You are on page 1of 2

1.

Cubre os seguintes espazos en branco:


a. A Directiva 89/391/CEE, que establece os dereitos e obrigas xerais do empresario e dos/das
traballadores/as no que se refire á mellora da seguridade e a saúde no traballo, coñécese como
directiva [_________________] de seguridade.
b. As directivas comunitarias pasan a formar parte da lexislación de cada país por medio dunha
adaptación que se denomina [_________________].
c. "[_________________] dos traballadores" establece, no seu artigo 19.2 que "o traballador está
obrigado a observar no seu traballo as medidas legais e regulamentarias de seguridade e hixiene".
d. A norma legal española máis importante sobre seguridade e saúde no traballo é a
[_________________].

2. Sinala a cal dos principios da acción preventiva se atende nos seguintes supostos:
a. Un empresario merca unha cadeira ergonómica para a persoa que traballa como administrativo na
empresa.
b. Póñense no laboratorio uns extractores para evitar o uso de máscaras polos traballadores.
c. Como cos extractores non se elimina o risco, contrólase a presenza de tóxicos no ambiente, a súa
concentración e o tempo mínimo de exposición que resulta prexudicial.
d. O empresario informa ós traballadores do manexo dunha nova máquina adquirida para a empresa.

3. Nunha empresa dedicada á fabricación de pinturas usan disolventes. Para evitar os danos na
saúde dos traballadores adoptáronse unha serie de medidas preventivas. Indica o principio da
acción preventiva que se utiliza en cada caso:
a. Proporcionar información e formación sobre o risco do uso de disolventes e a súa correcta
b. utilización.
c. Empregar a cantidade indispensable de disolvente.
d. Realizar medicións das concentracións de gases producidos polos disolventes.
e. Contratar a un técnico de prevención que elabore o plan de prevención de riscos
Solucións

Exericio 1

a. Marco
b. Transposición
c. Estatuto
d. Lei de prevención de riscos laboráis

Exercicio 2

a. Adaptar o traballo á persoa


b. Adoptar medidas que antepoñan a protección colectiva á individual
c. Avaliar os riscos que non se poidan evita
d. Dar as debidas instrucións aos traballadores

Exercicio 3

a. Dar as debidas instrucións aos traballadores


b. Combater os riscos na súa orixe/ Evitar os riscos
c. Avaliar os riscos que non se poidan evitar
d. Planificar a prevención

You might also like