You are on page 1of 13

1.

Concepto de primeiros auxilios

1.1- Concepto: Conxunto de medidas sanitarias de actuación urxente


dirixida a mellorar ou limitar o pronóstico ante un accidente ou
enfermidade.

Estas actuación préstanse ante a  ausencia de persoal medico ou sanitario. No é


unha intervención substitutiva.                                                                   

2.1- Principios xerais do primeiros auxilios

1. "Máis vale previr que curar”.


2. Permanecer tranquilos e tranquilizar ao accidentado.
3. Se non se teñen coñecementos, mellor non intervir.
4. Manexar ao ferido con precaución.
5. Examinar ben ao ferido.
6. Non excederse facendo máis do indispensable.
7. Non medicar, non coser, non reducir fracturas nin luxacións.
8. Manter quente ao ferido.
9. Non dar de beber a un inconsciente ou convulsionado.
10. Levalo a un hospitas se fora necesario.

2.3- Obxectivos básicos do primeiros auxilios:

1. Asegurar o mantemento da vida: control das constantes vitais (consciencia e


respiración).
2. Non agravar o estado da víctima ou lesionado.
3. Asegurar o traslado a un centro hospitalario, preferentemente en
ambulancia.

2.4- Niveles de prevención:

1. Nivel de prevención primaria: Trátase de un nivel preventivo, de evitar que


se produzan novos accidentes. Adopción de hábitos saudables nos deportes,
adestramento invisible, quecemento, preparar un entorno de traballo
seguro...
2. Nivel de prevención secundaria: Minimizar o dano ou lesión en caso de
accidente. Tamén se trata dun nivel preventivo. Ten que ver co uso de
condicións de práctica protectoras tras valorar as posibilidades de accidente
na actividade: tapiz blando na ximansia, casco na bici, espinilleiras no fútbol,
chalecos nas actividades acuáticas...
3. Nivel de prevención terciaria: ten como finalidade reducir ou contrarrestar
as consecuencias de un accidente, tras se ter procucido o mesmo: ter un
botiquín axeitado, activación de emerxencias (112), formación en primeiros
auxilios...
2. Diferenzas entre primeiros auxilios e atención sanitaria profesional

A prestación de primeiros auxilios debe limitarse a aquelo que é imprescindible e


que se saiba facer. Os primeiros auxilios non poden, nin deben,  ter o mesmo nivel
que unha asistencia profesional.

Quen actúa?

 Nos primeiros auxilios, persoal non sanitario con ou sen formación en


primeiros auxilios.
 Na atención sanitaria profesional actúan profesionais sanitarios.

Cando actúa?

 Nos primeiros auxilios cando se atopa una víctima e ata que chegan os


profesionais.
 Na atención sanitaria profesional cando recibe á vítima.

Con que recursos?

 Nos primeiros auxilios con os que atope ao seu alcance no momento.


 Na atención sanitaria profesional cos recursos axeitados.

Con que obxectivos?

 Nos primeiros auxilios tratando de manter á persoa viva e evitando


complicacións ata a chegada dos profesionais.
 Na atención sanitaria profesional con unha atención completa.

3. A prestación dos primeiros auxilios. A cadea PAS

O criterio xeral na actuación nos primeiros auxilios concrétase en unha cadea de


tres eslabóns:

a cadea PAS

É importante seguir esta orde, sin saltar ningún paso.


Protexer: A primeira medida será a de protexer tanto a persoa ou persoas que
prestan os primeiros auxilios como aos accidentados ou outras persoas implicadas.

Con respecto á propia protección hai que coidar da propia seguridade para evitar
converterse en vítima. Para elo é necesario:

1. Analizar o entorno e valorar os posibles riscos.


2. Tomar medidas para evitalos, si existiran, para operar en un entorno seguro.

Con respecto á protección das vítimas:

1. Si a zona é perigosa, trasladala/a a una zona segura utilizando as técnicas de


rescate axeitadas.
2. Se non fora necesario o traslado valorar se fora necesario sinalizar a zona
cos recursos dispoñibles.

Alertar: Avisar aos servizos de urxencias dándolles a información necesaria.

Os avisos está centralizados todos no número de emerxencias

A información debe ser proporcionada de forma tranquila, completa e ordeada,


proporcinando o noso nome e número de telefono en primeiro lugar.

1. Que ten pasado?


2. Onde? Dirección exacta.
3. Cando? Canto tempo fai que ocorreu.
4. Quen? Idade e sexo dos accidentados.
5. Como están? consciencia e respiración. Lesións apreciables.
6. Calquera outra cousa que poida ser de interés.

Socorrer: Finalmente hai que tratar de socorrer á vítima, seguindo uns pasos,

1. Manter a calma e tranquilizar ás vítimas.


2. Realizar unha avaliación o máis precisa posible do seu estado.
3. Prestarlle a atención necesaria, aplicando os procedementos dos primeiros
auxilios ou seguindo as instruccións do 112.
4. Deixar ao accidentado  en posición cómoda e segura, á espera da chegada
dos servicios de emerxencia.

4. A caixa de urxencias

A caixa de urxencias ten forma de pequeno armario, caixa ou maletín onde se


gardan os utensilios e os medicamentos para atender as urxencias sanitarias que
poden acontecer en un entorno concreto.

Debería haber caixa de urxencias en calquera lugar no que se practiquen actividades


físico-deportivas e en xeral en calquera espacio onde se produza afluencia de xente.
Tamén no entorno do fogar.

No caso das instalacións deportivas, deberá haber unha caixa de urxencias situada
nun punto accesible e claramente señalizado. Para actividades no exterior, é
necesario unha caixa de urxencias portátil, asignada a unha persoa concreta.

4. A caixa de urxencias

4.1. Condicionantes
O material do botiquín deber ser adecuado ao lugar e a actividade onde vaia ser
utilizado. O sua composición vai vir determinada por:

1. A proximidade ou accesibilidade á atención sanitaria porfesional. Non será


igual para un campamento no medio natural que para unha escola enfronte
de un hospital.
2. As urxencias que se espera atender. 
3. Os coñecementos de socorrismo das persoas que o vaian usar.

4. A caixa de urxencias

4.2. Características e contido básico


Unha caixa de urxencias, para que sexa útil, ten que estar:

 Ordenada, para non ter que perder tempo buscando o que se necesita.
 Ben conservada, para que cando faga falta os produtos non se atopen
esgotados, caducados ou deteriorados. Para elo hai que revisalo
periodicamente e repoñer o que se teña usado ou se atope caducado.
Contido: como mínimo debe conter algún producto desinfectante e antiséptico,
gasas estériles, vendas, esparadrapo, apósitos adhesivos, tesoiras, pinzas e luvas
desbotables.

 Antiséptico, mellor en envase pequeno.


 Analgésico antipirético suave (paracetamol ou ácido acetilsalicílico).
 Analgésico antiinflamatorio non esteroideo. (iboprufeno ou diclofenaco).
 Antiinflamatorio tópico non esteroideo.
 Antihistamínico oral. Preferentemente non sedante.
 Antihistamínico en pomada.
 Solución salina isotónica.
 Luvas estériles desbotables.
 Un rolo de venda de gasa.
 Vendas elásticas de varios tamaños.
 Caixa con sobres de gasas estériles.
 Apósitos de varios tamaños.
 Esparadrapo hipoalerxénico.
 Imperdibles (para fixar unha venda no caso de un cabestrillo).
 Caixa de tiritas de varios tamaños.
 Pinzas pequenas de aceiro inox.
 Tesoiras de punta redonda de aceiro inox.
 Termómetro.
 Caixa de aplicadores ou hisopos.
 Suturas cutáneas estériles.
 Bolsas de gel ou de aplicación de frío ou similares.

En piscinas con persoal médico pode incluirse un vasodilatador por vía sublingual.

Tamén pode ser de utilidade a presenza de tampóns e compresas sanitarias.

5. A avaliación no estado das vítimas

Tras tomar as medidas de protección necesarias, debemos proceder á avaliación do


estado da vítima. A secuencia correcta será:

1. Avaliación de emerxencia para saber si existe risco vital.


2. Avaliación de urxencia, no caso de que non exista ese risco.

. A avaliación no estado das vítimas

5.1. A avaliación de emerxencia


O obxectivo da avaliación de emerxencia é coñecer se a vida do accidentado ou
accidentados corre risco inminente.

O primeiro paso será comprobar se a persoa está consciente. En caso de que


non se atope consciente será necesario avaliar a súa respiración.
A valoración da consciencia

A consciencia é a capacidade que ten una persoa de recibir e avaliar a información


sobre si mesma e sobre a contorna. É o primeiro que se debe avaliar. As veces
bastará con unha simple mirada, noutras será necesario prestar maior atención.

Procedemento: achegarse á vítima, observala e sacudila suavemente polo ombro,


como se se quixera espertar, preguntándolle coa voz suficientemente alta se se atopa
ben.

 Se resposta de palabra ou movéndose quere dicir que non está


inconsciente, que o sangue chega ao cerebro e que a súa respiración
funciona ben. Logo non está en perigo inminente.
 Se non resposta significa que está inconsciente. Pode estas sufrindo unha
lesión respiratoria, circulatoria ou de ambos tipos. Neste caso hai que
colocar a vítima tendido decúbito supino, abrirlle a vía aérea e pasar a
valorar a respiración.

Hai que ter en conta que o nivel de consciencia pode fluctuar no tempo e
deteriorarse con rapidez. Por este motivo hai que comprobar regularmente o
estado de consciencia das vítimas ata que cheguen os servicios e emerxencia.

A valoración da respiración

O obxecto da valoración da respiración é a de asegurarse de que a persoa respira e


de que o fai coa eficacia suficiente.

Procedemento: Para comprobalo hai que despexar a vía aérea e explorar se non


respira ou o fai de forma ineficaz achegando a meixela a dous dedos da boca da
vítima aplicando a estratexia de  mirar,  escoitar,  sentir.  Este proceso ten que ser moi
rápido, 10 segundos máximo.

 Mirar os movementos do torax, se sube ou baixa o abdome. Unha persoa


adulta e sana ventila entre 12 e 16 veces/minuto. Con tensión aumenta. Un
bebé presenta unha frecuencia maior, sobre 40 veces por minuto. Ao medrar
a frecuencia redúcese, e cara os 12 anos é moi similar a dos adultos. Tamén
se debe mirar a amplitude ou profundidade respiratoria (se os movementos
son superficiais ou profundos), se hai dor ao respirar (síntoma de feridas,
fracturas, escordaduras, lesións pleurais ou pulmonares...).
 Escoitar se hai ruidos respiratorios.
 Sentir na meixela o fluxo da saída do aire.

A manobra fronte-queixo

1. Colocar unha man sobre a fronte da vítima e empurrar coa palma para
inclinar a fronte para atrás.
2. Colocar os dedos da outra man debaixo do óso do queixo.
3. Levantar a mandíbula para traer o queixo cara adiante.

A extensión da cabeza e a elevación do queixo alivia a obstrucción da vía aérea


nunha vítima que non responde. A lingua pode bloquear a vía aérea superior; con
esta manobra levántase a lingua, liberando a obstrucción da vía aérea.

A frecuencia respiratoria normal nun adulto (e en mozos/as a partir de 12 anos) é


de 12 a 16 veces por minuto. Os bebés chegan ata as 40 veces por minuto.

Tamén se valorará, de  existir respiración, se esta é superficial ou profunda e se se


produce dor ao respirar. A presenza de dor na respiración pode ser síntoma de
feridas, escordaduras, fracturas ou incluso lesións pleurales ou pulmonares.

Respiración agónica ou gasping: nos primeiros momentos de unha parada


cardiorrespiratoria é común a presenza de pequenas bocanadas agónicas. A
respiración é feble, pesada, ruidosa e entrecortada e ocorre en unha persoa
inconsciente:

5. A avaliación no estado das vítimas

5.2. Posición de seguridade e espera


on os modos en que se deixa a vítima ata que cheguen os equipos sanitarios
profesionais. Aplícanse cando a vítima se atopa en zona segura. Elexirase aquela
que sexa cómoda, alivie a dor e evite o agravamento das lesións. As máis habituais
son:

1.- PLS - Posición lateral de seguridade.

2.- Decúbito supino: a vítima está tendida boca arriba. Colocarase nesta posición
para a aplicación de comprensións cardíacas ou ante a sospeita de lesións
vertebrales ou dos membros inferiores.

3.- Decúbito supino en flexión: igual que a anterior pero con os membros


inferiores lixeiramente flexionados e a cabeza apoiada sobre coxíns ou mantas
dobradas. Serve para relaxar a musculatura abdominal no caso de golpes ou feridas
en esa zona.

4.- Trendelembrug: a vítima tombada coas pernas extendidas no alto. No caso de


shock, hemorrágias internas ou mareos.

5.- Posición semisentada ou Fowler: a vítima está sentada pero con o tronco


reclinado uns 30º con respecto á horizontal. Ideal cando presente lesións no tórax
ou lle coste respirar.

5. A avaliación no estado das vítimas


5.3. A posición lateral de seguridade
Tamén é chamada posición decúbito lateral. A persoa queda tendida sobre un lado
con os membros superiores e inferiores dispostos de tal maneira quen o corpo non
poida rotar.

Esta postura permite ter libres as vías respiratorias e impide a aspiración de líquidos
no caso de sangrado ou vomitado.

Procedemento para colocar á vítima en PLS

1.- Axeonllarse ao lado da vítima e colocala en decúbito supino. Disporlle o


brazo máis próximo a nós en ángulo recto, coa man por enriba da cabeza e a palma
cara arriba:

2.- Pasarlle o brazo mais afastado de nós por enriba do peito ata que o dorso
de esa man se apoie na meixela máis próxima a nós:
3.- Flexionarlle o xeonllo do lado contrario ata que a planta do pé quede en
contacto con chan.
4.- Mantendo unha man contra a súa meixela e a outra por enriba do xeonllo
flexionado, tirar da vítima para xirala cara nós:
5.- Axustar as extremidades para que a persoa quede tan cómoda como sexa
posible.
6.- Volverlle a cabeza un pouco cara atrás, para asegurar que a vía aérea quede
aberta, axustando a man que está debaixo da meixela para manter a inclinación da
cabeza.
5. A avaliación no estado das vítimas

5.4. A avaliación urxente


Se a avalicaión de emerxencia determina que non hai risco vital inmediato,
continuarase con unha exploración de estado xeral ou avaliación urxente.

Na avaliación urxente trátase de coñecer con máis detalle as lesións que pode


sufrir a vítima e o seu estado para poder decidir o tipo de axuda que necesita.

O proceso comprende a exploración sistemática e completa das diferentes zonas


corporais, principiando pola cabeza, despois o tronco (tórax, abdome e espalda) e
rematando polas extremidades.

É aconsellable non mover demasiado á persoa xa que pode ter un sangrado interno


e algunhas posicións poden ser dolorosas.

Para completar a avaliación de urxencia poder ser necesario tamén facer unha
valoración da actividade sensitiva e motora e a valoración da dor.

Valoración da actividade sensitiva: si existen lesións neurais poden alterar a


información recollida polos sentidos. As veces basta con observar as manifestacións
das vítimas: se ten problemas de visión, non nota algunha parte do seu corpo, sofre
dor intenso de cabeza... Para completar a exploración podemos realizar unha
probas sinxelas:

 Pedirlle a persoa que sorría. Debemos fixarnos se move simétricamente os


músculos da cara.
 Pedirlle que levante os brazos durante uns segundos e observar se o fai sen
problema.
 Pedirlle que enuncie unha frase con sentido. Para valorar a existencia de
posibles trastornos da comprensión da linguaxe, do razoamento ou da fala.

Valoración da dor: A dor é un síntoma moi importante nos primeiros auxilios.

 Orienta sobre posibles lesións da vítima (é esperable que a reacción


emocional sexa proporcional ao sufrimento, aínda que non sempre).
 Inflúe sobre o benestar da vítima mentres se espera pola atención
profesional.
 Se é moi intenso pode desencadear perdas de consciencia.

5. A avaliación no estado das vítimas

5.5. Esperar ou trasladar


Unha mobilización inadecuada pode agravar as lesións da vítima. Actualmente a
boa cobertura que proporciona o 112 fai preferible o uso preferente de este
servicio.

De todas maneiras en ocasións será necesario mobilizar á vítima ou vitimas


por razóns diversas:

 Para afastalas da zona de perigo e levalas a un sitio seguro (incendio,


afundimento, accidente acuático...).
 Para deixalas e unha posición cómoda e segura en espera da chegada dos
servicios de emerxencia.
 Para inmobilizar algunha parte do corpo coa finalidade de evitar
movementos que poidan agravar as lesións.
 Para trasladar ás vítimas dende onde se atopan ata a ambulancia.

So en situacións excepcionais se deberá trasladar ás vitimas a un centro sanitario


en un vehículo particular:

 Cando exista a completa seguridade de que co traslado non se agravan as


lesións.
 Cando a espera polos servicios profesionais supoña un risco de que se
agrave o pronóstico da vítima.

Directrices en caso de traslado:


1. Antes de mover a unha vítima pensar ben nos beneficios e nos prexuizos
que se lle poden causar.
2. Comprobar que o camiño a recorrer coa vítima está libre de obstáculos.
3. En caso de sospeita de una lesion vertebral, non mover ao accidentado.
4. A evacuación a un centro sanitario non debe estar presidida pola présas,
senón por que se realice nas mellores condicións posible.
5. Non facer sentar nunca a un ferido en accidente grave e menos trasladalo
sentado en un automóbil.
6. Abrigar convenientemente á persoa trasladada.
7. Se a evacuación se fai con algún elemento que faga as veces de padiola, hai
que suxeitala ben para evitar posible caídas ou o envorcado da mesma

5. A avaliación no estado das vítimas

5.6. Avaliacion con múltiples víctimas


En algunhas situacións podémonos atopar con situacións complexas nas que sexa
necesario atender, simultaneamente, a varias vítimas (Accidentes deportivos
múltiples, accidentes de tráfico, intoxicacións masivas, incendios, explosións,
ataques multipersoais ou catástrofes naturais).

Nestes casos, e para non verse superado, un socorrista non profesional deberá
manter a calma e actuar de maneira coordinada con aquelas persoas que poidan
axudar ata a chegada dos equipos profesionais.

Como sempre será necesario, en primeiro lugar, asegurar tanto a propia seguridade
como a das vítimas.

Avaliación das vítimas

Logo será necesaria unha clasificación das vítimas que se plantexará en dúas fases:

1. Primeiro pídeselle as vítimas que, se poden, se levanten e anden cara unha


zona de seguridade.
2. Despois levarase a cabo unha avaliación de emerxencia de aquelas que non
poidan desprazarse, principiando polas máis próximas. Esta avaliación farase
no lugar onde se atope. Se non fose seguro haberá que trasladala á zona
segura.

A triaxe

Coa información obtida poderase establecer unha triaxe das vítimas. A triaxe é unha
clasificación das vítimas en categorías en función do pronóstico vital e
funcional. Esta triaxe vai determinar logo a orde de atención e traslado.
Normalmente os equipos profesionais dispoñen de un protocolo de triaxe que lle
asigna a cada vítima unha tarxeta identificada con unha cor en función da
prioridade:

 Tarxeta vermella: máxima prioridade en atención e coidados.


 Tarxeta amarela: Prioridade intermedia. Pode esperar un certo tempo sen
un empeoramento do pronóstico.
 Tarxeta verde: Baixa prioridade. As lesións son mínimas ou non necesitan
asistencia hospitalaria inmediata.
 Tarxeta negra: Vítimas falecidas ou con prioridade mínima pola súa pouca
probabilidade de supervivencia.

6. O marco legal nos primeiros auxilios

No caso dos primeiros auxilios a obriga ética correspóndese coa obriga legal. A lei
esixe a axuda ás persoas que se atopen en perigo grave e claro. En caso de non ter
coñecemento para prestar esta axuda, polo menos é esixible pedir auxilio a outras
persoas ou aos servicios de emerxencias (112). Se non se fai, o Código Penal
contempla sancións acordes coa gravidade da falta e as súas posilbles
consecuencias.

Nos artigos 195.1,2 e 3 do devandito Código Penal recóllese este deber de socorro.

Artigo 195.1: O que non socorrera a unha persoa que estea desamparada e en
perigo manifesto e grave, cando puidera facelo sen risco propio nin de terceiros,
será castigado coa pena de multa de tres a doce meses.

Artigo 195.2: Nas mesmas penas incorrerá  que, impedido da prestar socorro, non
demandase con urxencia auxilio alleo.

Artigo 195.3: Se a vítima o fose por accidente ocasionado fortuitamente polo  que
omitiu o auxilio, a pena será de prisión de seis meses a un ano e multa de seis a
doce meses. Se o accidente se debera a imprudencia, a de prisión de seis meses a
dous anos  emulta de seis a vinte e catro meses.

6. O marco legal nos primeiros auxilios

6.1. Concepto legais


Algúns concepto legais de utilidade a ter en conta:

1. Intención: Cando existe propósito de unha maneira consciente e voluntaria


de facer dano.
2. Dolo: Vontade e coñecemento para realizar unha acción que se considera
delito.
3. Delito: Acción ou omisión castigada pola lei.
4. Culpa, imprudencia ou neglixencia: Causar dano a outra persoa por non
ter actuado co debido coidado, sin intención da causalo.
5. Imprudencia temeraria: Delito polo que unha persoa pon en perigo a vida
ou a seguridade de outro/a persoa.

6. O marco legal nos primeiros auxilios

6.2. O consentimento da persoa atendida


Aínda que existe a obriga de axudar a unha persoa en perigo, esta pode preferir
esperar a ser atendida por profesionais cos medios axeitados ou por persoal que lle
ofreza máis confianza.

Consentimento: A lei esixe a solicitude de permiso á víctima antes de tocala


ou manipulala, especialmente se unha intervención inadecuada pode causarlle
lesións ou agravar as que xa sofre.

Requisitos legais para declinar:

 Ser maior de idade.


 Estar en posesión das facultades mentais.

Vítimas inconscientes, menores de idade ou aquelas que sufran trastornos que


afecten a súa capacidade de razoar non poden rexeitar legalmente.

Para que o rexeite sexa válido legalmente (evitando complicacións posteriores) é


conveniente que se faga en presenza de testemuñas. Incluso se a situación pode ter
consecuencias moi graves, mediante un documento firmado.

A regra de ouro na atención nos primeiros auxilios sempre será a de non facer dano.
So se debe facer aquelo que se sepa facer e se domine e poida axudar á vítima, sen
asumir riscos innecesarios.

6. O marco legal nos primeiros auxilios

6.3. Competencia profesional


A competencia profesional do Técnico Superior de Termalismo e benestar ven
regulada polo Real Decreto 699/2019 de 29 de novembro de 2019, publicado
no «BOE» núm. 341 o 10 de xaneiro de 2020 e comprende a unidade de
competencia seguinte: 

"UC0272_2: Asistir como primeiro intervinte no caso de accidente o situación


de emerxencia".

Esta unidade de competencia inclúe as  realizacións profesionais  seguintes:


 RP1: buscar signos de alteracións orgánicas segundo os protocolos
establecidos, para a valoración inicial do accidentado, como primeiro
intervinte. 
 RP2: Asistir ao accidentado con manobras de soporte ventilatorio e/ou
circulatorio básico, para manter ou recuperar as constantes vitais, conforme
os protocolos establecidos. 
 RP3: Prestar a atención inicial ao accidentado, aplicando os primeiros auxilios
iniciais en situacións de emerxencia que non impliquen una parada cardio‐
respiratoria, para manter as constantes vitais segundo o protocolo
establecido. 
 RP4: Aplicar as técnicas de mobilización e inmobilización ao accidentado, e
no seu caso intervindo cos primeiros auxilios, para asegurar o posible
traslado. 
 RP5: Intervir con técnicas de comunicación e apoio emocional ao accidentado,
familiares e implicados na situación de urxencia seguindo os protocolos
establecidos, para facilitar a asistencia, traslado e minimizar os riscos.

You might also like