You are on page 1of 6

DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx.

45364

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e


Universidades

ORDE do 9 de agosto de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 135/2022,


do 14 de xullo, polo que se transforman institutos de educación secundaria en
centros integrados de formación profesional e se trasladan ensinanzas.

Por medio do Decreto 135/2022, do 14 de xullo, transformouse o instituto de educación


secundaria Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa en centro integrado de formación
profesional.

Como consecuencia desta transformación, as ensinanzas de educación secundaria


obrigatoria e bacharelato do IES Fermín Bouza Brey (36013771) trasládanse ao IES Ar-
mando Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa (36019669).

Así mesmo, no Decreto 135/2022, do 14 de xullo, trasládanse ao centro integrado de


formación profesional Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa (36013771) as seguin-
tes ensinanzas:

– O ciclo formativo de grao medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría do Instituto de


educación secundaria Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa (36012471).

– O ciclo formativo de grao superior de Acondicionamento Físico do instituto de educa-


ción secundaria Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía de Arousa (36018380).

– As ensinanzas da familia profesional de Comercio e Márketing (o ciclo formativo de


CVE-DOG: y897rlc2-mym7-jhr0-ju13-jtxu396qbng5

grao básico de Servizos Comerciais, o ciclo formativo de grao medio de Actividades Co-
merciais e os ciclos formativos de grao superior de Comercio Internacional, Xestión de
Vendas e Espazos Comerciais, e Marketing e Publicidade) do instituto de educación secun-
daria Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa (36019689).

A disposición adicional única do citado decreto establece que a Consellería de Cultu-


ra, Educación, Formación Profesional e Universidades determinará as necesidades e a
situación do profesorado dos centros afectados por este decreto, en aplicación do Decre-
to 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino
polo persoal funcionario docente que presta servizos nos centros educativos que imparten
ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función
das causas de acceso a el, e demais normativa de aplicación.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx. 45365

Resulta necesario, pois, regular o proceso de adscrición do persoal docente dos corpos
de catedráticos e profesores de ensino secundario e mestres afectados polo decreto.

A disposición derradeira primeira do Decreto 135/2022, do 14 de xullo, habilita a persoa


titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para
ditar as disposicións que procedan no desenvolvemento e execución deste.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universi-


dades

ACORDA:

Primeiro. Cesamento no instituto que se transforma en centro integrado de formación


profesional

1. O persoal docente do corpo de mestres e dos corpos de catedráticos e profesores de


ensino secundario, das especialidades comprendidas entre os códigos 590001 e 590061,
ambas incluídas, agás a especialidade 590018 –Orientación Educativa–, con destino de-
finitivo no instituto de educación secundaria Fermín Bouza Brey, cesa neste instituto con
efectividade do 31 de agosto de 2022.

2. Exceptúase do establecido no punto anterior o persoal docente que poida continuar


adscrito con carácter definitivo ao instituto de educación secundaria Fermín Bouza Brey de
Vilagarcía de Arousa, como consecuencia das prazas que neste centro se publican como
anexo da presente orde.
CVE-DOG: y897rlc2-mym7-jhr0-ju13-jtxu396qbng5

Segundo. Cesamento no instituto de educación secundaria Castro Alobre de Vilagar-


cía de Arousa e no instituto de educación secundaria Armando Cotarelo Valledor de Vila-
garcía de Arousa

1. O persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario e


profesores técnicos de formación profesional, das especialidades de Procesos Sanitarios
–590118– e Procedementos Sanitarios e Asistenciais –591220–, cesa no instituto de edu-
cación secundaria Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, con efectividade do 31 de agosto
de 2022.

2. O persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario e


profesores técnicos de formación profesional, das especialidades de Organización e Xes-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx. 45366

tión Comercial –590110– e Procesos Comerciais –591221–, cesa no instituto de educa-


ción secundaria Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa, con efectividade do
31 de agosto de 2022.

Terceiro. Adscrición do persoal de corpo de catedráticos e profesores de ensino se-


cundario

O persoal do corpo de catedráticos de ensino secundario e do corpo de profesores de


ensino secundario, das especialidades relacionadas no punto primeiro, que teña destino
definitivo para o curso académico 2022/23 no IES Fermín Bouza Brey poderá continuar
adscrito neste centro ou poderá adscribirse con carácter definitivo no instituto de educa-
ción secundaria Armando Cotarelo Valledor, nun número por especialidade igual ao que se
publica como anexo desta orde. A adscrición no centro receptor de ensinanzas terá efecti-
vidade do 1 de setembro de 2022.

Cuarto. Criterios de adscrición

1. A prioridade do persoal docente para continuar adscrito con carácter definitivo no


centro de procedencia, ou para adscribirse con carácter definitivo no centro receptor das
ensinanzas ou para quedar suprimido ou desprazado por falta de horario virá determinada
pola especialidade da praza de que é titular e, en segundo lugar, pola aplicación dos crite-
rios establecidos no Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os crite-
rios de perda do destino definitivo polo persoal funcionario docente que presta servizos nos
centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da
antigüidade no centro en función das causas de acceso a el. Para estes efectos, terase en
conta que un catedrático soamente terá prioridade cando no centro receptor de ensinanzas
CVE-DOG: y897rlc2-mym7-jhr0-ju13-jtxu396qbng5

non haxa catedrático ou catedrática da especialidade.

2. O persoal funcionario docente non poderá optar por quedar suprimido ou desprazado
por falta de horario se quedan prazas da súa especialidade sen cubrir no centro de orixe
ou no centro receptor de ensinanzas.

Quinto. Adscrición noutra especialidade da cal se é titular

O persoal docente que non pode quedar adscrito definitivamente no centro receptor
das ensinanzas pola súa especialidade de destino poderá, voluntariamente, adscribirse a
prazas doutra especialidade da cal sexa titular en que haxa vacantes.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx. 45367

Sexto. Opción do profesorado non adscrito

O persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secun-


dario que non poida quedar adscrito definitivamente deberá optar por quedar suprimido ou
con destino definitivo no centro receptor de ensinanzas. Neste último suposto, este persoal
funcionario docente quedará desprazado por falta de horario e deberá participar obrigato-
riamente, cando sexa o caso, na adxudicación provisional de destinos e nos concursos de
traslados ata a obtención dun novo destino.

Sétimo. Procedemento de adscrición

O persoal docente formulará a súa solicitude de integrarse con destino definitivo no cen-
tro receptor de ensinanzas ou de pasar á situación de suprimido ou desprazado por falta
de horario nunha reunión convocada pola dirección do centro do cal se trasladan as ensi-
nanzas, facendo constar a opción de cada unha das funcionarias e funcionarios docentes,
e remitiraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades, e unha copia á xefatura territorial co-
rrespondente.

Oitavo. Profesorado titular das especialidades que imparten ensinanzas de formación


profesional específica

1. O profesorado adscrito definitivamente en 1 de setembro de 2022 a prazas das es-


pecialidades de Procesos Sanitarios e Procedementos Sanitarios e Asistenciais no insti-
tuto de educación secundaria Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa quedará adscrito con
carácter definitivo, coa mesma data, ao centro integrado de formación profesional Fermín
Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.
CVE-DOG: y897rlc2-mym7-jhr0-ju13-jtxu396qbng5

2. O profesorado adscrito definitivamente en 1 de setembro de 2022 a prazas das espe-


cialidades de Organización e Xestión Comercial e Procesos Comerciais no instituto de edu-
cación secundaria Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía, quedará adscrito con carácter
definitivo, coa mesma data, ao centro integrado de formación profesional Fermín Bouza
Brey de Vilagarcía de Arousa.

Noveno. Adscrición do persoal do corpo de mestres

O persoal funcionario docente do corpo de mestres adscrito definitivamente en


1 de setembro de 2022 no IES Fermín Bouza Brey quedará adscrito con carácter definitivo
coa mesma data no IES Armando Cotarelo Valledor.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx. 45368

Décimo. Cómputo da antigüidade

O persoal funcionario docente que, como consecuencia do Decreto 135/2022, do


14 de xullo, polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integra-
dos de formación profesional e se trasladan ensinanzas, manterá, para todos os efectos de
antigüidade no novo centro, a xerada no seu centro de orixe.

O persoal que quede suprimido ou desprazado por falta de horario, cando obteña un
novo destino definitivo, tamén manterá, para todos os efectos de antigüidade no novo cen-
tro, a xerada no seu centro de orixe, á cal se engadirá o tempo transcorrido como suprimido
ou desprazado.

Décimo primeiro. Publicación dos destinos no DOG

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicará


no Diario Oficial de Galicia os destinos do persoal docente que os obteña con carácter
definitivo.

Décimo segundo. Cesamento dos equipos directivos

A dirección e restantes membros do equipo directivo do instituto de educación secunda-


ria Fermín Bouza Brey cesarán con efectividade do 31 de agosto de 2022.

Décimo terceiro. Traslado de material


CVE-DOG: y897rlc2-mym7-jhr0-ju13-jtxu396qbng5

Se é o caso, a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Pro-


fesional e Universidades adoptará as medidas oportunas en relación cos traslados de ma-
terial que sexa necesario efectuar.

Disposición adicional. Adscrición do profesorado do IES Manuel Ángel González Es-


tévez

O profesorado da especialidade de Educación Física, con destino definitivo en


1 de setembro de 2022 no IES Manuel Ángel González Estévez, poderá adscribirse con
carácter definitivo no centro integrado de formación profesional Fermín Bouza Brey, se
quedan vacantes unha vez realizada a adscrición regulada nesta orde.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx. 45369

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2022

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Centro Especialidade Prazas


CIFP Fermín Bouza Brey Física e Química 2
CIFP Fermín Bouza Brey Inglés 3
CIFP Fermín Bouza Brey Educación Física 3
CIFP Fermín Bouza Brey Orientación Educativa 1
IES Armando Cotarelo Valledor Latín 1
IES Armando Cotarelo Valledor Lingua Castelá e Literatura 2
IES Armando Cotarelo Valledor Xeografía e Historia 1
IES Armando Cotarelo Valledor Física e Química 1
IES Armando Cotarelo Valledor Bioloxía e Xeoloxía 1
IES Armando Cotarelo Valledor Música 1
IES Armando Cotarelo Valledor Lingua e Literatura Galega 1
IES Armando Cotarelo Valledor Pedagoxía Terapéutica 1
CVE-DOG: y897rlc2-mym7-jhr0-ju13-jtxu396qbng5

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like