bo desde o punto de vista estrutural, por ser


maioritariamente unha construción de pezas de cantaría de boa calidade. A pesar do paso
do tempo, non presenta deformacións apreciables que poidan afectar a súa estabilidade.
Pode que algunha das lousas que cobren o tellado podería terse desprazado.

Os taboados de madeira dos claros e a porta de entrada teñen que ser restituídos na
súa totalidade. A estrutura de madeira, tanto da cuberta coma do forxado do piso, ao igual
que este, é moi posible que tamén teñan que ser substituídos. En xeral, todos os elementos
de madeira presentan un avanzado estado de deterioración por falta de mantemento.

Partindo da análise previa sobre o estado do hórreo, serán necesarias obras de rehabili-
tación urxente para evitar a súa ruína. Débense reconstruír os taboados dos claros e penal
de entrada, así como repor o forxado da cámara e revisar as pezas de madeira da cuberta,
que case con toda seguridade terán que ser substituídas. Así mesmo, deberanse limpar e
recolocaranse as lousas desprazadas do tellado. En xeral, realizarase a limpeza de todas
as pezas de cantaría por medios manuais.
CVE-DOG: zukkktn5-ghg8-ob50-ww78-tgx9q7pmkvr5

Ademais do indicado, e baixo supervisión técnica, tras unha análise máis detallada do
estado actual do hórreo, deben realizarse todas as obras necesarias para rehabilitar o ben
e evitar a súa perda.

6. Natureza e categoría:

Natureza: ben inmoble.

Categoría: monumento.

Interese cultural: etnolóxico.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53741

7. Nivel de protección:

Estrutural.

8. Réxime de protección:

O hórreo como elemento singular do patrimonio etnolóxico protexido rexerase polos


ditados do réxime de protección e conservación que definen os títulos II e IV da Lei 5/2016,
do 5 de maio, do patrimonio cultural de Galicia; en concreto, pode resumirse en:

– Deber de conservación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en


xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes do patrimonio cultural
de Galicia están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a
súa perda, destrución ou deterioración.

– Atendendo ao disposto no punto terceiro desta resolución, a anotación preventiva do


ben no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia implica a aplicación de forma provisional
do réxime de protección establecido na LPCG. Neste senso, tendo en conta o descrito no
número 5 do presente anexo sobre o seu estado de conservación, o seu propietario está
obrigado a executar as obras que nel se describen e/ou aquelas que conforme unha análi-
se máis detallada sexan necesarias para a conservación do ben.

– Acceso: as persoas físicas e xurídicas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e


demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia
CVE-DOG: zukkktn5-ghg8-ob50-ww78-tgx9q7pmkvr5

están obrigadas a permitirlles o acceso aos ditos bens ao persoal habilitado para a función
inspectora nos termos previstos no capítulo I do título X, ao persoal investigador acreditado
pola Administración e ao persoal técnico designado pola Administración para a realización
dos informes necesarios.

– Deber de comunicación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en


xeral, as titulares de dereitos reais sobre o ben están obrigadas a comunicarlle á conselle-
ría competente en materia de patrimonio cultural calquera dano ou prexuízo que sufrisen e
que afecte de forma significativa o seu valor cultural.

– Autorizacións: as intervencións que se pretendan realizar en bens catalogados, así


como, de ser o caso, no seu contorno de protección, terán que ser autorizadas pola con-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53742

sellería competente en materia de patrimonio cultural. A utilización dos bens catalogados


quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa pro-
tección.

– Nivel de protección estrutural: conservación dos elementos máis significativos e rele-


vantes dos bens, así como daqueles que resulten máis característicos tipoloxicamente ou
que sexan obxecto dunha concreta apreciación cultural.

ANEXO II
Delimitación e contorno de protección

En aplicación dos criterios sinalados no artigo 38 da LPCG, proponse un contorno de


protección do elemento etnolóxico que se detalla graficamente no plano adxunto (anexo II).
Este represéntase sobre a cartografía da sede electrónica do Catastro a escala 1:1000.

A delimitación queda literalmente xeorreferenciada mediante a cita das parcelas catas-


trais. Estas quedarían dentro do ámbito do solo de núcleo rural tradicional sinalado no Plan
xeral de ordenación municipal da Cañiza (plano nº 12), en diante PXOM. Porén, a plani-
metría do PXOM non se corresponde exactamente coa cartografía catastral nin tampouco
coa situación actual do parcelario. O Catastro sitúa o hórreo na parcela dun camiño; porén,
aquel semella estar vinculado a unha vivenda cuxa parcela limita directamente con outra
lindeira polo sur e situada esta a unha cota inferior. De aí que o contorno que se define
inclúa ambas as parcelas e parte da do camiño que a realidade non reflicte.

Ademais da referencia catastral, as ditas parcelas identifícanse mediante dous grupos


CVE-DOG: zukkktn5-ghg8-ob50-ww78-tgx9q7pmkvr5

numéricos separados por unha barra que indican o polígono e parcela con que se corres-
ponden (polígono/parcela).

O contorno de protección queda definido polo perímetro que une os puntos A-B-C-D-E.

Tramo A-B: parte do punto A, situado no extremo noroeste da parcela


36009B511052750000FK (511/5275), ata o punto B, que coincide co extremo nordeste
desta mesma parcela catastral. A liña que une os puntos A e B discorre polo lindeiro norte
dela.

Tramo B-C: desde o punto B continúa o contorno de protección polo límite leste cara
ao sur seguindo o camiño ata o punto C. Este coincide coa esquina sueste da vivenda

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53743

tradicional construída sobre a mesma parcela 36009B511052750000FK (511/5275). Na


actualidade, o hórreo semella estar vinculado a este inmoble.

Tramo C-D: desde C trázase unha liña ficticia cara ao sur ata o punto D. Este coincide
co extremo nordeste da parcela 36009B511009860000FQ (511/986). A dita liña que une
ambos os puntos e delimita unha parte do contorno polo leste divide e inclúe parcialmente
dentro da delimitación a parcela 36009B511090140000FA (511/9014). Segundo a sede
electrónica do Catastro nesta parcela, descrita como vía de comunicación, localízase o
hórreo catalogado.

Tramo D-E: a unión entre os puntos D a E discorre polo perímetro da parcela catas-
tral 36009B511009860000FQ (511/986), bordeando o camiño. Esta queda incluída na súa
totalidade dentro do contorno de protección do hórreo. A razón é que, tras a inspección
efectuada polos servizos técnicos ao lugar de Guntín, a parcela está apegada á da casa a
que se supón que pertence o hórreo (situada esta a unha cota superior). Ambas as dúas
encóntranse separadas por un muro de peche de cachotes tradicional, complementado
por unha rede de arame. Isto permite reiterar que parece haber un erro na cartografía
catastral. O punto E colócase no extremo noroeste na intersección da antedita parcela
(36009B511009860000FQ) coa do camiño público, a parcela 36009B511090140000FA
(511/9014).

Tramo E-A: do punto E únese ao punto A inicial, seguindo en dirección cara ao norte a
liña que delimita a parcela do camiño polo oeste (36009B511090140000FA).

Quedarán incluídas dentro do contorno de protección do elemento catalogado as dúas


parcelas completas, 36009B511052750000FK e 36009B511009860000FQ, e parte da
CVE-DOG: zukkktn5-ghg8-ob50-ww78-tgx9q7pmkvr5

36009B511090140000FA, definida como «vía de comunicación de dominio público».

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53744
CVE-DOG: zukkktn5-ghg8-ob50-ww78-tgx9q7pmkvr5

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like