You are on page 1of 1

DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx.

53811

VI. ANUNCIOS

A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ANUNCIO do 31 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo


que se lle notifica ao interesado o trámite de audiencia sobre a solicitude de
autorización para a execución dunha sondaxe de captación de auga no termo
municipal de Xunqueira de Ambía, provincia de Ourense.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do


procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publi-
cación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procede-
mento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se
puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselle a José Manuel Iglesias Cid, co
DNI ***8221**, como persoa interesada para notificarlle o trámite de audiencia en relación
cunha solicitude presentada o 9.8.2023 para a execución dunha sondaxe para a captación
de auga no termo municipal de Xunqueira de Ambía, provincia de Ourense, dentro do perí-
metro de protección do dereito mineiro OU/B/30 O Bañiño do que é titular.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá
comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación
deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas de-
pendencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Ourense da Conse-
llería de Economía, Industria e Innovación, sita na rúa Curros Enríquez, 1-3ª, das 9.00 ás
14.00 horas.
CVE-DOG: wfut9x61-ob18-bcr2-wob9-gppud0bjndh2

Ourense, 31 de agosto de 2023

Alicia María López Míguez


Xefa territorial de Ourense

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like