You are on page 1of 5

DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx.

65032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 22 de novembro de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos


durante a folga indefinida convocada no ámbito da Central de Coordinación de
Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que afectará Fidelis Servicios Integrales,
S.L.U. - Centro de Atención de Llamadas S.A.U., UTE, a partir do 25 de novembro
de 2023.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa


traballadora o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións


públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable ne-
cesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condi-
cionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988,
do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais
no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se
atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación de asistencia sanitaria non se pode ver afectado


gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e re-
coñecido prioritariamente en relación con este, o que implica a necesidade de conxugar
o citado exercicio cun axeitado establecemento dos servizos mínimos naquelas áreas
e actividades que repercuten na xestión dos servizos sanitarios, en prol de preservar,
CVE-DOG: 0h9yumz9-tvu6-c034-jxz8-cy0k2t4p3b35

en último termo, o propio dereito á vida e á integridade física das persoas usuarias dos
devanditos servizos.

O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos
servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, es-
tablezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos,
así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.

O Servizo Galego de Saúde ten contratada coa empresa Fidelis Servicios Integra-
les, S.L.U. - Centro de Atención de Llamadas, S.A.U., UTE a prestación do servizo de ope-
ración telefónica, que desempeña o seu traballo na Central de Coordinación de Urxencias
Sanitarias de Galicia-061 (en diante, CCUSG-061).

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65033

O Comité de empresa de Fidelis Servicios Integrales, S.L.U. - Centro de Atención de


Llamadas, S.A.U., UTE comunicou a convocatoria dunha folga indefinida que afectará as/os
traballadoras/es da empresa Fidelis Servicios Integrales, S.L.U. - Centro de Atención de
Llamadas, S.A.U., UTE que prestan servizos na CCUSG-061. Esta folga desenvolverase
durante todos os luns, sábados e festivos, de forma indefinida, mediante paros parciais das
12.00 ás 14.00 horas e das 19.00 ás 21.00 horas, a partir do día 25 de novembro de 2023,
primeiro día dos paros.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, o número 061 é a entrada de referencia para a


solicitude telefónica da atención sanitaria urxente de toda a cidadanía.

O persoal de xestión telefónica (teleoperador/a) é o primeiro que atende as chamadas


de demanda de asistencia, entre outras, a atención das urxencias vitais en materia de saú-
de que suceden no territorio galego, coas consecuencias directas sobre a mortalidade e a
supervivencia na poboación.

O labor do persoal radiooperador (locutor/a) consiste na activación e seguimento de


todos os recursos asistenciais imprescindibles para a asistencia sanitaria e os traslados
urxentes.

Polas características do servizo dispensado, a poboación non pode quedar desasisti-


da en circunstancias de urxencia e emerxencia. Ademais, o colectivo afectado pola folga
realiza unhas tarefas específicas que non poden ser suplidas por outro persoal. Cómpre
ter en conta que a carga de traballo ao longo do día depende dun número imprevisible de
chamadas, e o volume de efectivos axústase de maneira periódica para dar cobertura ás
necesidades estimadas dentro dun rango.
CVE-DOG: 0h9yumz9-tvu6-c034-jxz8-cy0k2t4p3b35

Con base no que antecede e unha vez outorgada audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A folga convocada entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos


que se establecen nesta orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan imprescindibles para manter a axeitada co-
bertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se pro-
duzan graves prexuízos á cidadanía. Ao mesmo tempo, responden á necesidade de com-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65034

patibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación,


que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo
dispensado.

O devandito servizo abrangue a recepción inicial das chamadas de demanda que che-
gan á CCUSG-061 a través dos números de cabeceira que atende (061 e 902 40 01 16),
a súa xestión inicial, a activación e seguimento dos recursos e a recollida de datos das
incidencias atendidas. Por este motivo, resulta imprescindible a prestación de servizos na
dita central do 100 % do persoal habitual nos tramos horarios afectados pola folga, pois a
carga de traballo ao longo de toda a xornada depende dun número de chamadas que non
son programables e que se dimensiona periodicamente para dar cobertura ás necesidades
estimadas en materia de urxencia e emerxencia sanitaria, que en ningún caso poden que-
dar desasistidas. Noutro caso, poderían producirse graves prexuízos á cidadanía.

Unha vez exposto o fundamento do criterio adoptado e a porcentaxe necesaria, cómpre


subliñar que o persoal de operación telefónica (teleoperadores/as) constitúe o primeiro dos
elos da cadea de atención das emerxencias na Comunidade Autónoma de Galicia, é dicir,
a primeira toma de contacto coa persoa que alerta, tendo a función principal de realizar o
interrogatorio básico no cal se toman datos de filiación do/da enfermo/a, ademais de facer
unha clasificación fundamental do seu nivel de gravidade. Unha minoración do número de
xestores/as telefónicos/as-teleoperadores/as supón unha perda da porcentaxe de chama-
das atendidas, o que implica desatender parte das urxencias vitais en materia de saúde
que acontecen en todo o territorio galego, coas consecuencias directas sobre a mortalida-
de e a supervivencia na poboación.

Pola súa parte, o persoal radiooperador (locutores/as) é o colectivo encargado de acti-


CVE-DOG: 0h9yumz9-tvu6-c034-jxz8-cy0k2t4p3b35

var e realizar o seguimento dos recursos necesarios (ambulancias, helicópteros, persoal


médico e de enfermaría, forzas e corpos de seguridade do Estado, etcétera) para dar unha
resposta inmediata ás emerxencias e garantir unha atención en tempo dos/das doentes e
o seu traslado ata o centro sanitario. Unha diminución no número do posto xestor-locutor
supón un atraso na activación do recurso asistencial, coa consecuente demora na atención
á persoa enferma e implicando un aumento da mortalidade e unha diminución da super-
vivencia nas patoloxías tempo-dependentes como ictus, infarto agudo de miocardio ou
paradas cardiorrespiratorias, entre outras.

A dimensión da sala de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 está esti-


pulada en función do número de chamadas histórico do servizo, por días e tramos horarios,
de maneira que queda garantida a atención do 100 % das chamadas. O índice de cha-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65035

madas perdidas non supera o 3 % e procédese, por protocolo, a chamar a todos aqueles
números que non conseguiron contactar, dado o carácter de urxencia do servizo prestado.

Estas circunstancias, unidas á necesidade de garantir a presenza do persoal que poida


atender de forma permanente a actividade imprescindible nese ámbito, así como a aten-
ción urxente e permanente que non pode aprazarse sen consecuencias negativas para a
saúde, fan imprescindible garantir a cobertura do 100 % das presenzas habituais no dito
servizo.

Polo tanto, resultarán designados como servizos mínimos o total de efectivos estable-
cidos para cadansúa franxa horaria obxecto desta convocatoria de folga, de acordo co
exposto no anexo desta orde.

Artigo 2

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será realiza-
da pola empresa e notificada ao persoal designado.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos
taboleiros de anuncios do centro ou entidade con suficiente antelación.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga
poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que, voluntaria-
mente, acepte o cambio de xeito expreso.
CVE-DOG: 0h9yumz9-tvu6-c034-jxz8-cy0k2t4p3b35

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento


dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no arti-
go 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm.
58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos
que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco
sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65036

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas


legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos es-
tablecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de
sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023

Julio García Comesaña


Conselleiro de Sanidade

ANEXO
Efectivos de servizos mínimos* Central de Coordinación
de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Persoal teleoperador Persoal radiooperador (locutor/a)


Luns Sábados Festivos de Luns Sábados Festivos de
laborables ou laborables ou martes a laborables ou laborables ou martes a
festivos festivos venres festivos festivos venres
12.00-13.00 11+2 11+2 11+2 6+2 6+2 5+2
13.00-14.00 11+2 11+2 11+2 6+2 6+2 5+2
19.00-20.00 10+2 10+2 10+2 5+2 5+2 5+2
CVE-DOG: 0h9yumz9-tvu6-c034-jxz8-cy0k2t4p3b35

20.00-21.00 10+2 10+2 10+2 5+2 5+2 5+2

*Inclúense como sumandos servizos de presenza física e gardas localizadas, respectivamente.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like