You are on page 1of 8

IES AS FONTIÑAS

MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

OPERACIÓNS CON EFECTOS


COMERCIAIS A COBRAR
Unha vez formalizado o cobro dunha operación comercial mediante efectos (letra ou pagaré) a
empresa que ten os dereitos de cobro correspondentes pode optar por:
1. Esperar ó vencemento para cobrar o pagaré ou a letra directamente, cousa
que case non se emprega na actualidade por motivos de operatividade
comercial e financeira.
2. Entregalas ao banco para que se encargue de xestionar o cobro cando
chegue o vencemento.
3. Entragalas ao banco para que adiante os cartos que ao vencemento pagará o
debedor correspondente e descontando á empresa receptora do anticipo os
xuros de desconto correspondentes.

XESTIÓN DE COBRO DE EFECTOS


Neste caso a empresa cede o dereito de cobro dos efectos á entidade financeira que actúa como
intermediaria que espera ao momento do vencemento para presentar os efectos ao cobro.
Neste caso poden ocorrer varias situacións:
A. Que sexan cobrados: o banco abonará na conta do cliente o importe descontando a
comisión e outros gastos de xestión. (Hai que recordar que as operacións de xestión de
cobro teñen IVE ao tipo xeral do 21%).
B. Que non se efectúe o cobro: o banco cargaría as comisións
de devolución na conta da empresa e devolvería o efecto a
cobrar para que a empresa reclame ao debedor.

A entidade financeira cobre unhas comisións por facer a xestión de


cobro (polo traballo que fai a entidade financeira de encargarse de
presentar ao pago ao debedor o documento que deberá pagar e
ingresarnos na nosa conta corrente o importe correspondente). As
comisións calcúlanse aplicando nunha porcentaxe sobre o nominal e
tendo en conta as características dos efectos. O banco pode establecer un importe mínimo en
euros por cada efecto a cobrar.
O cálculo da comisión é multiplicar o valor nominal do efecto (o importe do efecto) pola comisión
que establece o banco.

COMISIÓNS = VN . %

1
IES AS FONTIÑAS
MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

DESCONTO SIMPLE
Son operacións de desconto aquelas nas que coñecido un capital que vence nun momento
futuro, tratamos de calcular o seu capital equivalente, de acordo cunha lei financeira, nun
momento anterior.

A ese capital futuro chamámolo neste tipo de operacións: VALOR NOMINAL (N)

e ao seu capital equivalente nun momento anterior: EFECTIVO (E)

A diferenza entre ambas cantidades é a CANTIDADE DESCONTADA OU DESCONTO: (D)

En función do documento presentado para o desconto podemos distinguir entre:

 DESCONTO NON CAMBIARIO: Os dereitos de cobro que se desexan anticipar son


exercidos sobre pagarés, facturas, recibos, etc
 DESCONTO CAMBIARIO: Os dereitos de cobro que se anticipan son representados en
letras de cambio.
 DESCONTO FINANCEIRO: Cando a letra á a materialización dun préstamo
recibido do banco, é dicir, o préstamo queda formalizado nunha letra de cambio
para a súa devolución ou cancelación.
 DESCONTO COMERCIAL: As letras proceden de operacións de compra-venda,
da actividade habitual da empresa

DESCONTO SIMPLE COMERCIAL OU BANCARIO


O Desconto simple comercial ou bancario é a operación financeira que ten por obxecto a
substitución dun capital futuro por outro con vencemento presente, mediante a aplicación da lei
financeira de desconto simple.

Trátase dunha operación inversa á capitalización simple e é aplicada


fundamentalmente a letras de cambio. (aínda que na realidade tamén
emprégase esta denominación se os dereitos de cobro están formalizados en
recibos ou similares).

Na práctica habitual comercial, estas operacións nacen da necesidade dos

2
IES AS FONTIÑAS
MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL
acredores de anticipar o momento do cobro antes da data de vencemento pactada
orixinariamente cos debedores.

É dicir, non podendo esperar ata a data de vencemento da letra (o acredor necesita liquidez para
facer fronte a pagos diversos), o acredor acode ao seu banco e pide que lle anticipe os cartos
recollidos no nominal da letra.

O banco pasa a ser tenedor lexítimo da letra, e a cambio entrega os cartos ao acredor menos
uns intereses por este anticipo ou préstamo.

O día do vencemento o banco presentará a letra ao


debedor e quedará cos cartos (o nominal) que
pague, pechándose a operación.

Para conseguir isto, os acredores acoden aos


intermediarios financeiros, onde o desconto
comercial é igual á diferenza entre o Nominal e o
Efectivo

Se o DESCONTO COMERCIAL é Dc , a ecuación resultaría a seguinte:

Dc = N - E

O VALOR NOMINAL ou simplemente NOMINAL (VN) é a cantidade que o debedor deberá


pagar ao vencemento da letra, é dicir, o importe que aparece na letra de cambio.

O EFECTIVO (VE) é a cantidade que recibe o acredor do banco de forma anticipada, antes do
vencemento

O DESCONTO (DC) é a cantidade que resta o banco do nominal e que constitúe a súa ganancia,
o seu beneficio, os xuros que cobra o banco por anticipar os cartos.

O DESCONTO COMERCIAL CALCÚLASE SOBRE O VALOR NOMINAL.

Polo tanto o Desconto Comercial é igual ao Nominal (VN) polo tipo de desconto (dc) e polo
tempo que dura a operación (n).

Dc = VN . dc . n

Igualando as dúas ecuacións que temos ata agora:

VN – VE = VN . dc . n

3
IES AS FONTIÑAS
MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL
VE = VN – VN . dc . n

VE = VN . (1 – dc . n)

VE = VN . (1 – dc . n)

Se o tempo (n) é calculado en días (é o máis habitual nas operacións de desconto) o tipo de
desconto (dc) deberá expresarse tamén en días, polo que a ecuación do desconto anterior
quedará:

Dc = VN . dc . n
360 Ecuación (1)

Respecto ao tempo da operación, hai 3 datas importantes nas operacións de desconto de


efectos:

 DATA DE EMISIÓN DA LETRA


 DATA DE VENCEMENTO DA LETRA
 DATA DE DESCONTO OU NEGOCIACIÓN DA LETRA: É o día que o acredor leva a
letra ao banco para que este lle anticipe os cartos. Sempre é unha data intermedia entre
as dúas anteriores e marca a data de inicio para o cálculos dos intereses que vai cobrar
a entidade financeira.

Os xuros de desconto deberán ser calculados SEMPRE polos días que van entre a data
de desconto e a data de vencemento do efecto.

VE VN
I______________________________I___________________________________I
O n (períodos de tempo)
Data de Emisión da letra Data de Desconto Data de Vencemento
I________________________________I
Período de devengo de xuros de desconto

4
IES AS FONTIÑAS
MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

A FACTURA DE NEGOCIACIÓN DE EFECTOS OU DE


DESCONTO
A factura de negociación é o documento onde o banco realiza a liquidación da operación de
desconto. Un exemplo podería ser o seguinte:

MÉTODOS ABREVIADOS PARA O CÁLCULO DO


DESCONTO:
Normalmente as empresas canto teñen dificultades de tesourería e necesitan descontar efectos
para conseguir cartos, non descontan unha única letra, senón que levan ao banco para
descontar varias letras que teñen en carteira: é o que se denomina REMESA DE EFECTOS.

Neste caso os xuros que cobrará o banco deberán ser calculados letra a letra considerando que
a data de desconto é a mesma para todas, pero a data de vencemento é diferente para cada
unha delas, polo que os días que determinan o período de devengo de xuros debe ser individual
para cada efecto.

Isto fai que o cálculo do desconto sexa unha operación longa, polo que hai algúns métodos que
axudan ao cálculo:

1. MÉTODO DOS NÚMEROS COMERCIAIS

Os Números Comerciais (NC) é o resultado de multiplicar o NOMINAL (VN) dunha


letra polo seu correspondente TEMPO (n) dende a data de desconto ata a data de
vencemento.

NC = VN . n

5
IES AS FONTIÑAS
MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

Defínese a Suma dos Números Comerciais, como la suma de cada VALOR


NOMINAL (N) de cada letra polo seu respectivo TEMPO (n):

Σ NC = VN1 . n1 + VN2 . n2 + VN3 . n3 +......... VNn . nn

2. MÉTODO DO DIVISOR FIXO


O Divisor Fixo (Df) defínese como o cociente entre a frecuencia de capitalización
(m) e o tipo de xuro (neste caso de desconto) (dc) da operación.

Df = m / dc

Como normalmente a frecuencia de capitalización en desconto establécese en días


e ademais aplicando o ano comercial, a fórmula anterior habitualmente queda
expresada da seguinte forma:

Df = 360 / dc

Desta forma, se tomamos a Ecuación (1)

Dc = VN . dc . n
360

E considerando unha remesa de varios efectos comercial que son levados a descontar á vez,
poderíamos expresala así para calcular á vez o desconto comercial total que cobra a entidade
financeira:

Dc = ∑NC
Df

Dc = NCT
Df

6
IES AS FONTIÑAS
MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

COMISIÓNS E GASTOS
As entidades financeiras normalmente cargan ao seus clientes ademais dos xuros de desconto
outras cantidades en concepto de comisións e gastos de xestión de cobro, correo, etc. Son
calculadas da mesma forma que na xestión de cobro porque responden ao mesmo servizo de
xestionar o cobro ao vencemento. A particularidade é que en desconto estas comisións non
levan IVE.

Os tipos de comisións e gastos que pode cobrar o banco en relación co desconto son:

 Comisións de estudo de clasificación comercial: Ao abrir unha liña de desconto.


Calcúlase sobre o limite da liña de desconto.
 Comisións de cobro ou de xestión de cobro: Normalmente varía en función de que o
efecto sexa aceptado e domiciliado ou non. Cóbrase por cada efecto en función do
nominal. Poden ter un mínimo por efecto.
 Comisións de timbrado: Aparecen normalmente para os pagarés, por exemplo.
 Comisións de devolución ou de impagados: En caso que que o efecto non sexa
atendido ou pagado polo librado ao seu vencemento. En función do nominal e
normalmente cun mínimo por efecto.
 Comisións de protesto: En caso de impago se a
letra é con gastos ou o cliente desexa que se
proteste a letra. En función do nominal cun
mínimo por efecto, pero tamén é habitual que
sexa unha cantidade fixa por efecto que sexa
protestado.
 Gastos de correo: Poden ser por efecto ou por
remesa.

Desta forma o vendedor cando vai ao seu banco para unha operación de desconto o que recibe
realmente é:

E = N – Dc – Com - Gastos

FORFAIT
O forfait é o tipo de desconto que aplica a entidade bancaria que engloba os xuros de desconto
máis as comisións e máis os gastos. Tamén chámase TODO INCLUÍDO ou CUSTE TOTAL.

Os cálculos dun desconto dunha remesa de efectos con forfait en vez de xuros de desconto,
comisións e gastos diversos son moitos máis sinxelos e abreviados, e fanse comodamente
aplicando os métodos abreviados dos NÚMEROS COMERCIAIS e do DIVISOR FIXO.

7
IES AS FONTIÑAS
MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL
Denomínase FORFAIT IDEAL a aquel tanto de desconto que, ao aplicarse sobre os VALORES
NOMINAIS durante os TEMPOS DE NEGOCIACIÓN , dá como resultado un EFECTIVO similar
ao que obteríamos de aplicar desconto, comisións e gastos por separado.

Se denominamos f ao tanto por un de forfait ideal, podemos calculalo a partires da seguinte


ecuación:

∑ 𝐷𝑐 + ∑ 𝐶𝑜𝑚𝑖𝑠𝑖ó𝑛𝑠 + ∑ 𝐺𝑎𝑠𝑡𝑜𝑠
f= . 360
∑ 𝑁𝐶

Hai que entender que o forfait ideal defínese para cada operación de desconto, para cada
remesa, polo tanto non é un tipo de desconto único, senón que deberá ser calculado cada vez
que se acode ao banco cunha remesa de efectos para a súa negociación.

NOTA: As entidades financeiras normalmente teñen diferentes condicións


de desconto en función de variables diversas como poden ser:

 Se o documento de cobro está aceptado ou non.


 Se o documento está domiciliado ou non.
 En función dun maior ou menor tempo ata o seu vencemento.
 Etc

IMPORTANTE: As entidades financeiras para cobrar polo desconto, computan os días de desconto
por ano natural (para o numerador), pero dividen entre 360, para así saír ganando na operación do
cobro intereses de desconto.

You might also like