You are on page 1of 1

DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx.

56007

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 27 de setembro de 2023 pola que se dispón o nomeamento dun vogal


do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real
decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades
autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de admi-
nistración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que
se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos
e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa


titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas
competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do Sindicato Nacional de


CC.OO. de Galicia,

DISPOÑO:

O nomeamento de Alejandro Alonso Martínez como vogal no Consello de Administra-


ción da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación das organizacións sindicais.
CVE-DOG: debnj4f0-hew7-kpb9-u1x9-cs3sq46dgyc6

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2023

Alfonso Villares Bermúdez


Conselleiro do Mar

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like