You are on page 1of 2

DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx.

54075

VI. ANUNCIOS

A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ANUNCIO do 7 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense,


polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das
persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións
por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do proce-


demento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se
puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co
contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa pu-
blicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos
arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes
de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo as comunicacións de inicio ou re-
solucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase
este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un


prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste
anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren a documen-
tación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora


CVE-DOG: othejis6-lf20-pbu8-div0-8lobhojfzyn4

esgota a vía administrativa e poderán interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles
desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa
previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da
xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en ma-
teria de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular
demanda, perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a
partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñe-
cemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de
emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54076

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segun-
do, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 7 de setembro de 2023

Yago Borrajo Sánchez


Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesado/a
Nº de expediente Acto que se notifica Concello
(DNI/NIE)

Comunicación de inicio de procedemento


Y6599138S Y6599138S/27-07-2023/2.1.E Ourense
sancionador

Comunicación de inicio de procedemento


Y8350153V Y8350153V/16-06-2023/2.1.E Ourense
sancionador

34994222K 34994222K/10-04-2023/2.1.E Resolución de procedemento sancionador Vilamarín

44484579A 44484579A/25-05-2023/2.1.E Resolución de procedemento sancionador Ourense

44487139X 44487139X/02-06-2023/2.1.E Resolución de procedemento sancionador Ourense

45143405V 45143405V/27-04-2023/2.1.E Resolución de procedemento sancionador Ourense

49711970T 49711970T/07-06-2023/2.1.E Resolución de procedemento sancionador Ourense

Y8148494E Y8148494E/09-05-2023/2.1.E Resolución de procedemento sancionador Ourense


CVE-DOG: othejis6-lf20-pbu8-div0-8lobhojfzyn4

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like