You are on page 1of 5

 Determinar os suxeitos e as súas funcións dentro da

organización, así como a representación dos traballadores, en


materia de prevención de riscos co fin de identificar as súas
responsabilidades.
 Describir o contido dun plan de prevención e valorar de forma crítica a
súa importancia e as funcións propias do prevencionista.
 Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.
UNIDADE 3 FOL PLANIFICACIÓN DA PREVENCIÓN

1. ORGANIZACIÓN DA PREVENCIÓN NA EMPRESA


¿Quen é o responsable de xestionar a prevención nunha empresa? Evidentemente é o empresario
quen, ao ter a potestade de dirixir e organizar a produción de bens ou servizos, tamén ten o deber de
velar pola seguridade e saúde dos traballadores ao seu servizo.
A organización dos recursos preventivos vén regulada no capítulo III do Real decreto 39/1997, do 17
de xaneiro (modificado polo Real decreto 604/2006, do 19 de maio), polo que se aproba o
regulamento dos servizos de prevención, o cal determina que para organizar a actividade preventiva
o empresario pode elixir entre algunha das seguintes modalidades:

 Asumir persoalmente tal actividade, sempre que:


 Desenvolva de forma habitual a súa actividade no centro de traballo
 Teña a capacidade necesaria (chegaría cun curso básico de prevención de riscos laborais)
 So poderá facelo en empresas con menos de 10 traballadores. Tamén se permite en
empresas de ata 25 traballadores se existe un único centro de traballo.
 A empresa non pode realizar actividades perigosas (recollidas no anexo I do RD 39/97).
 A vixilancia da saúde tampouco poderá asumila persoalmente

 Designar un ou varios traballadores coa adecuada formación. Para realizaren actividades


preventivas deben dispor de tempo e medios suficientes, tendo en conta o tamaño da
empresa e os riscos aos que están expostos os traballadores. Gozarían das mesmas garantías
que os representantes dos traballadores. Teñen que estar capacitados para realizar as
funcións asignadas (nivel básico, intermedio ou superior).

 Constituír un servizo de prevención propio, co correspondente persoal sanitario


especializado. Esta modalidade é obrigatoria nos seguintes casos:
1. En empresas que conten con máis de 500 traballadores
2. Nas empresas que, tendo entre 250 e 500 traballadores, estes desenvolvan actividades con
risco para a súa saúde.
3. Empresas non incluídas nos supostos anteriores pero que, polo perigo das súas actividades
ou a frecuencia ou a gravidade da siniestralidade, así o decida a autoridade laboral.

2
UNIDADE 3 FOL PLANIFICACIÓN DA PREVENCIÓN

 Contratar un servizo de prevención alleo, cando as modalidades dos supostos anteriores


sexan insuficientes e non concorran as circunstancias que fagan obrigatorio constituír un
servizo de prevención propio. A empresa deberá concertalo cunha entidade especializada.

 Servizos de prevención mancomunados. Cando varias empresas desenvolvan as súas


actividades nun mesmo edificio ou, previo acordo entre representantes de traballadores e
empresarios para empresas do mesmo sector produtivo ou grupo empresarial situadas nun
mesmo polígono industrial ou área xeográfica.

2. ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN EN MATERIA DE PREVENCIÓN


A existencia de representación dos traballadores e as traballadoras é a condición previa para que
poidan actuar en saúde e seguridade. Numerosos estudos demostraron que existe unha relación
directa entre a existencia dun órgano de representación dos traballadores na empresa e a calidade
da política de prevención no lugar de traballo. Os dereitos de participación e consulta que a lei lles
recoñece exércense, en xeral, a través dos delegados e as delegadas de prevención, a quen se
atribúe, ademais, unha función de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de
prevención.
Constitúen unha representación autónoma en materia de saúde laboral en todas as empresas con
máis de cinco empregados; é autónoma porque a lei lles atribúe unhas competencias e prerrogativas
que non dependen do beneplácito empresarial, é dicir, que poden exercer as súas funcións por si
mesmos.
Estes órganos de representación son:

a. O delegado de prevención
Elixido polos representantes do persoal, e de entre eles, as súas funcións preventivas teñen como
obxectivo actuar como o verdadeiro intermediario entre o empresario e o persoal.

b. O Comité de Seguridade e Saúde


Todas as empresas e os centros de traballo que conten con 50 ou máis traballadores teñen que
constituír un comité que sirva como punto de consulta regular e periódica, polo menos
trimestralmente, das actuacións da organización en materia de prevención de riscos laborais. Este
comité de seguridade e saúde é un órgano paritario e colexiado de participación.
O comité estará formado polos delegados de prevención, dunha parte, e polo empresario e/ou os
seus representantes en número igual ao dos delegados de prevención, da outra.

3
UNIDADE 3 FOL PLANIFICACIÓN DA PREVENCIÓN

3. PLANIFICACIÓN DA PREVENCIÓN NA EMPRESA

A. O plan de autoprotección
O plan de autoprotección é o documento que establece o marco orgánico e funcional previsto para
un centro, establecemento, espazo, instalación ou dependencia, co obxecto de previr e controlar os
riscos sobre as persoas e os bens, e dar resposta adecuada ás posibles situacións de emerxencia, na
zona baixo responsabilidade do empresario, garantindo a integración destas actuacións co sistema
público de protección civil.
Para a súa implantación requírese:

 Establecer mecanismos de información previa a todo o persoal para informar dos riscos e do
plan de autoprotección.
 Realizar unha formación teórica e práctica do persoal asignado ao plan.
 Concretar os medios e os recursos económicos necesarios.
 Realizar simulacros de emerxencia, polo menos unha vez por ano.

B. Plan de emerxencias
O artigo 20 da LPRL obriga o empresario a analizar as posibles situacións de emerxencia tendo en
conta o tamaño e a actividade da empresa, e a adoptar as medidas necesarias en materia de
primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dos empregados
Trátase dun documento incluído no plan de autoprotección, que debe prever:

1. POSIBLES EMERXENCIAS: A organización da resposta ante situacións de emerxencia:


incendio, inundación, etc. Estas emerxencias clasifícanse en:
a. Conato: accidente que pode ser controlado de xeito sinxelo polo persoal da empresa,
como por exemplo, un incendio nunha papeleira que se pode apagar cun extintor
b. Emerxencia parcial: accidente que para ser controlado necesita medios humanos e
equipos de todo o edificio. Os seus efectos limítanse a unha soa área
c. Emerxencia total: accidente que precisa de todos os medios humanos e equipos,
incluso dos exteriores. Implica a evacuación do edificio.

2. ACTUACIÓNS EN CASO DE EMERXENCIAS: En caso de evacuación, os principios que se deben


seguir son:

4
UNIDADE 3 FOL PLANIFICACIÓN DA PREVENCIÓN

 Rapidez no desaloxo, pero sen correr


 Orde na evacuación
 Control por parte dos responsables para comprobar que se realiza segundo o
planifican.

3. EQUIPOS DE EMERXENCIA: Desígnanse entre os traballadores e deben estar formados e


adestrados. Estes equipos son:

a. XEFE DE EMERXENCIAS: Sería a persoa que asumiría o papel de


coordinador. Encárgase de dar a alarma e de coordinarse cos servizos
externos.

b. XEFE DE INTERVENCIÓN: acode ao lugar da emerxencia para dirixir


aos equipos de emerxencias

c. EQUIPO DE ALARMA E EVACUACIÓN: dá alarma na súa zona e dirixe


evacuación cara o punto de reunión.

d. EQUIPO DE PRIMEIROS AUXILIOS: presta os primeiros auxilios e axuda á


evacuación de feridos.

e. EQUIPO DE PRIMEIRA INTERVENCIÓN: controla a emerxencia cos medios


dos que dispón na zona (extintores, etc.). Colabora con servizos externos.

f. EQUIPO DE SEGUNDA INTERVENCIÓN: Colabora cos de primeira


intervención cando non poden facerse cargo da situación debido á
complexidade técnica da mesma, usando medios de zonas colindantes.
Tamén colabora cos servizos externos

You might also like