You are on page 1of 5

1.- Vantaxes e inconvenientes dos criterios de valoración biolóxicos.

Os controis biolóxicos teñen sobre os ambientais as seguintes vantaxes:


 Teñen en conta todas as vías de entrada e non só a respiratoria.
 Reflicten a influencia dos hábitos hixiénicos da persoa.
 Consideran as diferenzas individuais en canto á resposta do organismo fronte aos
contaminante.
 Poñen de manifesto a existencia de exposicións extralaborais.
Pero os controis biolóxicos tamén presentan os seguintes inconvenientes:
 Existen poucos valores de referencia.
 A obtención da mostra pode ser difícil e incómoda para o traballador.
2.- En que consiste o control biolóxico? Exemplos de para que se debe usar.
O control biolóxico consiste en medir e valorar a presenza de determinados indicadores
biolóxicos nos fluídos biolóxicos do traballador, co obxecto de determinar o posible
risco para a súa saúde.
Os criterios de valoración biolóxicos establécense tomando como base a información
dispoñible sobre a absorción, eliminación e metabolismo das substancias químicas e da
correlación entre a intensidade da exposición e o efecto biolóxico nos traballadores.
Debe considerarse o control biolóxico como complementario do ambiental e
realizarase só cando ofreza unha vantaxe clara sobre o uso illado do ambiental. O
control biolóxico debe usarse para:
 Comprobar a mostraxe ambiental.
 Comprobar a eficacia do equipo de protección persoal.
 Determinar o grao de absorción por vía dérmica ou gastrointestinal.
 Detectar a exposición non laboral.
3.- Que son os indicadores biolóxicos? Cales son os fluídos utilizados para a súa
determinación?
Os indicadores biolóxicos son os parámetros que se miden nun fluído biolóxico do traballador,
e están asociados coa exposición ao axente químico ao que se encontra exposto o
traballador.
Os fluídos biolóxicos utilizados para este tipo de determinacións son:
 Ouriños.
 Aire exhalado.
 Sangue.
4.- Que é un axente químico? E axente químico perigoso?
Axente químico é todo elemento ou composto químico, que por se só ou mesturado, tal como
se presenta en estado natural ou é producido, utilizado ou vertido, incluíndo a vertedura como
residuo, nunha actividade laboral, se elaborase ou non dun modo intencional e se
comercializase ou non.
Axente químico perigoso é todo axente químico que cumpra os criterios para a súa
clasificación como substancia perigosa ou mestura perigosa, distinto das substancias ou
mesturas que unicamente cumpren estes requisitos como perigosos para o medio.
5.- Que é o valor límite de exposición profesional? Que tipos existen? Que unidades
teñen? Que é un valor límite biolóxico?
Valor límite de exposición profesional é o límite da concentración media ponderada no tempo
dun axente químico no aire dentro da zona de respiración dun traballador con relación a un
período de referencia específico.
entro dos valores límite ambientais considéranse: Valor límite ambiental de exposición diaria
(VLA-ED). Valor límite ambiental de exposición de curta duración (VLA-EC).
Valores límite adoptados (VLA-ED) e (VLA-EC) en ppm e mg/m3 .
Valor límite biolóxico é o límite da concentración no medio biolóxico axeitado do axente de
que se trate, o seu metabolito ou outro indicador de efecto.
6.- Que é a exposición? Tipos de exposición.
Defínese a exposición por inhalación como a presenza dun axente químico no aire da zona de
respiración do traballador. Cuantifícase a exposición pola concentración do axente químico
obtida nas medicións efectuadas en relación co período de referencia que corresponde ao
valor límite aplicable. Defínense dous tipos de exposición:
 Exposición diaria (ED).
 Exposición de curta duración (EC).
7.- Cales son as condicións do posto de traballo que inflúe na forma en que o
contaminante vai a chegar ao traballador?
Entre estas convén destacar as seguintes:
 Características do proceso industrial.
 Focos de emisión do contaminante.
 Distancia do traballador aos focos de emisión.
 Existencia de extracción localizada.
 Eficacia da ventilación xeral do local.
 Posibilidade de contacto coa pel.
8.- Que é a dose dun contaminante? De que variable depende?
A dose é a cantidade de xenobiótico presente no organismo nun determinado momento,
durante a exposición ao axente químico ou despois dela.
A dose de contaminante que chega ao organismo do traballador depende de dúas variables:
Concentración do contaminante no aire inhalado.
Tempo de exposición.
9.- Cales son os tipos de entrada dun contaminante ao organismo? Explícaas
brevemente.
Aínda que os axentes químicos poden ser absorbidos polo organismo a través de diferentes
vías de entrada (inhalatoria, dérmica e dixestiva),
Inhalatoria: a través da nariz e a boca, os pulmóns etc.
Dérmica: a través da pel.
Dixestiva: A través da boca, estómago, intestinos etc
Parenteral: a través de heridas, llagas, etc.
10.- Que factores se teñen que ter en conta na avaliación de riscos de axentes químicos
perigosos?
As propiedades perigosas destes. A información en materia de seguridade e saúde que debe
facilitar o fabricante, por exemplo, a folla de datos de seguridade. A duración da
exposición. As condicións de traballo con respecto aos devanditos axentes. As cantidades
destes Os valores límite de exposición profesional e os valores biolóxicos O efecto das
medidas preventivas adoptadas. As conclusións extraídas dos estudos de vixilancia da saúde
efectuados.
11.- Que son e para que serven os límites de desviación?
Os límites de desviación serven para controlar as exposicións por enriba dos valores VLA-ED
naqueles axentes químicos que non teñen establecido un VLA-EC. Non deberá superarse
durante máis de 30 minutos na xornada de traballo o valor de 3 veces o VLA-ED. Non deberá
superarse en ningún momento o valor de 5 veces o VLA-ED.
12.- Elabora un diagrama de fluxo que explique a metodoloxía de avaliación da
exposición a axentes químicos.

13.- Cales son os aspectos relacionados co propio traballador que fan que sexa máis
susceptible de sufrir danos?
Prácticas de traballo desenvolvidas. Hábitos hixiénicos persoais. Estado biolóxico
(maternidade). Persoas especialmente sensibles a determinados axentes químicos.
14.- Que é un criterio de valoración ambiental?
Un criterio de valoración ambiental é, polo tanto, o valor de referencia expresado como
concentración do contaminante no ambiente de traballo para un período de tempo
determinado, que adoitan ser 8 horas. A comparación entre o valor medido e o de referencia
permítennos determinar se existe ou, non risco para o traballador e a magnitude deste.
15.- En qué consiste a avaliación da exposición a axentes químicos?
Avaliar a exposición a axentes químicos consiste en considerar a magnitude do risco para a
seguridade e saúde dos traballadores, debido á presenza destes axentes no ambiente de
traballo, obtendo a información necesaria para adoptar os medios preventivos axeitados que
permitan eliminar ou reducir o risco.
16.- Que é a exposición diaria? E a exposición de curta duración?
A exposición diaria é a concentración media do axente químico, medida ou calculada de forma
ponderada con respecto ao tempo, para a totalidade da xornada. Tómase como referencia a
xornada de 8 horas diarias.
A exposición de curta duración é a concentración media do axente químico, medida ou
calculada para calquera período de 15 minutos aos longo da xornada de traballo.
17.- Que son os TLV para axentes químicos? Qué tipos de TLV hai e qué indican?
Los TLV (Valores Límite Umbral) para agentes químicos expresan concentraciones en el aire de
diversas sustancias por debajo de las cuales la mayoría de los trabajadores pueden expornerse
sin sufrir efectos adversos.

You might also like