You are on page 1of 1

Normas de actuación inmediata no caso de

derramamento de productos químicos.

Ø Te-las Fichas de Seguridade de tódolos productos


químicos cos que se traballe ou que poidan estar no lugar de
traballo (véxase o contido da Ficha de Seguridade na Guía de Etiquetaxe e
Almacenamento de Productos Químicos). Nestas fichas poderase ve-lo que hai que
facer no caso de derramamento de cada producto químico.
Tódolos traballadores teñen que ter coñecemento das Fichas de Seguridade e de
ónde se poden consultar.

Ø Normas xerais para seguir:

1.- Avisar inmediatamente ó superior ou responsable.


2.- Arredar ou cortar tódolos focos quentes do lugar
3.- Obtura-la fuga, se se pode facer sen risco; se non:

• Recolle-lo líquido que fugue en recipentes estancos e absorbe-


lo derramado, con terra, area ou un absorbente inerte, e
transportalo logo a un lugar seguro e controlado (Servicio de
Residuos Perigosos). Ventilar ben se se trata dun lugar
pechado.
• Non tocar nunca o material verquido coas mans espidas.
• Se se intervén, utilizar roupas protectoras, lentes, luvas e
protección respiratoria (sempre que non haxa déficit de
osíxeno).
• Nos casos de derrames ou fugas, non se deberá fumar e hase
actuar a favor do vento.
• Procurar que o líquido non penetre en gabias, sumidoiros,
sotos, etc.

You might also like