You are on page 1of 2

INFORME Á DIVISIÓN EN LOTES DO PROXECTO

“ACTUACIÓNS DE MELLORA, CONSERVACIÓN E


MANTEMENTO DE CAMIÑOS NO CONCELLO DE LÁNCARA”

Con data Xullo de 2018, a técnico que suscribe o presente informe redacta o proxecto de
“Actuacións de mellora, conservación e mantemento de camiños no Concello de Láncara”, co
obxecto de xustificar e cuantificar a necesidade de acondicionamento e mellora de varios viais
titularidade do mencionado Concello.

Con data Setembro de 2018, o Concello de Láncara require a elaboración do presente informe,
no que se debe indicar a procedencia, ou non, da división en lotes do mencionado proxecto.

De acordo coa solicitude recibida, a técnico que suscribe informa que é procedente a división
en lotes do proxecto “Actuacións de mellora, conservación e mantemento de camiños
no Concello de Láncara” polos seguintes motivos que se expoñen a continuación:

- A Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos del Sector Público, no seu artigo


número 99.3 indica que sempre que a natureza ou obxecto do contrato o permita
deberá preverse a realización independente de cada unha das súas partes mediante a
súa división en lotes.
No presente caso, pódense establecer entón varias unidades operativas ou funcionáis
e pode preverse a realización independente de cada unha delas, posto que son
susceptibles de utilización ou aproveitamento por separado.

- A división en lotes favorece a concorrencia das PYMES, conseguindo así unha maior
liberdade de acceso á licitación, igualdade entre os licitadores e mellores ofertas.

De acordó ó exposto, procédense a establecer os diversos lotes, nos que se agrupan en cada
un deles varias actuacións, debido a criterios técnicos e económicos dada a cercanía das
actuacións:

LOTE 1: Actuacións en Quintela, Fondo Lugar, Augalevada e Río.


Orzamento de Execución Material:………..65.084,35 €
Gastos Xerais e Beneficio Industrial:…….. 12.366,03 €
Orzamento Base de Licitación:…………….77.450,38 €
I.V.E.:………………………………………….16.264,58 €
Orzamento Base de Licitación+I.V.E.:…….93.714,96 €
LOTE 2: Actuacións en Vilela de Abaixo-Touville, A Chá e Vigo de Galegos.
Orzamento de Execución Material:………..69.898,01 €
Gastos Xerais e Beneficio Industrial:…….. 13.280,62 €
Orzamento Base de Licitación:…………….83.178,63 €
I.V.E.:………………………………………….17.467,51 €
Orzamento Base de Licitación+I.V.E.:……100.646,14 €

LOTE 3: Actuacións en Escanlar, Outeiro e Acceso Colexio.


Orzamento de Execución Material:………..31.428,09 €
Gastos Xerais e Beneficio Industrial:…….. ..5.971,34 €
Orzamento Base de Licitación:…………….37.399,43 €
I.V.E.:……………………………………….….7.853,88 €
Orzamento Base de Licitación+I.V.E.:…….45.253,31 €

Láncara, Setembro de 2018


A Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos

SANTALLA Firmado digitalmente por


SANTALLA CASTRO LAURA -
CASTRO LAURA - 33547447S
Fecha: 2018.09.03 08:28:41
33547447S +02'00'
Fdo: Laura Santalla Castro

You might also like