You are on page 1of 1

DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx.

56061

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, do tribunal encargado de


cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de
Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de
Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos,
especialidade de museos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022
(Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a
data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 27 de setembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución
do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selecti-
vo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administra-
ción xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de
arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución do
30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), acordou, de conformidade co disposto
na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición, polas quendas de
acceso libre e de promoción interna, terá lugar o día 11 de outubro de 2023, en chama-
mento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración
Pública (EGAP), sita na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acredita-


tivo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera ou-
CVE-DOG: gj1f4630-ak22-vfw4-hyh6-4yl50rersqm6

tro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na
realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023

Xulio Rodríguez González


Presidente do tribunal

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like