You are on page 1of 1

DOG Núm.

231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62259

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e


Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 11 de novembro de 2022 pola que


se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a
centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa
convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT110C).

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 25
de novembro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 61116, no artigo 7.1, onde di: «1. Só se admitirá unha solicitude por entidade
interesada, que se presentará conforme ao modelo oficial que figura como anexo I da con-
vocatoria. A solicitude irá dirixida á Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades.», debe dicir: «1. Só se admitirá unha
solicitude por entidade interesada, que se presentará conforme ao modelo oficial que figura
como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Cultura da Con-
sellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades».
CVE-DOG: 2zk3j935-2sy5-nwl1-xzr1-zdsy50tigui0

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like