You are on page 1of 3

IES AS FONTIÑAS

MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

O PATRIMONIO
O patrimonio é o conxunto de bens, dereitos e obrigas que pertencen a unha persoa
física ou xurídica debidamente valorados

Persoa física é calquera home ou muller.


Persoa xurídica é calquera asociación á que o Dereito recoñece capacidade para ter
dereitos e obrigas, como por exemplo as sociedades anónimas.

O concepto de patrimonio empresarial é estático, pois refírese ao


valor dun conxunto de bens, dereitos e obrigas nun momento
determinado. Non obstante, o patrimonio per se, é dinámico, xa
que nunha empresa está cambiando continuamente a través de
compras, vendas, cobros, pagos e doutro tipo de operacións que
fan variar a composición do mesmo. Aínda que o feito de que varíe
a composición do patrimonio non implica necesariamente que
existe beneficio ou perda, porque pode suceder soamente que uns
elementos do mesmo foron cambiados por outros que poder ter o mesmo valor ou non.

ELEMENTOS PATRIMONIAIS

Aos diferentes bens, dereitos e obrigas denomínaselles elementos patrimoniais.

BENS: Son os medios materiais (e as veces intanxibles) necesarios para a actividade da


empresa, como por exemplo: edificios, maquinaria, mercancías, cartos, etc.

DEREITOS: representan o que terceiras persoas deben á empresa (son os dereitos de


cobro), por exemplo: os cartos que os clientes deben por unha venda de mercancías
pendente de cobro.

OBRIGAS: son as débedas que ten a empresa con terceiras persoas, por exemplo: as
facturas de compra que temos pendentes de pagas aos nosos subministradores de
mercancías.

MASAS PATRIMONIAIS

Son grupos de elementos patrimoniais con características


comúns.
Hai 2 grandes masas patrimoniais:

ACTIVO: Todos os bens e dereitos da empresa

PASIVO (estrictamente denomínase PASIVO ESIXIBLE): Obrigas e débedas da


empresa con terceiras persoas). Son os FONDOS OU RECURSOS ALLEOS
IES AS FONTIÑAS
MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

A partires destas masas patrimoniais definimos a ecuación fundamental


do patrimonio:

PATRIMONIO NETO = ACTIVO – PASIVO ESIXIBLE

O NETO, PATRIMONIO NETO OU NETO PATRIMONIAL representa o valor real do


patrimonio da empresa, e mostra os fondos que o empresario aportou ao constituírse
a empresa máis os fondos de beneficios que non retirou do negocio en exercicios
sucesivos, é dicir, o valor teórico da empresa. Tamén é denominado PASIVO NON
ESIXIBLE (os únicos que poderían esixilo serían os socios, e iso implicaría a disolución
da empresa)
Representa polo tanto os RECURSOS PROPIOS da empresa

ACTIVO FIXO, INMOBILIZADO OU ACTIVO NON CORRENTE: está formado por aqueles
bens e dereitos vinculados á empresa de forma permanente ou por períodos largos de
tempo. (En contabilidade a partires de 12 meses). Por exemplo un camión de reparto.

ACTIVO CIRCULANTE OU ACTIVO CORRENTE: está constituído por aqueles elementos


patrimoniais de activo que se renovan ou cambian varias veces ao longo dun exercicio
económico. Por exemplo os materias primas que a empresa ten para a súa actividade
produtiva.

Á súa vez podemos distinguir:


EXISTENCIAS: Todos os materiais para a venda ou para transformalos e vendelos
posteriormente xa convertidos nun produto final.

REALIZABLE: Todos aqueles elementos de activo circulante que non son


existencias pero que aínda non están materializados en cartos ou diñeiro
líquido. Por exemplo: os cartos que nos debe un cliente que aínda non nos pagou
os materiais que comprou o mes pasado.

DISPOÑIBLE: Son os cartos da empresa

PASIVO A LONGO PRAZO OU PASIVO NON CORRENTE: son aquelas débedas da empresa
con terceiros que teñen un vencemento superior a 12 meses

PASIVO A CURTO PRAZO OU PASIVO CORRENTE: as débedas da empresa con


vencementos inferiores a 12 meses.
IES AS FONTIÑAS
MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

O PASIVO MÁIS O NETO é chamado tamén ESTRUTURA


FINANCEIRA da empresa, e representan o total de fondos ou
recursos de tipo financeiro cos que conta a empresa para o
desenrolo da súa actividade.

O ACTIVO pode considerarse a ESTRUTURA ECONÓMICA da


empresa. É dicir, onde están investidos os fondos da empresa
(en edificios, existencias, cartos no banco, etc)

ESTRUTURA ECONÓMICA ESTRUTURA FINANCEIRA


ou ou
INVERSIÓNS = FONTES DE FINANCIAMENTO
ou ou
ACTIVO PASIVO ESIXIBLE + NETO

PATRIMONIO NETO
ACTIVO =
PASIVO ESIXIBLE

O activo está financiado con recursos propios e alleos, ou visto doutra maneira, que o
Neto Patrimonial é a parte dos Activos da empresa que queda despois de facer fronte
a todas as obrigas con terceiros

You might also like