You are on page 1of 4

MÓDULO PROFESIONAL: PROXECTO DE ENERXÍAS RENOVABLES

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as
poidan satisfacer. (NECESIDADES DO SECTOR PRODUCTIVO)
– CA1.1. Clasificáronse as empresas do sector polas súas características organizativas e o
tipo de produto ou servizo que ofrezan. (CLASIFICACIÓN ORGANIZATIVA DAS
EMPRESAS)
– CA1.2. Caracterizáronse as empresas tipo e indicouse a súa estrutura organizativa e as
funcións de cada departamento. (CARACTERIZACIÓN DAS EMPRESAS TIPO)
– CA1.3. Identificáronse as necesidades máis demandadas ás empresas. (NECESIDADES
MÁIS DEMANDADAS)
– CA1.4. Valoráronse as oportunidades de negocio previsibles no sector.
(OPORTUNIDADES DE NEGOCIO)
– CA1.5. Identificouse o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas
previstas. (TIPO DE PROXECTO REQUERIDO)
– CA1.6. Determináronse as características específicas requiridas ao proxecto.
(CARACTERÍSTICAS ESPECÍFICAS REQUIRIDAS)
– CA1.7. Determináronse as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos, e as
súas condicións de aplicación. (OBRIGAS E CONDICIÓNS DE APLICACIÓN)
– CA1.8. Identificáronse as axudas e as subvencións para a incorporación de novas
tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan. (AXUDAS E SUBVENCIÓNS)
– CA1.9. Elaborouse o guión de traballo para seguir na elaboración do proxecto.(GUIÓN DE
TRABALLO)
RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, onde inclúe
e desenvolve as fases que o compoñen. (DESEÑO E FASES DO PROXECTO)
– CA2.1. Compilouse información relativa aos aspectos que se vaian tratar no proxecto.
(COMPILACIÓN DE INFORMACIÓN)
– CA2.2. Realizouse o estudo da viabilidade técnica do proxecto. (ESTUDO DE
VIABILIDADE TÉCNICA)
– CA2.3. Identificáronse as fases ou as partes que compoñen o proxecto, e o seu contido.
(FASES DO PROXECTO)
– CA2.4. Establecéronse os obxectivos procurados e identificouse o seu alcance.
(OBXECTIVOS PROCURADOS)
– CA2.5. Prevíronse os recursos materiais e persoais necesarios para realizar o proxecto.
(RECURSOS MATERIAIS E PERSOAIS)
– CA2.6. Realizouse o orzamento correspondente. (ORZAMENTO)
– CA2.7. Identificáronse as necesidades de financiamento para a posta en marcha do
proxecto. (FINANCIACIÓN)
– CA2.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para o seu deseño.
(DOCUMENTACIÓN PARA DESEÑO)
– CA2.9. Identificáronse os aspectos que cumpra controlar para garantir a calidade do
proxecto. (CONTROL DE CALIDADE)
RA3. Planifica a posta en práctica ou a execución do proxecto, para o que determina o

1 Alejandro Roldán Rodríguez


plan de intervención e a documentación asociada. (PLAN DE INTERVENCIÓN E
DOCUMENTACIÓN)
– CA3.1. Estableceuse a secuencia de actividades ordenadas en función das necesidades
de posta en práctica. (SECUENCIA DE ACTIVIDADES)
– CA3.2. Determináronse os recursos e a loxística necesarios para cada actividade.
(RECURSOS E LOXÍSTICA)
– CA3.3. Identificáronse as necesidades de permisos e autorizacións para levar a cabo
as actividades. (PERMISOS E AUTORIZACIÓNS)
– CA3.4. Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.
(PROCEDEMENTOS DE ACTUACIÓN)
– CA3.5. Identificáronse os riscos inherentes á posta en práctica e definiuse o plan de
prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios. (RISCOS E
PREVENCIÓN)
– CA3.6. Planificouse a asignación de recursos materiais e humanos, e os tempos de
execución. (RECURSOS E TEMPOS)
– CA3.7. Fíxose a valoración económica que dea resposta ás condicións da posta en
práctica. (VALORACIÓN ECONÓMICA)
– CA3.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a posta en práctica
ou execución. (DOCUMENTACIÓN PARA EXECUCIÓN)
RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto, e
xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados. (PROCEDEMENTOS
DE SEGUIMENTO E CONTROL)
– CA4.1. Definiuse o procedemento de avaliación das actividades ou intervencións.
(AVALIACIÓN DE ACTIVIDADES)
– CA4.2. Definíronse os indicadores de calidade para realizar a avaliación. (INDICADORES
DE CALIDADE)
– CA4.3. Definiuse o procedemento para a avaliación das incidencias que se poidan
presentar durante a realización das actividades, así como a súa solución e o seu rexistro.
(AVALIACIÓN, SOLUCIÓN E REXISTRO)
– CA4.4. Definiuse o procedemento para xestionar os cambios nos recursos e nas
actividades, incluíndo o sistema para o seu rexistro. (XESTIÓN DE CAMBIOS)
– CA4.5. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a avaliación das
actividades e do proxecto. (DOCUMENTACIÓN PARA AVALIACIÓN)
– CA4.6. Estableceuse o procedemento para a participación na avaliación das persoas
usuarias ou da clientela, e elaboráronse os documentos específicos. (AVALIACIÓN DAS
USUARIAS)
– CA4.7. Estableceuse un sistema para garantir o cumprimento do prego de condicións do
proxecto, cando este exista. (CUMPRIMENTO DE CONDICIÓNS)
RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado, e xustifica o procedemento
seguido. (INFORME DO PROXECTO)
– CA5.1. Enunciáronse os obxectivos do proxecto. (OBXECTIVOS DO PROXECTO)
– CA5.2. Describiuse o proceso seguido para a identificación das necesidades das
empresas do sector. (NECESIDADES DO SECTOR EMPRESARIAL)
– CA5.3. Describiuse a solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de
deseño. (SOLUCIÓN ADOPTADA)
– CA5.4. Describíronse as actividades en que se divide a execución do proxecto.
(ACTIVIDADES DO PROXECTO)

2 Alejandro Roldán Rodríguez


– CA5.5. Xustificáronse as decisións tomadas de planificación da execución do proxecto.
(PLANIFICACIÓN)
– CA5.6. Xustificáronse as decisións tomadas de seguimento e control na execución
do proxecto. (SEGUEMENTO E CONTROL)
– CA5.7. Formuláronse as conclusións do traballo realizado en relación coas necesidades
do sector produtivo. (CONCLUSIÓNS)
– CA5.8. Formuláronse, de ser o caso, propostas de mellora. (PROPOSTAS DE MELLORA)
– CA5.9. Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.
(ACLARACIÓNS)
– CA5.10. Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.
(FERRAMENTAS INFORMÁTICAS PARA PRESENTACIÓN)

Orientacións pedagóxicas

Este módulo complementa a formación doutros módulos profesionais nas funcións de


análise do contexto, deseño e organización da intervención, e planificación da súa
avaliación. (FUNCIÓNS COMPLEMENTARIAS DO MÓDULO)
- A función de análise do contexto abrangue as subfuncións de compilación de
información, identificación e establecemento de prioridades de necesidades, e
identificación dosaspectos que faciliten ou dificulten o desenvolvemento da
intervención. (ANÁLISE DO CONTEXTO)
- A función de deseño da intervención ten como obxectivo establecer as liñas xerais
desta para dar resposta ás necesidades detectadas, definíndoo en todos os seus
aspectos. Inclúe as subfuncións de definición ou adaptación da intervención,
establecemento da secuencia e das prioridades das accións, planificación da
intervención, determinación de recursos, planificación da avaliación, e deseño de
documentación e do plan de atención á clientela. (DESEÑO DA INTERVENCIÓN)
- A función de organización da intervención abrangue as funcións de detección de
demandas e necesidades, programación, xestión, coordinación e supervisión da
intervención, e elaboración de informes. (ORGANIZACIÓN DA INTERVENCIÓN)

3 Alejandro Roldán Rodríguez


4 Alejandro Roldán Rodríguez

You might also like