You are on page 1of 5

DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx.

53797

VI. ANUNCIOS

A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ACORDO do 30 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que


se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización
administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en
concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de
Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/301-1).

Expediente: IN407A 2023/301-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CTI, RBT Seixas e ampliación potencia CT Piñeiros (15ATY0).

Concello: Malpica de Bergantiños.

1. Características técnicas:

Modificación, mantendo a súa localización actual na parcela con referencia catas-


tral 15044A015012610000ET, do apoio nº 135 (matrícula 9SQPPKIS) metálico tipo
AM‑AL‑CH‑630/11-CR pertencente á arquitectura da liña BRT-803 rexistrada no expedien-
te IN407A 2016/2253-1, consistente na instalación dunha nova cruceta para derivación e
de elementos de protección e manobra tipo XS.
CVE-DOG: mbxa3yk1-vbz2-fjy2-cw43-0wxccoi79cq0

Nova LMT aérea a 20 kV, de 81 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 tendi-
do sobre dous (2) apoios metálicos tipo AM-C-1000/14-H35-CA(CS) (apoio Pro-1) e
FL‑C‑2000/14‑H35-CA (apoio Pro-2), con orixe no apoio nº 135 modificado e remate no
novo apoio metálico Pro-2. Neste novo apoio Pro-2, que se situará na parcela con refe-
rencia catastral 15044A015000800000EJ, no lugar de Seixas, proxéctase a instalación
dun novo centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA de potencia e relación de
transformación de 20/0,4-0,23 kV, dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé
de imaxe térmica e cadro de baixa tensión.

Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT intemperie Piñeiros (ex-


pediente IN407A 2002/288-1/matrícula 15ATY0) de 50 kVA de potencia e relación de trans-
formación 20/0,4-0,23 kV.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53798

En substitución do CT Piñeiros que se vai desmantelar, no mesmo apoio nº 74-5-1-CT


(matrícula 9R7RK8NQ), de formigón tipo FL-HVH-1600/13 pertencente á arquitectura do
treito da liña CBA-805 autorizado no expediente IN407A 1996/1-1, proxéctase a instala-
ción dun novo CT intemperie de 100 kVA de potencia e relación de transformación de
20/0,4‑0,23 kV dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e
cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva).

Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) existente na zona, actualmen-


te alimentada polo CT Piñeiros por desmantelar. Proxéctanse as seguintes operacións:

– Orixe: cadro de baixa tensión do novo CT intemperie proxectado. Conexión coa rede
de baixa tensión existente mediante a instalación dun circuíto composto por 9 metros
de condutor aéreo tipo RZ 3(1×150/80 mm² Al/Alm) e 53 metros de condutor soterrado
tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al) que remata en acoplamento por realizar en apoio de
formigón tipo HV-250/9 existente. A partir deste punto desmontaranse 163 metros da rede
aérea de baixa tensión (RBTA) en diferentes condutores, que será substituída por 163 me-
tros de nova rede en condutor tipo RZ 3(1×95/54,6 mm² Al/Alm) ata un apoio de formigón
tipo HV-300/9 existente e terá continuidade con outros 163 metros de nova rede en condu-
tor tipo RZ 3(1×95/54,6 mm² Al/Alm) que rematará nun apoio de formigón tipo HV-630/11
existente.

– Orixe: cadro de baixa tensión do novo CT Piñeiros reformado. Conexión coa rede
de baixa tensión existente mediante a desmontaxe de 13 metros de condutor aéreo
tipo RZ 3(1×95/54,6 mm² Al/Alm) que é substituído por 13 metros de condutor aéreo (dous
circuítos) tipo RZ 3(1×150/80 mm² Al/Alm). Un deles remata no acoplamento que se reali-
zará en apoio de formigón tipo HV-630/9 existente. O outro circuíto continúa a partir deste
CVE-DOG: mbxa3yk1-vbz2-fjy2-cw43-0wxccoi79cq0

acoplamento durante un treito de 120 metros ata alcanzar o novo apoio de formigón tipo
HV-630/9 proxectado. Desde este apoio, tenderase un novo circuíto soterrado de baixa
tensión (RBTS) de 89 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al)
ata rematar nun apoio de formigón tipo HV-630/11 existente.

– Outras melloras na rede. Desde o apoio de formigón tipo HV-300/9 existente situado
á beira da Casa do Zoqueiro ata o apoio de formigón tipo HV-250/9 existente, proxéctase o
tendido de 84 metros de condutor soterrado tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administra-


cións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53799

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do
2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de de-


cembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de


transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autoriza-
ción de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de au-


torización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de
decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17


de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropia-


ción forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de


necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctri-


co, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición
CVE-DOG: mbxa3yk1-vbz2-fjy2-cw43-0wxccoi79cq0

dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei
de expropiación forzosa.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias


da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria
e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das
9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello.
Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta conse-
llería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-
electricas-distribucion-e-transporte

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53800

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos pre-
dios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de derei-
tos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán
examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións
que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última
publicación deste acordo.

A Coruña, 30 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca


Xefe territorial da Coruña
CVE-DOG: mbxa3yk1-vbz2-fjy2-cw43-0wxccoi79cq0

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


CVE-DOG: mbxa3yk1-vbz2-fjy2-cw43-0wxccoi79cq0

ANEXO

DOG Núm. 180


Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/301-1.


Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CTI, RBT Seixas e ampliación potencia CT Piñeiros (15ATY0).
Concello: Malpica de Bergantiños.
ISSN1130-9229

LMT aérea-voo
Afección pleno dominio
(servidume de paso
Parcela (LMT, CT e/ou apoios)

Xoves, 21 de setembro de 2023


Propietario/titular Referencia catastral Lugar de enerxía eléctrica) Natureza do terreo
proxecto
CT/nº do apoio Superficie (m²) Lonxitude (m) Superficie (m²)
Depósito legal C.494-1998

1 Descoñecido 15044A015012610000ET Chousa da Costa Novo apoio Pro-1 2 177 Rústico. Agrario. Matogueira

2 Descoñecido 15044A015000800000EJ Costa Novo apoio Pro-1 (CTI) 2 149 Rústico. Agrario. Matogueira

3 Descoñecido 15044A015000370000EK Agro Rouco 137 Rústico. Agrario. Matogueira


https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Páx. 53801

You might also like