You are on page 1of 9

DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx.

53726

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL


E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio


Cultural, pola que se acorda incoar o procedemento para incluír o hórreo situado
no lugar da Gandarela, na parroquia de Santa María de Labrada, no concello de
Guitiriz, no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución es-


pañola e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia, asumiu a
competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural e, en exercicio desta, aprobouse a
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92, do 16 de maio),
en diante LPCG.

A LPCG, no seu artigo 1.1, establece que o seu obxecto é «a protección, conservación,
acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia, de forma que lle sir-
va á cidadanía como unha ferramenta de cohesión social, desenvolvemento sustentable e
fundamento da identidade cultural do pobo galego, así como a súa investigación, valoriza-
ción e transmisión ás xeracións futuras».

Así mesmo, o artigo 1.2 indica que o patrimonio cultural de Galicia está constituído,
entre outros, polos bens inmobles que, polo seu valor etnolóxico, deban ser considerados
como de interese para a permanencia, recoñecemento e identidade da cultura galega a
CVE-DOG: k3d745y3-8ik1-8pj3-7mm4-rkaqmrglg5k3

través do tempo.

No artigo 8.3 da LPCG establécese que «Terán a consideración de bens catalogados


aqueles bens e manifestacións inmateriais que, polo seu notable valor cultural, sexan in-
cluídos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia a través de calquera dos procede-
mentos de inclusión previstos nesta lei. En todo caso, intégranse no Catálogo do patrimo-
nio cultural de Galicia os bens expresamente sinalados nesta lei. Os bens catalogados
poden ser mobles, inmobles e inmateriais».

O artigo 25.1 da LPCG ditamina que: «Os bens catalogados polo seu notable valor
cultural serán incluídos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, cuxa xestión corres-
ponde á consellería competente en materia de patrimonio cultural».

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53727

Os hórreos galegos teñen unha especial consideración na LPCG e, como consecuen-


cia, entre os seus obxectivos xerais está a súa protección. Así se recolle no seu capítulo III
do título VII, referido aos bens que integran o patrimonio etnolóxico, e especialmente nos
ditados do artigo 91.1. «Para os efectos desta lei, integran o patrimonio etnolóxico de
Galicia os lugares, bens mobles ou inmobles, as expresións, así como as crenzas, coñe-
cementos, actividades e técnicas transmitidos por tradición, que se consideren relevantes
ou expresión testemuñal significativa da identidade, a cultura e as formas de vida do pobo
galego ao longo da historia». Segundo o artigo 91.3, «Para os efectos da súa posible de-
claración de interese cultural ou catalogación, presúmese o valor etnolóxico dos seguintes
bens, sempre que conserven de forma suficiente a súa integridade formal e construtiva e
os aspectos característicos que determinan a súa autenticidade». Os hórreos relaciónanse
na letra a) deste artigo.

Ben que no primeiro punto do artigo 92 a LPCG indica que serán bens de interese cul-
tural os hórreos dos cales existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con
anterioridade a 1901, no artigo 92.2 dispón que «Os hórreos [...] cuxa antigüidade non
poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada no nú-
mero 1 poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza
un especial valor cultural, principalmente etnolóxico».

O 2 de abril de 2021 entra no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia unha solicitude de


catalogación dun hórreo situado no lugar da Gandarela, na parroquia de Santa María de
Labrada, no termo municipal de Guitiriz.

No escrito de solicitude indícase que é un hórreo de cantaría e madeira duns 300 anos
CVE-DOG: k3d745y3-8ik1-8pj3-7mm4-rkaqmrglg5k3

de antigüidade. Porén, na documentación que consta no expediente administrativo esta


non queda acreditada. Segundo se recolle nos informes dos servizos técnicos do Servi-
zo de Inventario, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, as características formais e
construtivas do hórreo axústanse de forma suficiente á tipoloxía tradicional dos hórreos
galegos, mantendo na mesma forma a antigüidade, integridade e autenticidade. Conclúen
que o hórreo situado no lugar da Gandarela, da parroquia de Santa María de Labrada, no
termo municipal de Guitiriz (Lugo), posúe un notable valor cultural que xustifica a inclusión
no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

Unha vez vista a información que se xunta co expediente, na cal se acredita a concre-
ción da presunción dos valores culturais como ben etnolóxico, cómpre incoar o procede-
mento de catalogación do hórreo do lugar da Gandarela, no exercicio da competencia que

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53728

lle atribúe á persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a estructura orgánica
da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e en virtude
do disposto no artigo 26 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Incoación do procedemento

Incoar o procedemento para incluír no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia o hó-


rreo situado no lugar da Gandarela, na parroquia de Santa María de Labrada, no termo
municipal de Guitiriz, consonte a descrición que figura no anexo I e a delimitación detallada
no anexo II.

Segundo. Prazo de resolución e caducidade

O procedemento deberá resolverse no prazo máximo de dezaoito meses a partir da data


desta resolución. Transcorrido este prazo sen que se emita resolución expresa, produciría-
se a caducidade do procedemento.

Terceiro. Anotación preventiva e réxime de protección

Ordenar a anotación preventiva no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia e aplicar,


de forma provisional, o réxime de protección previsto para os bens mobles catalogados.

Cuarto. Publicación
CVE-DOG: k3d745y3-8ik1-8pj3-7mm4-rkaqmrglg5k3

Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Notificación

Notificarlles esta resolución ás persoas interesadas no procedemento e ao Concello de


Guitiriz.

Sexto. Información pública

Abrir un período de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do
día seguinte ao da súa publicación, para que calquera persoa física ou xurídica poida ache-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53729

gar as alegacións e informacións que considere oportunas. O escrito de alegacións ou de


achega de información dirixirase ao Servizo de Inventario da Dirección Xeral de Patrimonio
Cultural, para o cal poderá empregarse o procedemento PR004A da sede electrónica da
Xunta de Galicia, dispoñible no seguinte enderezo web: www.sede.xunta.gal

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023

María Carmen Martínez Ínsua


Directora xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I
Descrición do ben

1. Denominación:

Hórreo no lugar da Gandarela.

2. Localización:

– Provincia: Lugo.

– Concello: Guitiriz.
CVE-DOG: k3d745y3-8ik1-8pj3-7mm4-rkaqmrglg5k3

– Parroquia: Labrada (Santa María).

– Lugar: Gandarela.

– Coordenadas de localización (UTM ETRS89 fuso 29), X: 590034.23, Y: 479085.54.

– Referencia catastral: 27022A220002690001QA.

3. Descrición:

Trátase dun hórreo mixto de pedra e madeira de planta rectangular estreita. A constru-
ción de dous claros vai apoiada sobre celeiro pechado orixinalmente con muros de cacho-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53730

taría rematado na súa parte superior con tornarratos perimetral de pedra do tipo mesa,
material tamén das columnas e penais, que tamén son de pedra. O cerramento dos costais
e penais era de doelas ou táboas dispostas en vertical cunha travesa ou faixa horizontal en
cada un dos claros. Destes só se conservan as madeiras dun dos costais e a porta, aínda
que esta apoiada no chan e no celeiro, baixo o penal polo que se debía entrar á cámara.
Conserva os pinches e as sobrepenas, ademais do resto de elementos de cantaría. A cu-
berta a dúas augas é de lousas de pedra voadas sobre os costais. No pinche do penal de
entrada ten un adorno tallado e sobre o pinche un lampión.

4. Usos:

O uso orixinal estaba asociado ás necesidades domésticas da casa, tanto de almacena-


mento como de conservación da colleita. Na actualidade o estado ruinoso que presenta o
inmoble non permite o seu uso.

5. Estado de conservación:

O estado de conservación do hórreo é bo desde o punto de vista estrutural. A base do


celeiro é de cachotaría e mantense en moi bo estado. Na parte superior apréciase unha
faixa perimetral que semella ter sido revestida de cemento. As columnas de cantaría tamén
se conservan en perfecto estado.

Descoñécese de que material é a estrutura horizontal da cámara e da cuberta. Polo me-


nos unha das lousas de pedra que conforman a cubrición está desprazada. O tornarratos
rodea o perímetro do hórreo, salvo no penal da entrada. Posiblemente o acceso ao celeiro
CVE-DOG: k3d745y3-8ik1-8pj3-7mm4-rkaqmrglg5k3

fose cunha escada de man de madeira.

Aínda que no costal dereito se mantén o taboado de madeira nos dous claros, faltan
algunhas das táboas e, ao igual que o resto de elementos deste material, pola falta de
mantemento é moi probable que deban substituírse todos eles.

En xeral, a pesar de que a estrutura vertical non manifesta problemas de estabilidade, o


inmoble precisa dunha rehabilitación urxente. Ademais da reparación da cuberta e do refor-
zo (no caso de que sexa necesario) da estrutura que a soporta, tamén é posible que sexa
preciso actuar sobre o forxado e piso da cámara. As paredes costais e penais de madeira
deben ser substituídas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53731

6. Natureza e categoría:

Natureza: ben inmoble.

Categoría: monumento.

Interese: etnolóxico.

7. Nivel de protección:

Estrutural.

8. Réxime de protección:

O hórreo como elemento singular do patrimonio etnolóxico protexido rexerase polos


ditados do réxime de protección e conservación que definen os títulos II e IV da Lei 5/2016,
do 5 de maio, do patrimonio cultural de Galicia; en concreto, pode resumirse en:

– Deber de conservación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en


xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes do patrimonio cultural
de Galicia están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a
súa perda, destrución ou deterioración.

– Acceso: as persoas físicas e xurídicas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e


demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia
CVE-DOG: k3d745y3-8ik1-8pj3-7mm4-rkaqmrglg5k3

están obrigadas a permitirlle o acceso aos ditos bens ao persoal habilitado para a función
inspectora, nos termos previstos no capítulo I do título X; ao persoal investigador acredita-
do pola Administración e ao persoal técnico designado pola Administración para a realiza-
ción dos informes necesarios.

– Deber de comunicación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en


xeral, os titulares de dereitos reais sobre o ben están obrigadas a comunicarlle á conselle-
ría competente en materia de patrimonio cultural calquera dano ou prexuízo que sufrisen e
que afecte de forma significativa o seu valor cultural.

– Autorizacións: as intervencións que se pretendan realizar en bens catalogados, así


como, de ser o caso, no seu contorno de protección, terán que ser autorizadas pola con-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53732

sellería competente en materia de patrimonio cultural. A utilización dos bens catalogados


quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa pro-
tección.

– Nivel de protección estrutural: conservación dos elementos máis significativos e rele-


vantes dos bens, así como daqueles que resulten máis característicos tipoloxicamente ou
que sexan obxecto dunha concreta apreciación cultural.

ANEXO II
Delimitación e contorno de protección

En aplicación dos criterios sinalados no artigo 38 da LPCG, proponse un contorno de


protección do elemento etnolóxico que se detalla graficamente no plano adxunto (anexo II).
Este represéntase sobre a planimetría a 1:2000 do Plan xeral de ordenación municipal do
Concello de Guitiriz (plano/folla ON-048), con referencia á cartografía da sede electrónica
do Catastro.

A delimitación queda literalmente xeorreferenciada mediante a cita das parcelas catas-


trais e o límite do solo de núcleo rural histórico-tradicional (en diante, SNR) do planeamento
urbanístico vixente. Cara ao norte, sobre o solo rústico, a área que circunscribe o hórreo
defínese mediante un arco. As parcelas identifícanse mediante dous grupos numéricos
separados por unha barra que indican o polígono e a parcela catastrais (polígono/parcela).

O contorno de protección queda definido polo perímetro que une os puntos A-B-C-D-E‑F.

Tramo A-B: pártese do punto A ao nordeste da delimitación, situado na esquina noroeste


CVE-DOG: k3d745y3-8ik1-8pj3-7mm4-rkaqmrglg5k3

da subparcela «e» da parcela 27022A220002690000MP. O punto B coincide coa esquina


suroeste desta mesma subparcela «e». A liña que une os puntos A e B coincide co límite
do SNR polo leste.

Tramo B-C: do punto B trázase unha liña ficticia ata o punto C, situado ao sueste da
subparcela «c» da parcela 27022A220002690001QA (polígono 220/parcela 269). Esta liña
atravesa a subparcela «a», na cal se sitúa o hórreo, polo que queda unha parte da súa
superficie dentro do contorno de protección do ben.

Tramo C-D: seguindo desde C polo límite desta subparcela «c», continúa cara ao oeste
seguindo unha liña que remata cun tramo en curva e logo creba cara ao noroeste ata o
punto D, situado ao final deste pequena creba.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53733

Tramo D-E: desde o punto D trázase novamente unha liña ficticia que subdivi-
de en dúas a superficie da subparcela «c» e continúa polo límite da parcela catastral
27022A220002690001QA, en dirección ao camiño que discorre paralelo ao límite do SNR
polo norte. O punto E coincide co extremo noroeste desta parcela catastral.

Tramo E-F: desde o punto E continúa o contorno de protección polo norte, coincidindo
coa delimitación do SNR definido no plano de ordenación ON-048 do PXOM, ata o punto
F. Este sitúase no extremo máis ao norte da delimitación do SNR deste ámbito do núcleo
da Gandarela.

Tramo F-A: o punto F anterior é o inicio dun arco de circunferencia con centro no ele-
mento catalogado e raio de 22,50 m. Este arco remata no punto A, que coincide, así mes-
mo, co extremo nordeste da delimitación do SNR definida no planeamento urbanístico.
CVE-DOG: k3d745y3-8ik1-8pj3-7mm4-rkaqmrglg5k3

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53734
CVE-DOG: k3d745y3-8ik1-8pj3-7mm4-rkaqmrglg5k3

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like