You are on page 1of 2

DOG Núm.

64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21035

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza


e Turismo

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Emerxencias e


Interior, pola que se modifica a Resolución do 4 de novembro de 2021 pola que se
resolve a adxudicación para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva,
de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes,
mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo
Feder-Galicia 2014-2020.

O 23 de xullo de 2021 (DOG núm. 140) publicouse a Orde do 14 de xullo de 2021 pola
que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo convocaba unha
liña de subvencións para o ano 2021, que establecía as bases reguladoras para a adxu-
dicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, aos
concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos
galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do
programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O 15 de novembro de 2021 (DOG núm. 219) publicouse a Resolución do 4 de novembro


de 2021 pola que se resolvía a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de
equipamentos de emerxencias a diversos concellos, entre os que figuraba o Concello de
Allariz cunha coitela para a retirada de neve (liña 4).

No punto segundo da Resolución do 4 de novembro de 2021 establecíase unha lista de


CVE-DOG: dluefy94-0ii2-qad2-5yy1-ivzg9tw5mjx9

reserva conformada por todos os solicitantes admitidos co fin de redistribuír o equipamento


non adxudicado por renuncia dalgún beneficiario ou pola posible nova adquisición de máis
equipamento, seguindo o establecido no artigo 9.2 da Orde do 23 de xullo de 2021.

Así mesmo, na repartición deste material teríase en conta a puntuación total acada-
da por cada entidade e a non obtención de equipamento da mesma especie na primeira
adxudicación; en todo caso, esta segunda asignación non afectaría a distribución inicial do
equipamento entre as entidades solicitantes.

Con posterioridade á adxudicación da subvención en especie e antes de asinar a acta


de cesión, o Concello de Allariz renunciou ao equipamento concedido: liña 4: coitela para
a retirada de neve.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21036

En aplicación do establecido no artigo 9.2 da Orde do 23 de xullo de 2021, e co fin de


redistribuír o equipamento non adxudicado ao Concello de Allariz, unha vez consultada a
lista de reserva, a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equi-
pamento da mesma especie, procede adxudicar a coitela para a retirada de neve (liña 4)
ao concello da Gudiña, co NIF P3203500H.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro.  Modificar a Resolución do 4 de novembro de 2021 e adxudicar ao Concello


da Gudiña o equipamento de emerxencia da liña 4: coitela para a retirada de neve.

Unha vez manifestada por parte da entidade beneficiaria a aceptación da subvención


en especie concedida nesta resolución, asinarase a acta de cesión do equipamento con-
cedido.

Segundo.  Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpo-
ñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso con-
tencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da
publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2022

Santiago Villanueva Álvarez


Director xeral de Emerxencias e Interior
CVE-DOG: dluefy94-0ii2-qad2-5yy1-ivzg9tw5mjx9

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like