You are on page 1of 2

Informe dos Servizos Técnicos municipais

_
Á vista da providencia de alcaldía, para a execución das obras
HASH: 1220b7a479c46e9ab35165f93e2800c3

“Mellora de camiños municipais de acceso a leiras en


Augalevada (Vilouzán) e San Xoan de Muro (Láncara)”, se
adxunta, de conformidade co previsto no artigo 116 e 231 e seguintes
Marcos Vázquez Marey (1 para 1)

da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público


Data de Sinatura: 11/05/2018

-LCSP 2017-, o Proxecto de Obras referido, o seguinte,


INFORME
Primeiro.- O Proxecto de obras elaborado polos Servizos Técnicos
AEDL

Municipais cumpre coas previsións legais dos artigos 231 e 233 da Lei
9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público -LCSP
2017-.
Segundo.- Para os efectos de consignación orzamentaria, estímase
que o valor estimado do contrato referido, de conformidade co
previsto no artigo 101 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos
do Sector Público -LCSP 2017-, é de 66.932,30 euros, Imposto sobre o
Valor Engadido excluído.
Terceiro.- Así mesmo, infórmase que os terreos sobre os cales se van
executar as obras de “Mellora de camiños municipais de acceso
a leiras en Augalevada (Vilouzán) e San Xoan de Muro
(Láncara)”, obxecto do presente contrato, son de titularidade
municipal. No entanto, para os efectos do artigo 236 da Lei 9/2017,
de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público -LCSP 2017-, unha
vez aprobado o Proxecto de Obras, procederase á firma da acta de
reformulo.
Cuarto.- A pesar de que o proxecto de obras non supera a contía de
500.000,00 euros, Imposto sobre o Valor Engadido excluído, emítese o
presente informe de supervisión do mesmo, informándose que o

Cod. Validación: 9YH9Y4GGQQNQJ3NSCLZREP73Z | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


presente proxecto non afecta á estabilidade, seguridade ou
estanqueidade da obra (art. 235 LCSP 2017).
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 2

Quinto.- Para os efectos previstos no artigo 233 da da Lei 9/2017, de 8


de novembro, de Contratos do Sector Público -LCSP 2017-, no
Proxecto de obras elaborado consta o correspondente prego de
prescricións técnicas particulares, onde se detallou a descrición das
obras, regulándose a súa execución, con expresión da forma en que
se levará a cabo, as obrigacións de orde técnica que correspondan ao
contratista, e a maneira en que levará a cabo a medición das
unidades executadas e o control de calidade dos materiais
empregados e do proceso de execución.
Así mesmo, e de conformidade co previsto no artigo 28.1 da Lei
9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público -LCSP
2017-, infórmase que a necesidade do presente contrato vén

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao , Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax:
982543357
motivada pola necesidade de mellorar os servizos básicos como o
acceso aos núcleos de poboación, e que o Concello non conta con
medios materiais e persoais suficientes e necesarios para a súa
execución, xa que o concello non dispón de equipos de rega asfáltico
co que realizar as actuacións proxectadas.
Láncara, na data da firma electrónica á marxe
Os Servizos Técnicos municipais

Cod. Validación: 9YH9Y4GGQQNQJ3NSCLZREP73Z | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 2 a 2

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao , Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax:
982543357

You might also like