You are on page 1of 3

1.

12 Módulo profesional: formación en centros de tra-


ballo
 Código: MP0220.
 Duración: 410 horas.

1.12.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación


 RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa, en relación co tipo de servizo
que presta.
– CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.
– CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo
existentes no sector.
– CA1.3. Relacionáronse as características do servizo e o tipo de clientes co desenvol-
vemento da actividade empresarial.
– CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da presta-
ción de servizo.
– CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desen-
volvemento óptimo da actividade.
– CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta activi-
dade.
 RA2. Amosa hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesio-
nal, de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos estableci-
dos na empresa.
– CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:
– Dispoñibilidade persoal e temporal necesarias no posto de traballo.
– Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza,
responsabilidade, etc.) necesarias para o posto de traballo.
– Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.
– Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.
– Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na
empresa.
– Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito
laboral.
– Necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito cientí-
fico e técnico do bo facer do profesional.
– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos
fundamentais da lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade pro-
fesional.
– CA2.3. Puxéronse en marcha os equipamentos de protección individual segundo os
riscos da actividade profesional e as normas da empresa.
– CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo ambiente nas actividades desen-
volvidas.
– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo
e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

Páxina 77 de 90
– CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado, interpretando e cumprindo as ins-
trucións recibidas.
– CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada si-
tuación e cos membros do equipo.
– CA2.8. Coordinouse co resto do equipo, comunicando as incidencias salientables.
– CA2.9. Valorouse a importancia da súa actividade e a necesidade de adaptación aos
cambios de tarefas.
– CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e dos procedementos no de-
senvolvemento do seu traballo.
 RA3. Realiza operacións de preparación da actividade laboral, aplicando técnicas e
procedementos de acordo con instrucións e normas establecidas.
– CA3.1. Identificouse a documentación asociada á preparación dos procesos laborais
que cumpra desenvolver.
– CA3.2. Utilizáronse os procedementos de control de acordo coas instrucións e as
normas establecidas.
– CA3.3. Identificáronse as necesidades de acondicionamento dos espazos nos que se
vaia realizar a actividade laboral.
– CA3.4. Aplicáronse correctamente os criterios para o inicio da actividade laboral,
tendo en conta as instrucións e as normas establecidas.
– CA3.5. Recoñecéronse e determináronse as necesidades das persoas destinatarias do
servizo, tendo en conta os protocolos establecidos.
– CA3.6. Realizáronse correctamente os procedementos para o primeiro contacto coas
persoas en situación de dependencia, utilizando medios e aplicando técnicas, segun-
do as instrucións e as normas establecidas.
– CA3.7. Identificáronse as dificultades xurdidas no proceso de preparación da activi-
dade laboral.
– CA3.8. Realizáronse todas as actividades de preparación, tendo en conta os princi-
pios de respecto á intimidade das persoas usuarias.
 RA4. Pon en práctica as actividades previstas no plan de traballo, tendo en conta a rela-
ción das instrucións e das normas establecidas coa aplicación de procedementos e téc-
nicas inherentes ás actividades que haxa que desenvolver.
– CA4.1. Identificouse a documentación asociada aos procesos laborais que cumpra
desenvolver.
– CA4.2. Realizáronse as tarefas seguindo os procedementos establecidos.
– CA4.3. Realizáronse todas as actividades laborais tendo en conta os criterios deonto-
lóxicos da profesión.
– CA4.4. Respectouse a confidencialidade da información relativa ás persoas usuarias
coas que se teña relación.
– CA4.5. Amosáronse as actitudes adecuadas ao tipo de persoa usuaria, de situación e
de tarefa.
– CA4.6. Empregáronse os recursos técnicos apropiados á actividade.
– CA4.7. Seguíronse os procedementos establecidos na utilización dos recursos técni-
cos.
– CA4.8. Relacionáronse as técnicas empregadas coas necesidades das persoas desti-
natarias do servizo.
 RA5. Cumpre criterios de seguridade e hixiene, actuando segundo normas hixiénico-
sanitarias, de seguridade laboral e de protección ambiental.

Páxina 78 de 90
– CA5.1. Recoñecéronse as normas hixiénico-sanitarias de obrigado cumprimento re-
lacionadas coa normativa legal e as específicas da propia empresa.
– CA5.2. Recoñecéronse os comportamentos e as aptitudes susceptibles de producir
problemas hixiénico-sanitarios ou de seguridade.
– CA5.3. Empregouse a vestimenta axeitada para a actividade.
– CA5.4. Aplicáronse os equipos de protección individual segundo os riscos da activi-
dade profesional e as normas da empresa.
– CA5.5. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que haxa que
aplicar na actividade profesional e os aspectos fundamentais da lexislación aplica-
ble.
– CA5.6. Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades de-
senvolvidas, e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.
– CA5.7. Aplicáronse as operacións de recollida, selección, clasificación e elimina-
ción ou vertedura de residuos.
 RA6. Analiza o servizo prestado, en relación cos criterios de calidade do procedemento
de intervención.
– CA6.1. Valorouse o grao de cumprimento das instrucións recibidas para a realiza-
ción da actividade laboral.
– CA6.2. Identificouse a documentación asociada aos procesos de control e seguimen-
to da súa actividade.
– CA6.3. Amosouse unha actitude crítica coa realización das actividades.
– CA6.4. Comprobouse que se seguira o procedemento establecido para a realización
das tarefas.
– CA6.5. Aplicáronse os criterios deontolóxicos da profesión na realización das acti-
vidades profesionais.
– CA6.6. Argumentouse a adecuación das técnicas e dos recursos empregados.
Este módulo profesional contribúe a completar as competencias deste título e os obxecti-
vos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzaran no centro educativo como os de difícil con-
secución nel.

Páxina 79 de 90

You might also like