You are on page 1of 1

RESUMO DA MESA SECTORIAL DO 31 DE MARZO DE 2023

ACORDO DE INTENCIÓNS E CALENDARIO DE NEGOCIACIÓN NO MARCO NEGOCIADOR


DO PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS DE ATENCIÓN PRIMARIA
UGT-SP, acabamos de asinar o acordo que nos vai a posibilitar a participación na negociación de
medidas de mellora das condicións laborais, reiteradamente solicitadas pola nosa organización
sindical, para todo o persoal de Atención Primaria.

Por que é importante este acordo?


• Porque, Por primeira vez, establece un horizonte de negociación de 1 ano cun cronograma
crible.
• Porque aparte das categorías deficitarias, téñense en conta as demais categorías dos equipos
de atención primaria.
• Porque, por primeira vez, o Sergas vén a negociar reivindicacións históricas expostas por UGT.
Novedades respecto a documentos anteriores:
• Incremento retributivo para persoal de centros de difícil cobertura que realice quendas de
tarde ou deslizantes, non só para categorías deficitarias senón tamén para o resto do persoal
destes centros. (2º trimestre de 2023).
• Estabilidade do persoal residente no seu último grao de formación nas especialidades de
Medicina Familiar e Comunitaria e pediatría de atención primaria, coa oferta de contratación
estable de 3 anos. Adiantarase a resolución do concurso de traslados de 2023 e do
concurso de estabilización de médico de familia para garantir o dereito á mobilidade
deste persoal (2º trimestre de 2023).
• Incluír a categoría de médico/a de familia e outras categorías de especialista (por
exemplo de enfermería), que poden ser provistos mediante procesos selectivos polo sistema
de concurso (2º trimestre de 2023).
• Recoñecemento e incentivo da labor de titoría, incluíndo a titoría EIR (2º semestre).
• Negociar as condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación
(incluirase o persoal EIR), que datan del año 2007, reclamada por UGT-SP (2º semestre).
• Plan de dotación de prazas 2023-2027, UGT-SP, solicitamos que se incluíse no apartado
de determinación de cocientes o compromiso por parte do Sergas da garantía de cobertura
100% de todas as ausencias. O Sergas non aceptou esta alegación (2º semestre).
• Elaborarase un plan de dotación de persoal coa finalidade de completar os equipos
de persoal médico e de enfermería en centros de saúde e PACs. Obxectivo mínimo 1/1,
reivindicado tamén por UGT (2º semestre).
• Adaptación retributiva a TIS: Impulsarase o proceso de de adaptación retributiva neste ano
2023, UGT alegamos que se debía garantir que ningún colectivo sufrise perdida
retributiva con esta adaptación (2º semestre).
• Traballo nos días 24 e 31 de decembro: Estudo e negociación do seu tratamento nas
categorías que non teñen incluídos lestes días como festivo especial. UGT-SP, manifestamos
que esta medida conleva unha modificación do DECRETO 226/1996, do 25 de abril, polo que
se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servizos de atención primaria, e en
consonancia, solicitamos que no plan de ordenación negóciense a modificación
retributiva en categorías como PSX ás que cada vez se lle impoñen novas funcións sen reflexo
retributivo algún.

UGT Servizos Públicos de Galicia.


Tlfo. 981572820
#ConUGTGanamos
Galicia.ugt-sp.es

You might also like