You are on page 1of 5

EXERCICIOS U.D. AVALACIACIÓN DE RISCOS PROFESIONAIS.

A) Para facer na casa:

1. Que significado lle damos á integración das actividades preventivas na empresa?

2. Que apartados debe incluir un Plan de Prevención na empresa?

3. Que instrumentos básicos ten un Plan de Prevención?

4. Que diferenzas hai entre un Plan de Prevención e un Plan de Autoprotección?

5. Que debe facerse cando un risco non pode ser evitado?

6. En que momentos e con que alcance debe realizarse unha avaliación de riscos?

7. Explica as etapas básicas dunha avaliación de riscos.

8. Cando se poden utilizar as listas de chequeo para avaliar os riscos? E en que consisten?

9. Que factores son obxecto de medición na Matriz de Riscos? Cal pode ser a valoración dun
risco?

10. Sinala as accións que debe efectuar a empresa se da avaliación resulta que o risco é
intolerable.

B) Actividades:

1) Ordea as seguintes situación de maior a menor integración da prevención na xestión da


empresa:

a. O Xefe do Dpto. de Compras ten por costume solicitar un informe previo ao Servizo de
Prevención ante calquera situación relacionada cos riscos laborais.

b. O Servizo de Prevención implanta, vixila e controla as actividades do Dpto. de Compras


relacionadas coa prevención.

c. O Xefe do Dpto. de Compras toma tódalas decisións relacionadas coa prevención de riscos
laborais, agás aquelas de carácter especializado. Neste caso, consúltaas co Servizo de
Prevención.

2) Valora as seguintes circunstancias segundo reflexen bastante, algo ou pouco a integración


da prevención no sistema de xestión da empresa:
a. Cando se contrata novos traballadores, dáselles un prazo dunha semana para que sexan eles
os que merquen as botas de seguridade. Mentres, poden utilizar calzado que teña algún
tipo de reforzó, como o calzado de montaña.

b. Na empresa acaban de instalarse os aparatos que permiten envolver os paraugas en


plásticos para evitar que mollen o chan e que se poida esvarar.

c. Acábase de nomear un coordinador de prevención de riscos profesionais en cada planta da


empresa, encargado da organización de medios materiais e humanos nesta materia e
que dependerá funcionalmente do Servizo de Prevención.

d. O Convenio Colectivo da empresa establece como falta leve non utilizar os EPIs obrigatorios.
A acumulación de tres faltas leves constitúe unha grave; e a acumulación de tres graves
constitúe unha falta moi grave que pode ser sancionada mesmo co despedimento.

e. O lugar habitual para que aparquen os camións de repartición é a entrada principal da


empresa, para evitar ir dar a volta tres mazás máis adiante, o que permitiría facelo
diante da porta do almacén.

f. Os traballadores quéixanse de que as ferramentas están en mal estado: os martelos teñen o


mango frouxo, ou a cabeza deteriorada; o illamento de seguridade dos alicates está
raiado; o dispositivo de bloqueo do acelerador das motoserras non funciona…

3) Un responsable dunha sala de despiece intenta de forma habitual os chans e teitos de


azulexos cunha solución desinfectante e limpadora, que resulta ser moi efectiva, pero os
traballadores ao seu cargo quéixanse continuamente de mareos e dores de cabeza.
Despois de asistir a un curso sobre o xeito de integrar as actividades preventivas no seu
traballo habitual, decide plantexarse as seguintes opcións:

a. Poñerse en contacto co Servizo de Prevención para que solucione o problema o antes


posible.

b. Darlles aos seus traballadores máscaras para a súa aplicación, seguindo cos mesmos
produtos, xa que son moi eficaces.

c. Comprobar as etiquetas e fichas de seguridade do produto para verificar que se está a


aplicar correctamente; e de non ser así, tomar medidas informativas e de adestramento,
poñendo en coñecemento do Servizo de Prevención as distintas accións emprendidas.

d. Interrumpir a aplicación do tratamento e poner en coñecemento da Inspección de Traballo


os feitos.

4) Unha empresa de produtos lácteos realiza as súas actividades en tres quendas ao longo das
24 horas do día. Traballan 40 homes e 60 mulleres; entre eles, hai 12 menores de idade
e 4 persoas con discapacidade psíquica. Nos últimos anos, a empresa tivo varias
denuncias de organizacións ecoloxistas por verteduras a un río próximo, polo que ten
aberto un procedemento penal. Tamén ocorreron diversos accidentes de traballo. Hai
pouco nomeouse unha nova Dtora. Xeral que decidiu definir unha nova política
preventiva a través da seguinte declaración: “O noso compromiso é protexer a
seguridade e saúde de tódolos nosos empregados, coa convicción de que os accidentes
e enfermidades de orixe laboral poden e deber ser evitados; e a nosa responsabilidade
social obríganos a preservar o medio ambiente”. A partir desta declaración, formula
metas e obxectivos específicos en que debe concretarse esta política.

5) Construcións Metálicas ROJO S.L. dedicada á montaxe de grandes estruturas ten distintos
centros:

• No Poligono de Pocomaco de A Coruña dispón da súa sede central onde prestan servizos 247
fixos de plantilla, ten actualmente contratados a 60 traballadores eventuais, que
realizaron no último ano 650 xornadas.

• En Narón ( A Coruña) conta con 200 traballadores fixos.

• No Ceao (Lugo) ten un cadro de persoal de 40 traballadores fixos e 10 traballadores


temporais que realizaron un total de 3000 xornadas no último ano.

Indica as distintas posibilidades que ten a empresa de constituír e organizar a prevención.

6) A conserveira Todomar S.A. , cun cadro de persoal de 120 traballadores, non conta cun
servizo de prevención propio para organizar a actividade preventiva, posto que, quen
asume esas tarefas é o seu propietario, D. Fernando Hidalgo, Técnico Superior en
Prevención de Riscos Laborais nas especialidades de Seguridade e Hixiene industrial,
porén ten contratadas as actividades de vixilancia da saúde cun Servizo de prevención
alleo. ¿É correcta tal situación?

7) Os seguintes enunciados son falsos. Redáctalos de novo para que sexan correctos:

a. O Plan de Prevención é un instrumento da avaliación de riscos laborais.

b. O Plan de Prevención é realizado polo empresario e aprobado polo Servizo de Prevención


como órgano especializado na empresa.

c. Non é preciso que tódolos traballos coñezan o Plan de Prevención. É suficiente con
informarlles aos representantes dos traballadores.
8) A empresa Mobles López comeza a súa actividade empresarial e ordea a tódolos seus
traballadores que realicen unha avaliación de riscos nos seus postos de traballo coa fin
de controlar os riscos que teñan, dándolles un prazo de seis meses. Despois deses 6
meses, deberán entregar unha declaración conforme a efectuaron. Que erros
preventivos contén a orde desta empresa?

9) Algunhas das actividades que figuran a continuación obrigan a que o empresario elabore un
Plan de Autoprotección que xa engloba o Plan de Prevención. Indica cales poden ser:
IES, salón de peiteado, laboratorio de investigación clínica, cine, consultoría, panadería,
refinería, estanco, librería e fábrica de pneumáticos.

10) A empresa Limpezas Trigo, S.L., realizou unha avaliación inicial de riscos da súa actividade
para elaborar o seu Plan de Prevención. A dirección decidiu centrarse no almacén de
produtos químicos, na nave de furgonetas, nas zonas de tránsito e nos baños e
vestiarios, posto que as zonas de oficina non tiveron accidentes, e como os lugares de
traballo varían segundo o servizo contratado, consideran que é dabondo. Unha vez
realizada a avaliación, optaron por realizar medidas correctoras en aqueles riscos
cualificados como importantes, pois co resto pódese convivir sen ter que pensar que
poidan suceder accidentes. Analiza esta situación e detecta posibles deficiencias na
xestión preventiva desta empresa. Tendo en conta as características desta empresa, que
métodos de avaliación de riscos utilizarías?

11) Valora os seguintes riscos dende o punto de vista da probabilidade e as súas consecuencias
segundo o método da Matriz de Riscos, e indica cal é a primeira medida que
acometerías para a súa solución:

a. Nun edificio público con 400 traballadores os chanzos de acceso son esvaradíos e cando
están mollados medra o risco, o que ocorre sempre que chove porque están ao aire
libre. Ultimamente rexistráronse unha serie de resbalóns que deron lugar a
magulladuras, mesmo un pequeno traumatismo ao non contar con pasamáns no lado
aberto. O acceso é moi concorrido.

b. Uns pintores de exterior traballan nun andamio sen varanda, a unha altura de 15 metros e
sen usar os cintos de seguridade.

c. Unha escaleira manual de 7 metros cun chanzo defectuoso situado a 0,5 metros do chan e
utilizado frecuentemente.

d. Unha escaleira manual de 7 metros cun chanzo defectuoso situado a 6 metros do chan e
utilizado ocasionalmente.
e. Un traballador da construción traballa nunha zanxa de 6 metros de profundidades en
entibar, con lama branda.

12) A empresa Texgal ten dispersos por toda Galicia pequenos talleres de confección que, na
súa maior parte, están formados por traballadores a domicilio. Luisa e o seu home
dedican unha pequena habitación do seu domicilio a confeccionar saias. Para iso, conta
cunha máquina de coser, unha remalladora, unha abotonadora e unha plancha de vapor
nun pequeno espazo de 5 metros cadrados. Os riscos detectados son: golpes e cortes,
fatiga visual, queimaduras por radiacións, inhalación de sustancias, xordeira
ocupacional. Valora estes riscos segundo o método da Matriz de Riscos.

You might also like