You are on page 1of 19

UD5

ALMACENAMENTO DE
PRODUTOS QUÍMICOS
Unidades Didácticas

• UD1 INSTALACIÓNS DO ALMACÉN (16 h)

• UD2 CLASIFICACIÓN DE PRODUTOS QUÍMICOS (16 h)

• UD3 ENVASADO E ETIQUETADO DE PRODUTOS QUÍMICOS (16 h)

• UD4 RECEPCIÓN E EXPEDICIÓN DE PRODUTOS QUÍMICOS (16 h)

• UD5 ALMACENAMENTO DE PRODUTOS QUÍMICOS (16 h)


Unidades Didácticas.
UD5 ALMACENAMENTO DE PRODUTOS QUÍMICOS (16 h).

• Código de cores para almacenamento.


• Medidas de seguridade no almacenamento: caídas de produtos,
derrubamentos, derramamentos, etc.
• Criterios de almacenamento: etiquetas axeitadas, ficha de seguridade,
rexistro, clasificación de produtos en función do risco, as existencias, a
caducidade, o tamaño, etc.
• Condicións de almacenamento (orde e limpeza): sólidos (temperatura,
humidade, nivel, altura, etc.), líquidos (temperatura, presión vapor, nivel,
etc.) e gases (presión máxima e relación entre presión e temperatura).
• Condicións de conservación.
Unidades Didácticas.
UD5 ALMACENAMENTO DE PRODUTOS QUÍMICOS (16 h).

• Illamento e confinamento de produtos.


• Sinalización.
• Empillamento de materiais: produtos a granel, bidóns, caixas, sacos,
tubos garrafas, botellas, material de vidro, etc.
• Documentos de almacenamento: inventario.
• Aplicacións informáticas (folla de cálculo e programas específicos
de xestión de almacéns).
Condicións de almacenamento
Almacenamento seguro: disposición de todos os produtos químicos que se
utilizan nun laboratorio, segregados, ordenados e ubicados de maneira que os
riscos potenciais de incendio, explosión e reaccións perigosas entre eles ou coa
auga se minimicen.

En anteriores unidades estudamos os perigos que teñen asociados os produtos


químicos, como deben estar envasados correctamente e os diferentes tipos de
almacenamento.

Nesta unidade aplicaremos todos os coñecementos adquiridos ata o de agora


para o almacenamento e xestión correcta dos produtos químicos nun
laboratorio.
Condicións de almacenamento
1° PASO: Listado exhaustivo dos produtos químicos presentes no almacén, así
como, as súas cantidades actuais e futuras

2° PASO: FDS de cada produto químico → INCOMPATIBILIDADES entre diferente


produtos, PERIGOSIDADE de ditos produtos químicos e ACTUACIÓN que debe
levarse a cabo en caso de fuga ou derrame accidental e o seu ESTADO FÍSICO

3er PASO: TABLA DE INCOMPATIBILIDADES para unha rápida e primeira separación de


produtos químicos.

Unha vez se dispoña de toda a información mencionada, procederase a segración


dos produtos químicos.

SEGREGAR PRODUTOS QUíMICOS significa separalos fisicamente por grupos de


produtos, en lugares de almacenamento distintos ou separados por unha parede.
Condicións de almacenamento
Táboa de
incompatibilidades
por pictogramas de
perigosidade
RD 656/2017
https://boe.es/boe_gallego/dias/2017/07/
25/pdfs/BOE-A-2017-8755-G.pdf
Condicións de almacenamento
Podemos clasificar os produtos químicos en función da súa característica de
maior perigosidade:
!!Problema
1. Inflamables
Moitos produtos químicos poden
2. Oxidantes clasificarse en 2 ou máis grupos.
3. Reductores
Por exemplo o ácido nítrico (HNO3)
4. Corrosivos: ácidos é un ácido forte e corrosivo, pero
5. Corrosivos: bases tamén é un gran oxidante

6. Tóxicos
7. Produtos que reaccionan coa auga
8. Peroxidables
9. Pirofóricos???
10. Gases comprimidos
Condicións de almacenamento
A solución podería ser clasificar os produtos químicos atendendo aos riscos
máis importantes que poden presentarse durante o almacenamento.
➢ Incendios ou explosións
➢ Reaccións violentas coa auga (medios de extinción)

E si dous compostos do
mesmo grupo son
incompatibles entre si??
Condicións de almacenamento
Como almacenamos os produtos químicos???

Método de incompatibilidades: é o máis adecuado, pero como asignamos cada


produto a un grupo concreto???.
Ademais ao clasificar os reactivos químicos en tantos grupos: necesario dispor de
moito espazo de almacenamento.

SOLUCIóN: método de incompatibilidades e completar con subgrupos cada un deles


(si é necesario), coa finalidade de ter en pouco espazo e debidamente segregados
produtos incompatibles e medios de extinción de incendios controlados, é dicir, o
que se coñece como almacenamento seguro
Condicións de almacenamento
Como almacenamos os produtos químicos???
Por exemplo, os produtos pirofóricos, aínda que se atopen en pequenas cantidades,
arden espontaneamente co aire, e normalmente, en contacto coa auga.
Así cada produto pirofórico debe almacenarse en recipientes especiais, e en moitas
ocasións, estos produtos requiren atmósferas inertes e secas.

FDS
Condicións de almacenamento
Como almacenamos os produtos químicos???
Condicións de almacenamento
Como almacenamos os produtos químicos???
Condicións de almacenamento
Como almacenamos os produtos químicos???
Condicións de almacenamento

https://youtu.be/7IT2I3LtlNE
Condicións de almacenamento
Resumindo:

Nun almacén dun laboratorio pódense segregar os produtos químicos en zonas


delimitadas para:

1. Produtos Inflamables
2. Produtos corrosivos ácidos
3. Produtos corrosivos bases
4. Produtos oxidantes
5. Produtos redutores
6. Produtos de especial toxicidade e pirofóricos
7. Frigorífico antideflagrante
8. Caseta para gases

Os produtos inertes poden utilizarse como separadores de produtos incompatibles

Sempre estudiando cada composto meticulosamente


Condicións de almacenamento
Almacenamento seguro:

Recomendacións

1. Ubicar cada composto nun lugar concreto


2. Devolver cada envase despois do seu uso ao seu lugar
3. Indicar no envase a súa ubicación
4. Manter sempre as etiquetas orixinais (ou cambialas por unhas propias) de cada
produto
5. Non almacenar en mesas de traballo: soamente deben estar os envases que se
estean utilizando nese momento
6. Non almacenar no interior das campanas de extracción
7. Separar as substancias incompatibles
8. Illar as substancias tóxicas e pestilentes
9. Gardar baixo chave as substancias tóxicas, pestilentes e inflamables
10. Non ter fontes de calor no almacén
11. Non ter luz solar directa no almacén
12. Forzar a ventilación nos armarios de seguridade e ter ventilación natural no
almacén
Condicións de almacenamento
Almacenamento seguro:

Recomendacións

13. Non utilizar frigoríficos caseiros para almacenar produtos químicos


14. Almacenar as botellas de gases no exterior do almacén, debidamente suxeitadas
a parede
15. Levar un rexistro das entradas de produtos químicos
16. Indicar a data de apertura do envase
17. Dispoñer da FDS de todos os produtos almacenados
18. Non usar envases de uso doméstico para almacenar produtos químicos
comerciais ou residuos.

REDUCIR O STOCK AO MÍNIMO, ESTABLECER SEPARACIÓNS FÍSICAS ENTRE


PRODUTOS INCOMPATIBLES, ILLAR OU CONFINAR CERTOS PRODUTOS DE ESPECIAL
CARACTERÍSTICA OU PERIGOSIDADE

You might also like