You are on page 1of 29

PLAN X E R A L DE

PREVENCIÓN
DE RISCOS
LABORAIS
DO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CONSELLERÍA DE SANIDADE
DE GALICIA
E SERVICIOS SOCIAIS
XUNTA DE GALICIA
PLAN X E R A L DE

PREVENCIÓN
DE RISCOS
LABORAIS
DO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE
EDITA: XUNTA DE GALICIA
Consellería de Sanidade e Sevicios Sociais.
Servicio Galego de Saúde.

TÍTULO: “PLAN XERAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS


DO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE”

ELABORACIÓN:
Subdirección Xeral de Coordinación e Avaliación
Asistencial.
Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais.

DESEÑO: RÁ
FI conchita viñas DESEÑO
CO
PRESENTACIÓN

A Constitución Española encomenda ós poderes públicos velar pola seguridade e hixiene no traba-
llo. Este mandato constitucional conleva a necesidade de desenvolver unha política de protección
dos traballadores mediante a prevención dos riscos derivados do seu traballo, establecéndose na Lei
31/1995 de Prevención de Riscos Laborais o marco no que se desenvolverán as medidas e activida-
des necesarias.

O SERGAS asume a esixencia de crear condicións positivas que tendan á prevención e control dos
factores de risco laboral. Neste sentido incorporamos á nosa política o espírito de integración da acti-
vidade preventiva, o dereito dos traballadores á protección fronte ós riscos laborais e ós principios
da acción preventiva, así como o Pacto do 29 de maio de 1998 subscrito pola Administración Sanitaria
coas Centrais Sindicais, para acada-lo nivel máis elevado de saúde dos nosos traballadores.

Así mesmo manifestamos o interese pola protección da saúde dos traballadores, tema ó que se lle
concede a máxima importancia, polo que se recollerán, nos plans anuais, obxectivos, medios e pro-
cedementos precisos para acada-la meta proposta.

Tanto os directivos do SERGAS coma os traballadores son conscientes de que é preciso fomentar
unha mellora da educación nestes temas para acadar unha actitude positiva e unha auténtica cultura
preventiva de toda a Organización.

O noso primeiro obxectivo é o cumprimento da lexislación vixente, dos compromisos subscritos así
como da normativa preventiva específica que nos poida afectar.

Por último, manifesta-lo compromiso e a vontade da dirección do SERGAS de que nos nosos centros
de traballo non só se cumpran as disposicións legais en materia de Prevencion de Riscos Laborais
senón tamén que se promova a mellora continua das condicións de saúde, para o cal vimos de ela-
bora-lo Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais do SERGAS recentemente aprobado polo
Consello da Xunta.

a
José M . Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

3
INDICE

páx 7 INTRODUCCIÓN E ÁMBITO DE APLICACIÓN

páx 8 PRINCIPIOS BÁSICOS

páx 9 OBXECTIVOS

ESTRUCTURA DO SISTEMA DE PRL:


páx 11 ÁREAS PREVENTIVAS

páx 19 PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E PROGRAMACIÓN

páx 25 RESPONSABILIDADES

páx 31 AVALIACIÓN DO SISTEMA DE PRL

5
INTRODUCCIÓN
[
E ÁMBITO DE APLICACIÓN
]
Dentro das liñas estratéxicas de actuación do
SERGAS ocupa un lugar importante o compro-
miso de procurar ós seus traballadores un
axeitado nivel de protección fronte ós riscos
laborais.

O fin último desta actuación é de garantir uns


niveis adecuados de saúde e seguridade, pro-
curando unha mellor calidade de vida no traba-
llo que beneficie así mesmo á organización en
termos de eficacia e calidade asistencial, que
debe se-lo obxectivo común do Sergas tanto
desde o punto de vista da organización coma
dos propios traballadores. Neste sentido, a
política de prevención será ó mesmo tempo
integrada e integradora a tódolos niveis produc-
tivos e implicando a tódolos traballadores.

O Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais


constitúe o documento guía de base que regu-
lará tódalas actividades e accións en materia
de Prevención de Riscos Laborais (PRL), de tal
xeito que ditas actividades respectarán sem-
pre os principios establecidos neste Plan.

Para a elaboración deste Plan tivéronse en


conta as directrices das normas UNE 81900 EX
e UNE 81905 EX sobre política de prevención e
implantación dun sistema de xestión de riscos
laborais, o que dalgún xeito garante unha xes-
tión da prevención con criterios de calidade ó
tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei
31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do
RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal e
como se indica en ditas normas, a implantación
dun sistema de prevención de riscos laborais
non supón por si mesma a reducción inmedia-
ta do número de accidentes ou enfermidades,
senón que constitúe o instrumento organizativo
e de xestión para ir avanzando cara ós resulta-
dos preventivos propostos.

O ámbito de aplicación deste Plan Xeral de


Prevención de Riscos Laborais son tódolos
centros de traballo e tódolos traballadores do
Servicio Galego de Saúde.

7
PRINCIPIOS BÁSICOS

[ O Sistema de Prevención de Riscos


Laborais será axeitado á actividade do
SERGAS e estará integrado dentro do sis-
tema xeral de xestión da organización, de
xeito que sexa compatible cos obxectivos
de producción e de calidade do sistema.

[ O SERGAS comprométese a consegui-lo


máis alto nivel de seguridade e saúde no
traballo cumprindo a lexislación vixente e
baseándose no principio de mellora conti-
nua na acción preventiva, considerándose
as actividades preventivas como unha
necesidade para mellora-los obxectivos
productivos e de calidade da empresa.

[ Son responsables da prevención de ris-


cos laborais tódolos traballadores da
organización sendo cada un deles obxec-
to e suxeito da prevención de riscos.

[ O Sistema de Prevención de Riscos


Laborais debe ser coñecido, comprendido,
desenvolvido e actualizado por tódolos
niveis da organización, garantindo a partici-
pación, formación e información de tódolos
traballadores para que fagan o seu traballo
con seguridade e preservando a súa sáude.

[ Dotarase ó sistema de prevención de ris-


cos dos recursos humanos e técnicos
necesarios para o correcto desenvolve-
mento da actividade preventiva.

[ Perseguirase a implantación dunha cul-


tura preventiva positiva liderada pola
dirección e os mandos, de tal maneira que
se potencie e facilite a participación e o
compromiso a tódolos niveis productivos.

8
OBXECTIVOS

[ XERAIS
]
1
1.1 DIMINUÍ-LOS DANOS Á SAÚDE DERIVADOS DA ACTIVIDADE LABORAL

1.2 MELLORA-LA CALIDADE DE VIDA NO TRABALLO

1.3 MELLORA-LA PRODUCTIVIDADE

1.4 PROTEXE-LOS BENS DA EMPRESA

1.5 MELLORA-LA CALIDADE E A COMPETITIVIDADE DA EMPRESA

1.6 PRESERVA-LO MEDIOAMBIENTE

[
2 ESPECÍFICOS

ESTABLECER UN SISTEMA DE XESTIÓN DE PREVEN-


]
2.1 CIÓN DE RISCOS LABORAIS QUE PERMITA:

- Identifica-los perigos e avalia-las consecuen-


cias dos riscos actuais ou futuros sobre as per-
soas, os bens e os procesos.

- Elaborar un plan de actuación para eliminar ou


minimiza-los riscos identificados e as súas con-
secuencias.

2.2 PLANIFICA-LA PREVENCIÓN:


Elaborar, implementar e avaliar un plan xeral de pre-
vención de riscos laborais que respecte os principios
establecidos no presente documento e que ó mesmo
tempo cumpra os requisitos establecidos pola norma-
tiva vixente en materia de prevención.

2.3 HARMONIZAR CRITERIOS E ACTUACIÓNS


en materia de prevención de riscos dos distintos cen-
tros e departamentos.

9
ESTRUCTURA DO SISTEMA DE PRL
[ ÁREAS PREVENTIVAS
]
- ÁREA DE SEGURIDADE NO TRABALLO.

- ÁREA DE HIXIENE DO TRABALLO.

- ÁREA DE MEDICINA DO TRABALLO.

- ÁREA DE ERGONOMÍA E PSICOLOXÍA APLICADA.

- ÁREA DE FORMACIÓN E INFORMACIÓN.

11
ESTRUCTURA DO SISTEMA DE PRL
[ ÁREAS PREVENTIVAS
]
Tódolos elementos da organización (actividades, productos, traballadores, máquinas, instru-
mentos de traballo, organización dos recursos humanos e técnicos, organización do tempo de
traballo, etc.) inflúen e actúan sobre a saúde dos traballadores. Estes elementos como vemos,
dependen de varias áreas de xestión, polo que é importante por un lado a integración e coordi-
nación efectiva dos elementos do sistema de prevención, co fin de que as decisións que se
tomen en prevención de riscos non sexan incompatibles con decisións tomadas a outros niveis
da organización. Por outro lado, é importante o enfoque multidisciplinar das situacións de tra-
ballo tanto desde o punto de vista da súa análise e avaliación coma da posta en marcha de pro-
gramas de acción.

Dadas as especiais características do SERGAS en canto a número de traballadores e a com-


plexidade da actividade desenvolvida, contarase cun Servicio de Prevención Propio estructura-
do da seguinte maneira:

[ Unha Unidade Central de Prevención de Riscos Laborais, ubicada nos Servicios Centrais do
Servicio Galego de Saúde, que contará coas catro especialidades descritas no Regulamento
dos Servicios de Prevención: Seguridade do Traballo, Hixiene Industrial, Medicina do Traballo e
Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. As súas funcións serán fundamentalmente de planifica-
ción e coordinación.

[ Unha Unidade Periférica de Prevención de Riscos Laborais ubicada en cada área sanitaria e
que contará, como mínimo, con dous técnicos superiores e con persoal técnico especialmente
formado para a avaliación de riscos e para a execución de plans e programas de acción.

Nos casos nos que se trate de avaliacións especialmente complexas contarase, se así se
determina, con expertos externos ó sistema. No caso específico da avaliación e control de ris-
cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-
bleceranse os circuítos de comunicación, participación e colaboración necesarios para integra-
la xestión deste importante risco laboral dentro da xestión e planificación xeral de riscos do
Servicio de Prevención.

O contido das distintas áreas preventivas é:

12
[
1 ÁREA DE SEGURIDADE NO TRABALLO
]
[ OBXECTIVOS:

1. Identificación, avaliación e establecemento das


consecuencias dos riscos de seguridade das ins-
talacións e dos equipos de traballo, actuais e futu-
ros, sobre as persoas, os bens e os procesos.

2. Elaboración dun Plan de Actuación para a pre-


vención, eliminación ou diminución dos riscos de
seguridade identificados e as súas consecuencias.
[ CONTIDO TEMÁTICO:

Requisitos de seguridade:

- dos subministros
- das empresas contratadas e dos servicios externalizados
- dos procesos
- dos productos ou servicios elaborados
- dos bens patrimoniais

[ ACCIÓNS:
Elaboración do Manual de Procedemento no que se recollan:

- Os requisitos esixibles ós equipos e instrumentos utilizados no proceso productivo

- Os requisitos esixibles nos traballos a desenvolver polas empresas contratadas e servi-


cios externalizados, incluíndo o sistema para a súa vixilancia ou control

- A análise dos riscos de seguridade e o desenvolvemento da boa práctica de traballo

- A investigación de accidentes e incidentes

- A sinalización dos lugares de traballo

- A adquisición e utilización de equipos e dispositivos de protección

- Os requisitos esixibles ós productos ou bens elaborados

- Os requisitos esixibles ós procesos para evitar riscos medioambientais

- A verificación da idoneidade e operatividade dos dispositivos de protección de bens


patrimoniais

- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida

- A redacción, posta en marcha e mantemento da operatividade dos Plans de Emerxencia


e Evacuación

13
[
2 ÁREA DE HIXIENE DO TRABALLO
]
[ OBXECTIVOS:

1. Identificación, avaliación e establecemento das


consecuencias dos riscos producidos por axentes
químicos, físicos e biolóxicos, actuais e futuros,
sobre as persoas, os bens e os procesos.

2. Elaboración dun Plan de Actuación para a pre-


vención, eliminación ou diminución dos riscos de
hixiene identificados e as súas consecuencias.

[ CONTIDO TEMÁTICO:

Requisitos de prevención da saúde e de hixiene:

- dos subministros
- das empresas contratadas e dos servicios externalizados
- dos procesos
- dos productos ou servicios elaborados
- dos residuos xerados
- dos bens patrimoniais

[ ACCIÓNS:

Elaboración do Manual de Procedemento no que se recollan:

- Os requisitos esixibles na recepción dos productos

- A adquisición e utilización de equipos e dispositivos de protección

- Os requisitos esixibles no traballo a desenvolver polas empresas contratadas e dos ser-


vicios externalizados, incluíndo o sistema para a súa vixilancia e control

- A análise e avaliación dos riscos asociados ó medioambiente laboral

- Os requisitos esixibles ós productos ou bens elaborados

- Os requisitos esixibles ós residuos xerados para evitar riscos medioambientais

- Os requisitos esixibles no seu caso ós bens patrimoniais

- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida

- Das pautas a seguir ante situacións de emerxencia

14
[
3 ÁREA DE MEDICINA DO TRABALLO
]
[ OBXECTIVOS:

1. Identificación, avaliación e establecemento das


consecuencias dos riscos hixiénicos e de seguri-
dade actuais e futuros sobre a saúde das persoas.

2. Elaboración dun Plan de Actuación para a pre-


vención, eliminación ou diminución das conse-
cuencias dos riscos hixiénicos e de seguridade
identificados sobre as persoas.

[ CONTIDO TEMÁTICO:

Requisitos en materia de:

- Medicina Preventiva Laboral


- Prestación de Asistencia Sanitaria por patoloxía de orixe laboral

[ ACCIÓNS:

Elaboración do Manual de Procedemento no que se recollan:

- O deseño de protocolos médicos específicos de vixilancia de saúde en función dos riscos


laborais

- O deseño de protocolos para a identificación de traballadores/as especialmente suscep-


tibles a determinados axentes ou situacións de traballo específicas e elaborar programas
de actuación para evitar ou diminuí-lo seu risco

- O deseño de programas de control biolóxico da exposición ocupacional

- O tratamento da documentación médica

- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida

- A avaliación funcional e a adaptación laboral

- A adquisición e utilización de equipos e dispositivos de protección

- A actuación en materia de asistencia sanitaria en caso de lesión ou dano derivado do


traballo

15
[
4 ÁREA DE ERGONOMÍA E PSICOLOXÍA APLICADA
]
[ OBXECTIVOS:

1. Identificación, avaliación e establecemento das


consecuencias das situacións de traballo e dos
factores técnicos, organizacionais e psicosociais
sobre a seguridade e saúde das persoas e sobre
a eficacia do sistema.

2. Elaboración dun Plan de Actuación para con-


tribuír á concepción ou á transformación das
situacións de traballo nos seus aspectos técni-
cos e socioorganizacionais, co fin de que o tra-
ballo se realice sen compromete-la saúde e a
seguridade dos traballadores e cun máximo de
confort e eficacia.

[ CONTIDO TEMÁTICO:

Requisitos en materia de:

- subministros para que o traballo se faga con seguridade e eficacia

- seguridade e compatibilidade coa actividade de traballo dos procedementos e normas de traballo

- seguridade e eficacia da organización do tempo de traballo

- seguridade e compatibilidade coa actividade de traballo dos equipos de traballo

- seguridade e eficacia dos equipos de protección individual

[ ACCIÓNS:

Elaboración do Manual de Procedemento para:

- A análise e avaliación dos riscos asociados ós factores psicosociais

- A análise e avaliación dos riscos asociados ós factores organizacionais

- A elección e utilización dos equipos de traballo

- A elección e utilización dos equipos de protección individual

- O deseño de métodos e procedementos de traballo

- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida

- Que o deseño e corrección das situacións e postos de traballo se realice cun enfoque
pluridisciplinar, global e participativo

16
[
5 ÁREA DE FORMACIÓN E INFORMACIÓN
]
[ OBXECTIVOS:

1. Identificación, avaliación e establecemento das


necesidades formativas dos traballadores, da
cadea directiva e dos técnicos do Servicio de
Prevención do Sergas.

2. Elaboración dun Plan de Actuación para levar a


cabo a formación especializada, sensibilización e
capacitación do persoal técnico que ocupa os dis-
tintos niveis de mando dentro da organización e
dos delegados de prevención, co fin de establecer
un marco de referencia e un clima adecuado que
permita a operatividade do Plan Xeral de
Prevención de Riscos Laborais.

[ CONTIDO TEMÁTICO:

Requisitos en materia de:

- divulgación da política de prevención do Sergas


- información sobre o Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais
- formación básica
- formación específica
- formación especial

[ ACCIÓNS:

Elaboración do Manual de Procedemento para:

- O deseño da formación básica

- O deseño da formación específica

- O deseño da formación especial

- A elaboración dos procedementos

- A elaboración das instruccións operativas

17
PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E PROGRAMACIÓN

FASE PREVIA:
A REVISIÓN INICIAL

FASE I:
DETERMINACIÓN DA METODOLOXÍA DE ANÁLISE E AVALIACIÓN

FASE II:
ESTABLECEMENTO DE PRIORIDADES

FASE III:
PLANS E PROGRAMAS DE ACCIÓN

FASE IV:
AVALIACIÓN DE RESULTADOS

19
PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E PROGRAMACIÓN

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo define a avaliación de riscos como “o


proceso mediante o cal se obtén a información necesaria para que a organización estea en con-
dicións de tomar unha decisión sobre a oportunidade de adoptar accións preventivas, e no seu
caso, sobre o tipo de accións que deben adoptarse”. O obxectivo sería o control de riscos
entendido este como o proceso de toma de decisións para tratar e/ou reduci-los riscos, implan-
ta-las medidas correctoras, esixi-lo seu cumprimento e avaliación periódica da súa eficacia.

O Plan Xeral de prevención de riscos terá unha vixencia de 5 anos, e os instrumentos opera-
tivos que o desenvolvan concretaranse en Plans Anuais, perseguindo obxectivos alcanzables.
Os plans anuais desenvolveranse en base a Programas Específicos que poderán referirse a
un risco concreto, a unha zona, un servicio ou departamento ou a un posto de traballo. Para a
realización dos programas nomearanse comisións técnicas compostas por técnicos do
Servicio de Prevención, mandos, delegados de prevención e traballadores implicados, poden-
do incluír expertos externos con funcións de asesoría en temas moi específicos.

De acordo co RD 39/1997 dos Servicios de Prevención, a avaliación de riscos ten por


obxecto estima-la magnitude daqueles riscos que non se poidan evitar.

[ As fases cronolóxicas do proceso de avaliación e xestión de riscos serán as seguintes:

1. Fase previa ou inicial: análise da situación de partida


2. Fase I: avaliación de riscos
Identificación de perigos
Avaliación do risco
3. Fase II: Establecemento de prioridades
4. Fase III: Plans e Programas de acción
5. Fase IV: Avaliación de resultados

IDENTIFICACIÓN
DO PERIGO

ESTIMACIÓN DO RISCO
[ ANÁLISE DO RISCO

AVALIACIÓN DO RISCO XESTIÓN DO RISCO


VALORACIÓN DO RISCO

RISCO TOLERABLE RISCO CONTROLADO

NON
CONTROL DO RISCO

Figura 1: Proceso de xestión do risco ( Norma UNE 81905 EX )

20
[ FASE PREVIA ]
A REVISIÓN INICIAL DEBE CUBRI-LAS SEGUINTES ÁREAS CLAVES:
1. Os requisitos lexislativos e regulamentarios que lle son de aplica-
ción ó Sergas e grao de cumprimento

2. Análise do grao de validez das avaliacións e rexistros feitos sobre


riscos laborais

3. Análise das prácticas e procedementos existentes de prevención


de riscos laborais

4. Análise dos recursos humanos e técnicos propios dispoñibles na


actualidade para as actividades de control de riscos

5. Avaliación do aproveitamento da investigación dos incidentes,


accidentes e enfermidades laborais que tiveron lugar.

[ FASE I ]
DETERMINACIÓN DA METODOLOXÍA DE ANÁLISE E AVALIA-
CIÓN PARA LEVAR A CABO A:
1. Identificación de perigos

2. Avaliación de riscos

A metodoloxía de avaliación estará recollida no manual


correspondente. Como norma xeral empregaranse métodos
que estean validados e que permitan a comparación dos
resultados con outras empresas (en función de ámbito xeo-
gráfico, sector de actividade, etc).

Por este motivo, parece razoable utiliza-la guía de avaliación de


riscos laborais publicada pola Xunta de Galicia, e que respecta os
principios establecidos na norma UNE 81905 EX, así como a
metodoloxía de autoavaliación de condicións de traballo nos cen-
tros sanitarios publicada polo INSHT. No caso de riscos nos que
exista unha regulamentación ou guías específicas (pantallas de
visualización, manipulación de cargas, radiacións ionizantes...), e
sempre que sexan aplicables a cada situación específica a ava-
liar, utilizarase a metodoloxía indicada en cada caso.

Os riscos clasificaranse en función da gravidade do dano e da


probabilidade de que ocorra. Tamén pode ser de interese cla-
sificalos por zonas xeográficas, estamentos, áreas, etc. En
canto ós criterios de referencia, sempre que exista norma
legal que estableza límites de exposición, este será o valor de
referencia a ter en conta. De non existir dita norma, recorrira-
se a normas de organismos acreditados e recomendacións
científicas recollidas na bibliografía.

21
[ FASE II ]
ESTABLECEMENTO DE PRIORIDADES
As prioridades de acción estableceranse en base a criterios
técnicos (resultados da fase de avaliación de riscos) e crite-
rios económicos (presupostos dispoñibles).

Os métodos de control dos riscos detectados escolleranse de


acordo cos principios establecidos na lei 31/1995 e na norma
UNE 81900 EX:

- Combate-los riscos en orixe

- Adapta-lo traballo á persoa actuando sobre o deseño dos


postos de traballo, sobre a elección de equipos, e sobre os
métodos e procedementos de traballo

- Escoller medidas de protección colectivas de preferencia ás


individuais

- Ter en conta o progreso técnico

- Substituí-lo perigoso polo menos ou nada perigoso

- Da-las instruccións necesarias e adecuadas ós traballadores

[ FASE III ]
PLANS E PROGRAMAS DE ACCIÓN

En función dos resultados da avaliación e das prioridades


establecidas estableceranse programas de control e segui-
mento dos riscos detectados.

A planificación dos programas incluirá unha descrición ou


análise da situación inicial, así como da metodoloxía de aná-
lise, de avaliación, de seguimento e de control de resultados
e dos prazos de execución de cada unha das fases. Para
cada programa nomearase unha Comisión Técnica responsa-
ble da súa execución.

Así mesmo establecerase un mecanismo de avaliación de ris-


cos ante calquera cambio nas condicións de traballo: intro-
ducción de equipos novos, cambios nas instalacións, etc.

22
[ FASE IV ]
AVALIACIÓN DE RESULTADOS

Na memoria anual quedarán reflectidas tódalas actividades


realizadas en materia de prevención de riscos, comparando
resultados obtidos cos obxectivos previstos.

No manual de procedemento de avaliación de cada risco esta-


blecerase o tipo de indicadores que se utilizarán para avalia-
la eficacia das medidas preventivas. Nas situacións nas que
o risco non se poida eliminar, establecerase un mecanismo
de control e avaliación periódica, tanto do risco coma das
súas consecuencias para a saúde dos traballadores e a segu-
ridade e eficacia da organización.

23
RESPONSABILIDADES

- DA DIRECCIÓN DO SERGAS

- DO SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

- DAS COMISIÓNS TÉCNICAS DE TRABALLO

- DOS MANDOS INTERMEDIOS

- DOS TRABALLADORES

- DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGURIDADE E SAÚDE

- DOS COMITÉS DE SEGURIDADE E SAÚDE DE ÁREA

- DOS DELEGADOS DE PREVENCIÓN

27
RESPONSABILIDADES

DA DIRECCIÓN DO SERGAS

[1.Liderar e difundi-la política de preven-


ción do Sergas

[2. Promover e favorece-la implantación


dunha cultura preventiva positiva encami-
ñada a solventa-los problemas que poidan
xurdir

[3. Planifica-la acción preventiva, propor-


ciona-los instrumentos necesarios para
levala a cabo e avalia-los resultados

[4. Favorecer e establece-los mecanis-


mos necesarios para unha axeitada coor-
dinación do Servicio de Prevención de
Riscos Laborais con outros departamen-
tos ou estructuras da organización, co fin
de que a integración da prevención a tódo-
los niveis productivos e de xestión sexa
unha realidade

[5. Establece-los mecanismos necesarios


para elaborar e manter actualizada a
documentación esixida na normativa en
materia de prevención de riscos

[6. Ter actualizada a documentación


requerida pola normativa vixente

[7. Establecer un sistema de auditoría


como instrumento de control da xestión de
prevención de riscos

DO SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS


[1. Difundi-la política de prevención do
Sergas

[2. Participar na implantación dunha cultu-


ra preventiva positiva

[3. Planificar, coordinar, executar, actuali-


zar e avalia-lo Plan Xeral de Prevención de
Riscos Laborais

[4. Planificar, coordinar, executar e avalia-


los plans anuais de cada área

26
[5. Planificar, coordinar, executar e avalia-
los programas específicos de acción

[6. Formar en técnicas preventivas ó resto


de responsables da prevención dentro da
organización: delegados de prevención,
mandos e traballadores

[7. Programar actividades informativas


sobre a política de prevención de riscos, o
sistema de xestión implantado e os resul-
tados que se van obtendo

[8. Asesorar e subministrar apoio técnico


á dirección e traballadores en materia de
prevención de riscos laborais

[9. Coordina-los programas, accións e


decisións das distintas áreas preventivas
dándolle deste xeito un carácter multidis-
ciplinario á prevención de riscos laborais

[10. Coordinarse con outras estructuras da


organización co fin de integra-la preven-
ción en cada proceso productivo

[11.Coordinarse con outras áreas que


teñan funcións de control de riscos dentro
da organización: Servicio de
Radioprotección, Servicios de Prevención
das empresas contratadas ou externaliza-
das, etc.

[12. Coordinar e controla-las actuacións


dos expertos externos que actúen en ava-
liación ou control de riscos laborais

[13. Propoñer á dirección e ós Comités de


Seguridade e Saúde as persoas que
deben formar parte das Comisións
Técnicas de Traballo

[14. Elaborar e manter actualizada a docu-


mentación esixida na normativa en mate-
ria de prevención de riscos

[15. Elabora-la memoria anual de actividades

27
RESPONSABILIDADES

DAS COMISIÓNS TÉCNICAS DE TRABALLO

[1. Colaborar na implantación dunha cultu-


ra preventiva positiva

[2.Executa-los programas de acción que


se establezan nos plans anuais

DOS MANDOS INTERMEDIOS


[1.Difundi-la política de prevención do
Sergas

[2. Lidera-la implantación dunha cultura


preventiva positiva encamiñada a solven-
ta-los problemas que poidan xurdir

[3. Integra-la prevención de riscos labo-


rais dentro da actividade de traballo

[4. Participar na avaliación de riscos e


propoñe-las medidas preventivas máis efi-
caces

[5. Informar ós traballadores sobre os ris-


cos específicos do seu posto de traballo

[6.Formar ós traballadores en procede-


mentos de traballo seguros

DOS TRABALLADORES
[1.Participar na avaliación de riscos do
seu posto de traballo

[2. Comunica-los riscos detectados e pro-


poñer medidas de prevención

[3. Ser suxeitos activos na prevención de


riscos cumprindo coas instruccións que se
establezan nos procedementos de traballo

28
DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGURIDADE E SAÚDE
[1. Coñecer e difundi-la política de preven-
ción e o plan xeral de prevención de riscos
do Sergas

[2. Promove-la implantación dunha cultura


preventiva positiva

[3. Coñece-la estructura do Sistema de


Prevención e do Servicio de Prevención de
Riscos Laborais do Sergas

[4. Coñece-los plans e programas de pre-


vención de riscos do Sergas e favorece-lo
seu desenvolvemento

[5. Coñece-la documentación relativa á


avaliación e control de riscos laborais do
Sergas

[6.Coñece-la normativa vixente aplicable


ó Sergas en materia de prevención de ris-
cos laborais

[7. Arbitrar e resolve-las discrepancias


xurdidas na aplicación da normativa

[8.Coñece-la memoria anual de activida-


des en materia de prevención de riscos

DOS COMITÉS DE SEGURIDADE E SAÚDE DE ÁREA


[1. Coñecer e difundi-la política de preven-
ción do Sergas e favorece-la execución do
Plan Xeral de Prevención de Riscos
Laborais

[2. Promove-la implantación dunha cultura


preventiva positiva

[3. Coñece-los plans e programas de pre-


vención de riscos no/s centro/s da súa
área de actuación e favorece-lo seu
desenvolvemento

[4. Coñece-la documentación relativa á


avaliación e control de riscos laborais dos
centros e traballadores da súa área de
actuación

29
RESPONSABILIDADES

[5.Coñece-la normativa vixente aplicable


ó Sergas en materia de prevención de ris-
cos laborais

[6. Coñece-los resultados da avaliación


de riscos e as medidas preventivas pro-
postas dos centros e traballadores da súa
área de actuación

[7.Coñece-la memoria anual de activida-


des en materia de prevención de riscos
nos centros da súa área de actuación

DOS DELEGADOS DE PREVENCIÓN


[1. Colaborar na acción preventiva respec-
tando os principios establecidos no Plan
Xeral de Prevención de Riscos Laborais e
as prioridades establecidas logo das ava-
liacións realizadas

[2. Fomentar entre os traballadores unha


cultura preventiva positiva, dirixida sempre
cara á resolución de problemas, como ins-
trumento de mellora das relacións labo-
rais no seu conxunto

[3. Participar eles mesmos e estimula-la


participación dos traballadores na avalia-
ción de riscos e na proposta de medidas
preventivas

[4. Comunica-los riscos detectados polos


traballadores nos seus postos de traballo
e propoñer medidas preventivas

30
AVALIACIÓN DO SISTEMA DE PRL

33
AVALIACIÓN DO SISTEMA DE PRL

Establecerase un Manual de Procedemento de avaliación da eficacia e eficiencia do siste-


ma de xestión da prevención onde se indicará:

1. O sistema de auditoría escollido

2. O sistema analítico de avaliación de custos derivados de erros e fallos no sis-


tema

3. O sistema analítico de avaliación de custos en medidas preventivas

32
na
la
tel 435
s
ca 546
n 1
sió : 98
r
ve fono
en telé
le l
nob en e P LAN XERAL
o
isp itud DE
d ic
sol

PREVENCIÓN
DE RISCOS
LABORAIS
DO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CONSELLERÍA DE SANIDADE
DE GALICIA
E SERVICIOS SOCIAIS
XUNTA DE GALICIA

You might also like