You are on page 1of 3

DOG Núm.

169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43634

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021 pola que se convoca un curso selectivo


de acceso á escala executiva, categoría de inspector principal dos corpos da
Policía local.

Dentro das actividades programadas para o ano 2021, e conforme as funcións atribuí-
das pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, e o
establecido nos artigos 38 e 39 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se des-
envolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, anúnciase a con-
vocatoria dun curso selectivo para o acceso a categoría de inspector principal da Policía
Local, conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

– Mellorar o compromiso profesional de servizo público aos cidadáns, baixo parámetros


actitudinais de eficacia e de ética policial.

– Facilitarlles aos alumnos unha actualización xurídico-normativa e de operativa profe-


sional que lles permita un mellor exercicio da súa función.

– Dotalos das ferramentas de coñecemento necesarias para a organización e estrutura-


ción adecuada dos recursos humanos e dos medios materiais de que dispoñan.
CVE-DOG: 87mmybh8-dzj2-o2f9-hwv7-g6wqdmo7gpx5

Destinatarios/as:

Persoal dos corpos de Policía Local que superaron o proceso selectivo para a categoría
de inspector principal, e que non tivesen realizado este curso.

Inscrición:

A inscrición dos/das participantes será totalmente gratuíta.

Prazas:

Sen límite.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43635

Solicitudes:

1. Os concellos deberán remitir un escrito á Academia Galega de Seguridade Pública,


solicitando a participación no curso da/das persoa/s que se atopen nesta situación, para
efectuar a correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 11 de outubro de 2021.

Duración e contido:

O curso terá unha duración de 250 horas lectivas e desenvolverase de xeito semipre-
sencial na Academia Galega de Seguridade Pública.

Este curso contén os seguintes módulos:

– Módulo I: módulo operativo.

– Módulo II: módulo xurídico.

– Módulo III: módulo técnico.

– Módulo IV: módulo administrativo.

– Módulo V: módulo de xestión directiva e técnicas de mando.

Datas:
CVE-DOG: 87mmybh8-dzj2-o2f9-hwv7-g6wqdmo7gpx5

O curso realizarase do 18 de outubro ao 3 de decembro de 2021.

Desenvolvemento do curso:

Os alumnos da Academia Galega de Seguridade Pública durante o seu período de per-


manencia nesta, rexeranse polo seu Regulamento de réxime interior, publicado por Orde
do 4 de febreiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusti-
za, no DOG número 30, do 12 de febreiro.

Certificado:

Unha vez superado este curso, a Agasp emitirá un informe ao concello correspondente
certificando esta circunstancia, de xeito que se poida proceder ao nomeamento como fun-
cionario de carreira e á toma de posesión como oficial do corpo de policía local.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43636

Modificacións:

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal


do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan
xurdir.

A Estrada, 26 de agosto de 2021

Santiago Villanueva Álvarez


Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
CVE-DOG: 87mmybh8-dzj2-o2f9-hwv7-g6wqdmo7gpx5

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like