You are on page 1of 1

DOG Núm.

103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33430

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 53/2023, do 24 de maio, polo que se dispón o nomeamento de


membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de


xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do
seu Regulamento de réxime interno, de acordo coas propostas efectuadas polo Sindicato
Labrego Galego, a Confederación de Empresarios de Galicia e a Universidade de Vigo,

DISPOÑO:

Un.  Nomear membros titulares do Consello Económico e Social as seguintes persoas:

– Ana Eiras Regueira, en representación do Sindicato Labrego Galego.

– Elena Rivo López, en representación da Universidade de Vigo.

Dous.  Nomear membros suplentes do Consello Económico e Social as seguintes


persoas:

– Ana María Rodríguez Vázquez, en representación do Sindicato Labrego Galego.

– María Dolores Bello Nine, en representación da Confederación de Empresarios de


CVE-DOG: lwsmnu27-asy1-0mf5-x4r8-6xtsvugrjdi5

Galicia.

– Mónica Villanueva Villar, en representación da Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, vinte e catro de maio de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela


Presidente

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like