You are on page 1of 7

TEMA 2.

O CONTRATO DE TRABALLO

1. O CONTRATO DE TRABALLO

O contrato de traballo e un acordo entre o traballador e o empresario por o cal o traballador


comprometese a prestar determinados servizos por conta allea a cambio de unha retribución.

 CAPACIDADE PARA CELEBRAR UN CONTRATO


a) TRABALLADOR:
o Ser maior de 18 anos ou menor de 18 anos legalmente emancipado.
o Maiores de 16 anos poderán celebrar un contrato con autorización dos pais ou
titores.
o Menores de 16 anos non poden celebrar contratos.
o Cidadáns da Unión Europea
o Os cidadáns extra comunitarios deberan obter un permiso de traballo e os
empresarios que desexen contratalos deberan obter un permiso para contratalos.
b) EMPRESARIO:
Debe ser maior de idade ou menor emancipado.
 ELEMENTOS DO CONTRATO DE TRABALLO
a) ELEMENTOS SUBSTANCIAIS DO CONTRATO
Consentimento: debe ser de mutuo acordo entre as dúas partes, de maneira que
ningunha de elas fose obrigada a facer o contrato.
Obxecto: posible e licito (non pode ser contrario as leis)
Causa: debe de prestar un servizo determinado a cambio dunha retribución.
b) FORMA DO CONTRATO

Pode ser escrito ou de forma verbal. Permítense que sexa de palabra os contratos
indefinidos ou o contrato eventual por circunstancias da produción que sexa inferior a 4
semanas a tempo completo.

En calquera momento, calquera das doias partes pode esixir que o contrato sexa por
escrito.

Si non existe contracto por escrito, hai unha presunción de que o contrato verbal sexa
indefinido e a tempo completo, salvo proba en contrario.

c) O contido do contrato
 Lugar e fecha
 Identificación das partes
 Nome do posto de traballo e categoría persoal.
 Lugar onde se realizara o traballo
 Xornada e horario de traballo
 Duración: fecha de comezo e finalización
 Retribución: salario base e complementos
 Duración das vacacións anuais
 Prazo de aviso previo para rescindir do contrato
 Convenio colectivo que regula este contrato
 Outras cláusulas voluntarias:
o Período de proba
o Horas extraordinarias
o Clausuras de competencia desleal, cláusula de permanencia na empresa,
cláusula de exclusividade.

En caso de non figurar a xornada, retribución ou duración das vacacións, o contrato sinala
“segundo ao establecido no convenio”

d) A duración do contrato
Indefinido ou temporal
Se presumirá por tempo indefinido ou a tempo completo salvo proba en contrario os
contratos que:
 Son obrigatorios por escrito e se realizara de palabra
 Non foron dados de alta na Seguridade Social, unha vez que haxa transcorrido a
duración fixada para o período de proba.
 Celebrados en fraude de lei.

 O PERÍODO DE PROBA
E un período de tempo que poden pactar o empresario e o traballador para que ambas
partes comproben si e adecuada a contratación.

o PACTO
 Para que exista período de proba, este debe ser pactado no contrato, por o
que debe figurar antes de empezar a traballar.
 Non se pode pactar si o traballador xa foi contratado antes por a empresa
con outro contrato.
o DURACIÓN
 A duración ven reflectida no Convenio Colectivo, segundo o grupo
profesional. Si este non di nada -------------- sinala:
 Titulados – máximo 6 meses
 Resto – máximo 2 meses (en empresas de menos de 25
traballadores máximo 3 meses)
 Contrato en practicas
 máximo 1 mes
 Contrato temporal inferior a 6 meses ---- 1 mes
 Si se esta de baixa. Maternidade, paternidade, risco durante o embarazo ou
lactancia, pódese pactar que o período de proba se interrompa.
o DEREITOS
 O traballador ten os mesmos dereitos que calquera outro da modelo.
 Calquera parte pode dar por finalizado o contrato durante o período de
proba sen necesidade de aviso previo e sen alegar ningún motivo.
 Neste caso o empresario aboaralle ao traballador, o salario por os días
traballados, pero non indemnización por despido.
2. MODALIDADES DE CONTRATOS.
 CONTRATOS FORMATIVOS
 Contrato de formación en alternancia
 Concepto: e aquel contrato de onde se alterna a actividade laboral retribuída con
formación que pode ser tanto universitaria ou de FP.
 Requisitos: idade límite de 30 anos para os Certificados de profesionalidade 1 e 2
Non debe posuír unha titulación de FP ou universitaria, xa que está alternando eses
estudios con este contrato.
Non pode haber traballado antes en ese posto na mesma empresa por mais de 6
meses.
 Duración: mínima 3 meses e máxima 2 anos. Non se podar volver contratar a ese
traballador con este contrato por a mesma empresa e para a mesma actividade
pero si para outra.
Pode ser a tempo parcial. Non poden facer horas extras. Si poden facer
traballos nocturnos e a ordes. Non hai período de proba.
A baixa laboral, maternidade, risco durante o embarazo, paternidade, etc.
interrompen a duración do contrato.
 Formación: 1er ano---- mínimo 35% formación máximo 65% traballo
2º ano---- mínimo 15% formación máximo 85 % traballo.
Curso de formación nun centro formativo na rede de FP, ou na empresa si ten
autorización.
A formación acreditarase por o PESE cun certificado. Si non dispón da ESO debe
permitir obter eses título.
 Retribución: Debe cumprir unha serie e condicións:
Non inferior ó 60 % ou ó 75 % do salario do grupo profesional no que está
contratado.
Non inferior ó 60 % ou ó 75% do SMI
Estes resultados aplicarán se en función do tempo traballado.
EXEMPLO: Un traballador. Salario convenio 1500 €. Traballa o primeiro ano
o 65% e o segundo ano 85%. SMI 2022 = 1.000,00 €
1º) Non inferior ó 60 % o primeiro ano e ó 75% o segundo ano do salario que marca
o Convenio Colectivo para ese grupo profesional:
Primeiro ano 1500- 60%-900 €
Segundo ano 1500-75%-1125 €
2º) Non inferior ó SMI
1. Primeiro ano- como 900 € é inferior ó SMI collemos 1000 €
2. Segundo ano- 1125 €
3º) % da xornada de traballo:
1. 1º ano: 1000 €- 65 %- 650 €
2. 2º ano: 1125 €- 85 %- 956,25 €

 Contrato para a obtención da práctica profesional.


 Concepto: e o contrato que ten por obxectivo realizar un traballo retribuído que
facilite a practica profesional dunha titulación de FP ou universitaria, ou ben de un
certificado de profesionalidade da FP para o emprego.
Requisitos: posuír un titulo de FP ou de universidade. Realizar o contrato nos 3 anos

seguintes de rematar os estudos.
 Duración: mínimo 6 meses e máximo 1 ano. A baixa laboral, maternidade,
paternidade, risco, lactancia interrompen a duración.
Período de proba: 1 mes ampliable por convenio.
 Retribución: pactada no convenio.
1er ano 60% do salario dun traballador da mesma categoría
2º ano 75% do salario dun traballador da mesma categoría
Sen ser en ningún caso inferior ao SMI.
 CONTRATOS TEMPORAIS

 Eventual por circunstancias da produción


 Obxecto: facer fronte ao incremento de traballo da empresa. Causas:
- Incremento ocasional e imprevisible
- Substituír vacacións
- Incremento ocasional e previsible de duración reducida
 Duración: non pode ser superior a 6 meses nun período de 12. Ampliable por
Convenio a 12 meses en un período de referencia de 18. Só unha prorroga.
Incremento previsible (max 90 días ó ano descontinuos).
 Indemnización: 12 días de salario por cada ano de servizo.
 Contratos inferiores a 30 días- Recargo na cotización a Seguridade Social:
Base min grupo cotización X Tipo de cotización X 3
38,89 X 23,60 % X 3 = 27,54 €
 Substitución de unha persoa traballadora:
 Obxecto: substituír a outro traballador que ten reservado o posto de traballo, ou un
posto de traballo vacante que é obxecto dun proceso de selección.
 Duración: ata que se reincorpore o traballador. En procesos de selección max 3
meses., salvo en administracións públicas.
 Indemnización: non ten
 Encadeamento de contrato temporais.
Cando un traballador realiza un encadeamento de distintos contratos temporais, eventual
por circunstancias da produción chega un momento no que adquire a condiciona de fixo na
empresa.
Os traballadores que foran contratados para o mesmo posto ou distinto cunha cadea de
contratos temporais, de forma continua ou descontinua durante 18 meses, nun período de
24 meses, coa mesma empresa ou grupo de empresas ou ben a través de ETT, pasaran a
fixos. Ao cumprirse os 18 meses en 24 meses, a empresa comunicara en 10 días a
condiciona de fixo. O traballador tamén pode acudir o SEPE para que certifique os contratos
temporais realizados e así poder acreditar a condiciona de fixo na empresa. Os contratos de
substitución non contan.
 CONTRATOS A TEMPO PARCIAL
 Contrato a tempo parcial común
 Concepto: e aquel contrato que por obxecto realizar unha prestación nun numero
de horas ao día, a semana, o mes ou o ano, inferior as que realiza un traballador
comparable do convenio a tempo completo.
 Características:
o Pode ser indefinido ou temporal
o Todas as modalidades poden ser a tempo parcial, salvo o contrato de
formación.
o Nos contratos a tempo parcial non se pode realizar horas extras, pero si
horas complementarias, sempre que a suma de todas as horas (ordinarias e
complementarias) non chegue a unha xornada das horas complementarias.
 Características das horas complementarias
o Pactarse por escrito
o Solo se poden facer si a xornada e superior a 10 horas
o Non pode ser superior o 30% da xornada pactada ou por convenio pode
pactarse o 60 %.
o Aviso previo con tres días de antelación
o Páganse como horas ordinarias
o Ao o ano do pacto pódese renunciar.
 Contrato de relevo e de xubilación parcial
 Obxecto: contratar a un traballador para darlle o relevo a outro que se vai a xubilar a
tempo parcial, para así completar a xornada que este deixa de facer.
 Supón dous contratos:
o Contrato de xubilación a tempo parcial: ten que ter unha antigüidade de al
menos 6 anos na empresa.
o Contrato de relevo: contrato a tempo parcial por a xornada que reduce o
traballador que se xubila.
 Xornada e duración: contrato de xubilación 25% e un 50% ou un 75%.
Contrato de relevo a xornada deixa vacante a tempo completo.
Unha vez que se xubile, non significa que ten que extinguirse a relación do suxeito
do contrato de relevo.
 Indemnización: 12 días de salario por ano de servizo.
 CONTRATOS INDEFINIDOS
 Contrato fixo-descontinuo.
 Concepto: Contrato que alterna períodos de traballo e de non traballo nunha
actividade que se repite de forma cíclica
 Causas: - Traballos estacionais ou de temporada (actividades agrícolas de
temporada)
- Traballos non estacionais pero intermitentes con períodos de execución certos
(profesora)
- Prestar servizos en contratas, as cales son previsibles e forman parte da
actividade normal da empresa
- Tamén se poden celebrar entre ETTs e traballadores cedidos.
 Características:
Criterios de chamamento recollidos en Convenio. Deben ser por escrito o por
calquera medio que deixe constancia.
O tempo entre chamamentos computa como antigüidade.
Os fixos descontinuos teñen dereito a solicitar estas vacantes que se xeran na
empresa.
Por Convenio pódese crear unha bolsa para favorecer a contratación e a
formación continua.
 Contratos indefinido ordinario
Contrato que se prolonga no tempo ata que unha causa poña fin a súa duración.

3. EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL


 Concepto: son empresas que a súa actividade principal e contratar a traballadores
para cedelos temporalmente a outras empresas usuarias, de onde realmente se vai
a facer a prestación do traballo.
 Tres relaciona:
o ETT-EU:
o ETT - EU
 contrato de posta a disposición (a ETT cede traballadores a empresa
usuaria, e este págalle unha cantidade a cambio.
 Solo se poden ceder trabajadores contratados temporalmente.
o ETT – trabajadores
 Contrato de traballo
 ETT para salarios, seguridade social e indemnizacións
 ETT formación
 trabajadores – Cobra cantidade que outro da empresa (vacacións,
extras, descansos)
o EU – trabajador
 EU– Dirección e control sobre o WOR
 EU debe informar sobre os riscos
 trabajadores dereitos como si fora da empresa (transportes,
instalación e acudir aos representantes)
4. NOVAS FORMAS FLEXIBLES DE ORGANIZACIÓN NO TRABALLO
 TRADE: traballador autónomo economicamente independente.
E aquel traballador que traballa principalmente para unha soa empresa.
Requisitos:
 Ingresos do cliente: pa 75%
 Non ter contratados a outros traballadores
 Non mesturarse con traballadores de outras empresas
 No ser titular de locais ou oficinas abertas ao publico.
 Dispor de materiais propios para facer a actividade.
 Correr co risco da actividade.
 TRABALLO A DISTANCIA
E aquel traballo que se realiza no domicilio do traballador ou nun lugar elixido por este.
 TELETRABALLO
E aquel traballo que non exixe unha presenza no lugar de traballo e para o que se utiliza
como ferramenta de traballo as novas tecnoloxías de información e comunicacións.

You might also like