You are on page 1of 25

22/3/2017 A 

contabilidade e a analise contable

A contabilidade e a analise contable

Caso práctico
Luís e Elena decidiron abrir a súa propia empresa. Xa avanzaron moito no estudo do seu proxecto; cada día
que pasa o seu soño parece máis próximo.

Chegou  o  momento  de  analizar  se  o  negocio  que  pretenden  levar  a  cabo  é  viable  desde  o  punto  de  vista
económico­financiero.

Luís  está  algo  perdido  en  temas  económicos:  "os  números  danme  alerxia"  dicía  cando  non  entendía  unha
explicación  en  clase  de  Matemáticas.  Agora  di  o  mesmo  cando  oe  o  prezo  do  alugamento  do  local,  cando
calcula os xuros que hai que pagarlle ao banco polo préstamo, cando ve o axiña que se acaba o diñeiro, aínda
comprando só o imprescindible!

Afortunadamente, Elena estudou un curso de contabilidade, pois na empresa en que estivo traballando durante cinco anos, ademais das tarefas
propias  da  súa  profesión,  se  encargaba  dos  asuntos  económicos.  Está  disposta  a  ensinarlle  a    Luís  os  aspectos  básicos  da  contabilidade  e  a
convencelo da importancia de elaborar un plan económico­financeiro de calidade, que aumente as posibilidades de obter un bo financiamento e
de que o seu negocio perdure a longo prazo.

Elena  advírtelle  a  Luís  que  os  primeiros  meses  ou  anos  dunha  nova  empresa  adoitan  ser  duros.  Por  este  motivo,  débese  xestionar  con
previsión de negocio.

­Como se consegue iso? ­pregunta Luís.

­Grazas á axuda da contabilidade ­responde Elena­. Explicareicho pouco a pouco.

Tamén  hai  organismos  que  asesoran  de  balde  as  persoas  emprendedoras  sobre  estes  temas,  como  as  asociacións  de  empresarios  novos,  os
viveiros de empresa e o portelo único.

Resulta  de  grande  utilidade  anotar  nunha  axenda  as  tarefas  importantes  do  día  para  que  non  esquezan,  especialmente
cando  son  moitas  e  de  moi  diverso  tipo.  Do  mesmo  xeito,  unha  empresa  debe  levar  un  rexistro  detallado  das  operacións
mercantís que realiza. Canto máis sistematizado e lóxico sexa este rexistro, mellor será a información que proporcione. Este
proceso lévase a cabo mediante a contabilidade.

Por que se rexistran estas operacións?

Para obter información que axude a tomar decisións.

Cando anotamos as tarefas do día nunha axenda, despois podemos priorizalas en función da súa importancia.
Cando  unha  empresa  analiza  toda  a  información  rexistrada  pola  contabilidade,  pódese  realizar  unha  análise  da  situación  económico­financeira  da
empresa e deste modo obter respostas a preguntas como:
Canto lle custa á empresa a súa actividade produtiva? Canto ingresa a cambio?
A partir de cando se empezará a obter beneficios?
É adecuada a proporción entre o financiamento propio e o alleo?
É adecuado o nivel de endebedamento da empresa?
Atópase a empresa en situación de equilibrio financeiro ou deixará de pagar as súas débedas?
Que rendibildade obtén a empresa? E os socios?

Para  que  esta  información  sexa  comprensible  para  todos  as  persoas  interesadas,  a  contabilidade  establece  un  sistema  de  rexistro  normalizado  e
uniformado. Só hai que descubrir como funciona e aprender a interpretala. Nesta unidade has aprender os aspectos básicos que che axudarán a analizar se a
túa empresa é viable desde o punto de vista económico­financeiro.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 1/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

1. A contabilidade

Caso práctico

Elena trata de lle transmitir a Luís a importancia de contar cunha ferramenta como a contabilidade:

­Actúa coma un compás que proporciona información sobre a situación na que se acha a empresa desde un
punto  de  vista  económico­financeiro  e  indica  cara  a  onde  pode  camiñar,  é  dicir,  orienta  e  axuda  a  tomar
decisións sobre as posibles operacións que podemos realizar na mpresa.

Luís sorrí.

­Ata agora, parece sinxelo.

­A cuestión é que hai que saber rexistrar e interpretar os datos económicos correctamente ­advirte Elena.

A  contabilidade  é  un  sistema  de  rexistro  das  operacións  mercantís  que  realiza  a  empresa  e  a  súa  misión  principal  é  facilitar  información  económico­
financeira da entidade.

A quen lle pode interesar esta información?

A múltiples usuarios, tanto ao persoal da empresa coma a terceiros alleos a esta.

O  fin  último  da  contabilidade  é  proporcionarlles  información  a  todos  os  usuarios,  para  que  poidan  tomar  decisións  adecuadas  dentro  do  seu  ámbito  de
actuación. Por este motivo a información que proporcione a contabilidade debe ser clara, relevante e fiable:

Clara para que a información subministrada sexa comprensible e útil para os usuarios á hora de tomaren as súas decisións económicas.
Relevante ou útil para a toma de decisións económicas, é dicir, axuda a avaliar sucesos pasados, presentes ou futuros.
Fiable cando está libre de erros materiais e é neutral, é dicir, amosa a  imaxe fiel da empresa. Unha calidade derivada da fiabilidade é a integridade,
que se alcanza cando a información financeira contén, de forma completa, todos os datos que poden influír na toma de decisións, sen ningunha omisión
de información significativa.

Autoavaluación
Verdadeiro ou falso?

A finalidade da contabilidade é rexistrar as operacións mercantís.

 Verdadeiro   Falso

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 2/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

2. A análise contable

Caso práctico

Do  mesmo  modo  que  hai  que  saber  utilizar  un  compás  para  servirse  del,  é  necesario  saber  rexistrar  e
interpretar os feitos contables ­puntualiza Elena­. En primeiro lugar, tes que saber que hai unha contabilidade
de custos e unha contabilidade financeira. Cada unha encárgase dun ámbito distinto e proporciona información
diferente  que  lles  incumbe  a  diferentes  persoas.  A  nós,  como  socios,  interésanos  a  información  que  nos
proporcionen ambas as contabilidades.

O estudo e rexistro das operacións da empresa poden realizarse desde enfoques distintos; por iso imos distinguir dous tipos de contabilidade:

A contabilidade externa, xeral ou financeira: rexistra as operacións que implican variacións dos  elementos patrimoniais da empresa e, deste xeito,
indica se o resultado do exercicio económico é positivo (beneficios) ou negativo (perdas). Exemplo: a contabilidade financeira rexistra operacións como a
concesión dun crédito por parte dun banco á nosa empresa.

A contabilidade interna, analítica ou de custos: encárgase de calcular os custos en que incorre a empresa para obter o seu produto, e proporciona
información  sobre  a  eficiencia  de  cada  sección  ou  departamento  da  empresa.  Por  tanto,  podemos  concluír  que  a  contabilidade  de  custos  facilita  a
análise, a planificación e o control da xestión empresarial.

Se lembramos o  ciclo de explotación da empresa que analizamos na unidade primeira deste módulo, podemos apreciar o campo de cada unha destas dúas
contabilidades:

A contabilidade (analítica e financeira) rexistra cada un dos procesos que se desenvolven neste ciclo:

A contabilidade xeral ou financeira estuda os fluxos externos de valores, é dicir, os que se producen entre a empresa e o mundo exterior:
Compra de materias primas e adquisición doutros factores produtivos.
Venda de produtos terminados.
Calquera outra operación con terceiros.
A contabilidade analítica ou de custos estuda os fluxos internos de valores, é dicir, os que se producen dentro da empresa:
Entrada dos factores de produción no proceso de transformación.
Entrada dos produtos terminados no almacén.
Envío do produto ás canles de distribución.

Deste modo, podemos concluír que a información que proporciona a contabilidade analítica ou de custos se destina aos usuarios internos da empresa, entanto
que a contabilidade financeira lles interesa tanto aos usuarios internos coma aos externos.

Autoavaliación

Que contabilidade rexistra a compra de materias primas?

A financeira

A analítica

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 3/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

3. A contabilidade de custos

Caso práctico

Elena decidiu comezar a súa explicación pola contabilidade de custos, posto que un dos primeiros puntos que
deben ter presente é canto lles custará ofrecer o seu servizo, comparalo cos ingresos que recibirán a cambio e
ver se lles compensa embarcarse neste negocio.

­En primeiro lugar ­di Elena­, tes que saber os tipos de custos dos que se fala en contabilidade e, en segundo
lugar,  os  custos  que  compoñen  calquera  produto:  o  prezo  das  materias  primas,  os  gastos  en  publicidade,  os
salarios dos traballadores, a luz, o gas, o teléfono, etc.

Luís  comeza  a  preocuparse  de  novo;  a  lista  de  custos  parece  inacabable.  Ingresarán  o  suficiente  para
compensalos e, ademais, obter beneficios?

Anteriormente,  nesta  mesma  unidade,  vimos  graficamente  que  a  empresa  necesita  unha  serie  de  factores  de  produción
(materias primas, traballadores, etc.) para ofrecer un ben ou servizo ao mercado.

Canto  lle  custa  á  empresa  producir  ese  ben  ou  servizo?  A  resposta  vén  determinada  polo  custo  destes  factores  de
produción.

Á hora de montar unha empresa, é moi importante calcular ben os custos nos que se vai incorrer para contar coa cantidade
de diñeiro apropiada e non deixar a empresa sen a posibilidade de lles facer fronte aos seus pagamentos.

O custo pódese definir como a expresión do valor monetario dos bens e servizos consumidos pola empresa no desenvolvemento da súa actividade,
é dicir, o valor monetario dos factores de produción que se incorporan ao proceso de transformación.

Dun  modo  informal,  podemos  dicir  que  os  custos  representan  "o  que  lle  custa  á  empresa  realizar  a  súa  actividade,  é  dicir,  canto  supón  obter  o  produto  ou
servizo que ofrece".

Para saber máis
Unha das apostas da empresa Puig para saír da crise foi reducir custos. Descúbreo lendo o seguinte artigo:

Puig rise da crise

Coidado! Custo e gasto non é o mesmo. Con todo, a diferenza pode chegar a ser puramente formal, converténdose en dous enfoques distintos dun
mesmo feito:

O custo é un termo da contabilidade de custos e non se produce ata que ten lugar o consumo.
O gasto é un termo da contabilidade financeira e, en principio, é previo ao consumo.

Exemplo:

Cando se compran as materias primas, a contabilidade financeira rexistra o prezo pagado e contabilízase como un gasto.
Cando as materias primas entran no proceso de produción (consómense), a contabilidade de custos rexístrao como un custo necesario para
obter o produto da empresa.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 4/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

3.1. Clasificación dos custos
Hai diversas clasificacións dos custos; nós estudaremos os seguintes:

Segundo a súa  imputación.

Custos directos (CD). Son os que se poden asignar claramente a unha unidade de produto e nunha contía 
concreta e obxectiva.

Exemplo: nunha panadaría elaboran 10.000 barras de pan diarias; saben a cantidade exacta de fariña, sal, auga
e demais ingredientes que necesitan e poden calcular o prezo exacto de todo isto.

Custos  indirectos  (CI).  Son  os  que  corresponden  a  máis  dun  obxecto,  polo  que  separar  canto  consome
cada un é difícil; para solucionar que cantidade de custo se lle imputa a cada unidade de produto, recórrese a
criterios subxectivos.

Eemplo: é moi difícil saber que parte do que custa o seguro do local ou o servizo de limpeza corresponde a unha
unidade de produto.

Segundo o volume de produción ( representación gráfica destes custos) (75 KB)

Custos fixos (CF). Son os que permanecen constantes ante variacións no volume de produción dentro dun período de tempo determinado (hai
que ter en conta que a longo prazo todos os custos chegan a ser variables).

Exemplo: o prezo do alugamento do local no que se desenvolve a actividade da empresa será o mesmo, con independencia de que a empresa
fabrique 10.000 ou 20.000 unidades de produto. O mesmo ocorre co salario do persoal, o servizo de limpeza, os seguros, a calefacción ou o aire
acondicionado dos locais, a minuta do avogado, etc.

Custos variables (CV). Varían en función do nivel de produción.

Exemplo: o custo das materias primas aumenta se se incrementa o número de unidades producidas. Para unha
panadaría non é o mesmo comprar 100 quilos de fariña para elaborar 10.000 barras de pan que comprar 200
quilos para elaborar 20.000 barras.

Custos totais (CT). A suma de custos fixos e dos custos variables: CT = CF + CV.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 5/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

3.2. O custo da actividade produtiva

Como pode coñecer unha empresa canto lle custará desenvolver a súa actividade?

No estudo dos custos hai que que analizar os elementos que compoñen o custo de calquera produto, é dicir, os recursos que
se  necesitan  para  realizar  a  actividade  empresarial.  En  primeiro  lugar,  pódese  facer  unha  listaxe  de  todo  o  que  utiliza  a
empresa para ofrecer un ben ou servizo, e cuantificalo economicamente. En liñas xerais, estes custos son:

O custo da fabricación ou prestación de servizos:
Custos  directos  de  fabricación:  materias  primas,  mercadorías  ou  material  para  ofrecer  un  servizo,  envases  e
embalaxes, maquinaria, etc.
Custos indirectos de fabricación: maquinaria, combustible, luz, auga, calefacción ou aire acondicionado, servizo
de limpeza, etc.
Custo da man de obra directa e indirecta:
Man de obra directa: salarios e Seguridade Social dos traballadores que se dedican a producir un ben ou prestar un servizo.
Man de obra indirecta: salarios e Seguridad Social do resto dos traballadores da empresa: administrativos, contables, directivos, etc.
Custos de distribución: transporte, almacenamento, etc.
Custos administrativos: equipamentos informáticos, software, etc.
Custos financeiros: xuros polo diñeiro prestado, etc.

Para saber máis
Sabías que a teleformación axuda a reducir custos? Descubre todo aquilo que aínda non coñeces sobre este tipo de ensino en:

Especial teleformación

Autoavaliación
Indica cunha cruz (X) o tipo de custo que representan. Podes pór máis dunha cruz por ringleira. Se non hai asociación, cubre o oco con
"o".

Exercicio de asociar

CUSTOS FIXOS VARIABLES DIRECTOS INDIRECTOS

O alugamento do  almacén onde se gardan os produtos que vende a empresa

A enerxía eléctrica que consome o forno dunha panadaría

O custo de mantemento dos ascensores dun hospital

O salario base dun educador infantil que traballa nunha "bebeteca"

A Seguridad Social do director dun centro de educación infantil

Os computadores dun centro de educación infantil

O custo dun mandilón para cada neno dun centro de educación infantil (supondo que o
custo o asume a empresa)

Enviar

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 6/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

3.3. O límite de rendibilidade ou punto morto

Caso práctico
Logo de darlle voltas ao asunto dos custos, a Luís xórdenlle un par de preguntas:

Cantos clientes deberemos ter como mínimo para obtermos beneficios?

A partir de que cifra non teremos perdas?

Coñecer este dato sería unha boa indicación para calcular canto diñeiro se precisa.

Toda empresa debe coñecer cal é a cantidade mínima que debe producir e vender para obter beneficios. Calcúlase a través do que se coñece co nome de:

Punto morto ou límite de rendibilidade

Representa o volume de produción e vendas para o cal o beneficio da empresa é igual a cero, é dicir, é o punto no que os ingresos son iguais aos
custos.

Chámase "límite de rendibilidade" porque representa o volume de produción a partir do cal resulta "rendible" a actividade da empresa:

Neste punto, a empresa consegue cubrir todos os seus custos (fixos e variables), pero non ingresa nada, o seu beneficio é cero.
Se a empresa produce ou vende por baixo deste punto, terá perdas.
Se produce ou vende por riba, terá beneficios.

Graficamente represéntase do seguinte modo:

Matematicamente, calcúlase mediante a seguinte fórmula:

EXEMPLO:

Unha empresa calculou que os seus custos fixos totais do próximo mes serán de 10.000 euros, os custos variables por cada servizo prestado son de
225 euros e por cada servizo cóbranlles aos clientes 450 euros mensuais. Cantos servizos deberán prestarse o próximo mes nesta empresa para
cubrir custos?

Representación gráfica (75,9 KB)

O límite de rendibilidade desta empresa é de 44,44 servizos, o que significa que se se presta este número de servizos se cubrirán custos, pero o seu
beneficio será cero; só a partir desta cifra se empezarán a obter beneficios. Por baixo de 44,44 servizos prestados, haberá perdas.

Exercicio resolto
Cantas unidades de produto ten que vender unha empresa que incorre nuns custos fixos totais de 20.000 euros e uns custos variables unitarios
de 400 euros? Sabemos, ademais, que vende o seu produto a 500 euros a unidade. Represéntao graficamente.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 7/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

4. A contabilidade financeira

Caso práctico

Agora que Luís xa se tranquilizou co tema dos custos, Elena pasa a explicarlle a contabilidade financeira. Para isto, volve sacar
o seu compás.

Unha  das  cousas  que  máis  a  preocupa  é  conseguir  que  Luís  comprenda  a  importancia  de  levar  unha  boa  contabilidade
financeira. Así poderán:

Obter unha análise completa do que ocorre na empresa.
Realizar un diagnóstico da situación presente.
Deseñar o futuro económico da empresa.

Como diciamos ao principio desta unidade, a contabilidade é un sistema de rexistro das operacións mercantís que realiza a empresa e facilita información
sobre a realidade económica e patrimonial da empresa.

A contabilidade financeira, en concreto, rexistra as operacións que se producen entre a empresa e o mundo exterior. Este proceso debe realizarse conforme
as normas do Plan Xeral Contable (PXC).

Que é o Plan Xeral Contable?

É  o  regulamento  de  normalización  que  recolle  os  procedementos  e  métodos  que  hai  que  seguir  en  contabilidade.  As  súas  disposicións  harmonizan  coas
directivas  europeas.  Estrutúrase  en  cinco  partes  tres  das  cales  (marco  conceptual,  normas  de  rexistro  e  valoración,  e  normas  de  elaboración  das  contas
anuais) e son de aplicación obrigatoria para todas as empresas españolas, operen en España ou en mercados exteriores.

Para saber máis
En  ocasións,  é  necesario  interpretar  as  disposicións  normativas  do  PXC.  Disto  encárgase  o  Instituto  de  Contabilidade  e  Auditoría  de  Contas
(ICAC) que, coas súas resolucións, concreta e adapta o PXC. Podes visitar a súa páxina web:

ICAC

Vanche resultar moi útiles as seguintes ligazóns para consultar o PXC e o específico para PME:

Plan xeral contable (144,8 KB)

PXC específico para pemes e criterios contables específicos para microempresas (65 KB)

Unha  das  grandes  novidades  do  Plan  Xeral  Contable  que  entrou  en  vigor  no  ano  2008  é  a  introdución  dun  PXC  específico  para  pequenas  e  medianas
empresas (PME), que lles permite utilizar un  réxime contable simplificado . Adicionalmente, as microempresas poderán beneficiarse coa aplicación duns
criterios contables específicos.

Requisitos para utilizar o Plan Xeral Contable para PME e os
criterios para microempresas

Tipo de empresa Activo Cifra de negocio Núm. de traballadores

PME < 2.850.000 EUR < 5.700.000 EUR ≤ 50 traballadores

Microempresas < 1.000.000 EUR < 2.000.000 EUR ≤ 10 traballadores

As empresas deben cumprir con, polo menos, dous destes tres límites.
A elección dun destes dous PXC manterase, como mínimo, durante tres anos, salvo que neste período se superen dous destes límites ao longo de dous exercicios consecutivos ou se desen as circunstancias previstas para a
utilización obrigatoria do PXC xeral.

Para saber máis
Hoxe en día podes atopar información en internet de practicamente todos os temas, incluída a contabilidade:

Hai páxinas web que tratan de explicar a contabilidade dunha forma sinxela: "Guía de contabilidade para torpes".
Outras páxinas ofrecen cursos moi completos: "Curso de contabilidade".

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 8/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

4.1. As contas anuais

Caso práctico

Luís  pregúntase  como  debe  levar  a  contabilidade.  Agora  xa  sabe  que  poden  utilizar  o  réxime  simplificado  de
contabilidade e utilizar os criterios contables para microempresas. O PXC fala da obrigatoriedade de presentar
anualmente unhas contas anuais, pero en que consisten?

Que son e para que serven as contas anuais?

A información que proporciona a contabilidade concrétase nas contas anuais.

As contas anuais son cinco documentos, cuxo obxectivo é amosar a  imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos
resultados  da  empresa.  Por  iso,  o    PXC  pide  que  a  información  incluída  nas  contas  anuais  sexa  relevante,  fiable,  íntegra,
comparable e clara. Soamente así a información que proporcionen será comprensible e útil para os responsables de tomar
decisións na empresa e para terceiros alleos que teñan interese en coñecelas.

Cinco contas anuais

O Plan Xeral Contable establece cinco contas anuais. Cada unha ten entidade propia, pero teñen que formar unha unidade:

Balance:  reflicte  o  patrimonio  da  empresa  nun  momento  dado,  é  dicir,  ofrece  unha  visión  estática  do  patrimonio  da  empresa  (similar  a  unha  imaxe
fotográfica). Logo de elaborado, serve para analizar a situación económica e financeira da empresa.
Conta  de  perdas  e  ganancias:  recolle  o  conxunto  de  ingresos  e  gastos  dun  período  de  tempo.  O  seu  obxectivo  é  calcular  o  resultado  obtido  pola
empresa durante un  exercicio económico: beneficios ou perdas. Ademais, detalla como se chega a ese resultado.
Estado de cambios no patrimonio neto: informa sobre os cambios ou variacións no   patrimonio neto, desde o principio ata o final do exercicio. O
estado de cambios no patrimonio neto ten dúas partes:
Estado de ingresos e gastos recoñecidos.
Estado total de cambios no patrimonio neto.
Estado de fluxos de efectivo (EOAF): relaciona os ingresos e os pagamentos de efectivo que se realizan nun período contable; ademais proporciona
información sobre as actividades de investimento e financiamento. 
O estado de fluxos de efectivo non é obrigatorio para as PME, pero si para o resto das empresas.
Memoria: é un documento que completa, amplía e comenta a información contida nas outras contas anuais. 
A memoria contén, entre outras cousas:
Unha descrición das actividades da empresa.
As normas de rexistro e valoración que seguiu a empresa.
O inmobilizado material, o intanxible e investimentos inmobiliarios.
Os activos e pasivos financeiros.
Fondos propios.
Situación fiscal.
Ingresos e gastos.
Subvencións e legados.
Outra información.

Características das contas anuais:

Son públicas: o Plan Xeral Contable obriga as empresas a elaboraren e presentaren as contas anuais no rexistro mercantil, onde se dá publicidade
destas. Calquera persoa interesada pode acudir a este rexistro e solicitar as contas anuais dunha compañía.
Salvo  excepcións,  en  xeral,  elabóranse  cunha  periodicidade  de  doce  meses,  que  é  a  duración  que  se  presupón  para  o  ciclo  de  explotación  da
empresa.
O responsable de presentar as contas e de xustificar a súa veracidade é o empresario.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 9/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

4.2. O balance (I)

Caso práctico

Elena e Luís consideran que un dos primeiros pasos que deben dar á hora de realizar a análise de viabilidade
da súa empresa é coñecer o seu patrimonio: Que bens teñen para iniciar a súa actividade empresarial? Canto
poderían  chegar  a  pedir  prestado  ao  banco?  Canto  porá  cada  socio  e  que  contía  representa  fronte  ao
financiamento alleo?

Elena proponlle a Luís comezar confeccionando o que podería ser o balance da súa futura empresa:

­Por que empezar por un balance? ­pregunta Luís.

­Porque reflicte o patrimonio da empresa nun momento determinado ­responde Elena.

­Si, pero que é exactamente o patrimonio da empresa? De que se compón? ­insiste Luís.

O patrimonio dunha empresa está composto polo conxunto de bens, dereitos e obrigas con valor económico que permiten desenvolver a actividade produtiva.
Estes tres elementos coñécense co nome de  elementos patrimoniais.

Matematicamente represéntase mediante a seguinte ecuación:

Patrimonio = Bens + Dereitos ­ Obrigas

Na seguinte presentación podes clicar sobre cada palabra para descubrir o seu significado e ver algúns exemplos.

Resumo textual alternativo

Para saber máis
Podes ver un resumo da animación no seguinte documento.

O patrimonio (454,4 KB)

A composición do balance

En consecuencia, o balance está formado polas seguintes  masas patrimoniais:

a. Activo.
b. Patrimonio neto.
c. Pasivo.

A terminoloxía contable utiliza o termo activo para identificar o conxunto de bens e dereitos, e pasivo para referirse ao conxunto de obrigas:

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 10/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 11/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

4.2.1. O balance (II)
A. O activo.

Por  tanto,  o  activo  componse  dos  bens  e  dereitos  propiedade  da  empresa,  dos  que  se  espera  obter  rendementos  económicos  no  futuro.  Divídese  en
activo non corrente e activo corrente, cuxos elementos principais son:

ACTIVO NON CORRENTE (ANC)

CONCEPTO

Está  composto  polos  bens  e  dereitos  que  formen  parte  do  patrimonio  durante  máis  dun  ciclo  de  explotación.  Cando  o  ciclo  normal  de
explotación dunha empresa non resulte claramente identificable, presumirase que é dun ano.

Xa que logo, o activo non corrente abrangue os bens e dereitos que permanecerán na empresa por un período de tempo igual ou superior a
un ano (  longo prazo).

COMPOSICIÓN

Inmobilizado  intanxible.  Son  bens  inmateriais  que  poden  ser  valorados  economicamente.  Exemplos:  patentes,  marcas,  licenzas,
aplicacións informáticas.

Inmobilizado material. Son bens tanxibles que non serán obxecto de venda ou transformación na actividade produtiva da empresa.
Exemplos: moblaxe, maquinaria, elementos de transporte, ferramentas, computadores, locais, etc.

Investimentos inmobiliarios. Inmobles que posúa a empresa para obter rendas ou plusvalías e que non se destinen ao proceso de
produción da empresa. Exemplos: locais, pisos, edificios e terreos nos que non opera a empresa, senón que destina ao alugamento
ou á venda.

Investimentos financeiros a longo prazo. Investimentos ou diñeiro que a empresa non destina ao proceso de produción, senón a
xerar  rendas  ou  plusvalías  e  que  requiren  unha  inmobilización  superior  a  un  ano.  Exemplos:  investimentos  en  depósitos  ou  contas
bancarias a longo prazo, compra de accións doutras empresas.

Etc.

ACTIVO CORRENTE (AC)

CONCEPTO

Abrangue os activos que están vinculados á actividade principal da empresa e que se espera vender ou consumir no transcurso do  ciclo
de explotación, e aqueles dos que, non estando vinculados á actividade principal da empresa, se espera que se produza o seu vencemento,
venda ou realización no prazo máximo dun ano (  curto prazo).

COMPOSICIÓN

Existencias. Inclúe  os  bens  que  a  empresa  destina  á  venda,  as  materias  primas  que  utiliza  no  proceso  de  produción  ou  o  material
que emprega para a prestación de servizos.

Realizable. Inclúe os dereitos de cobramento que nacen das vendas da empresa, que non cobra ao contado e que serán liquidadas
nun período inferior ao ciclo normal da empresa (inferior a un ano).

Investimentos financeiros a curto prazo. Os dereitos que xurdan como consecuencia de operacións financeiras de duración inferior
a un ano. Exemplos: investimentos en depósitos ou contas bancarias de vencemento inferior a un ano.

Dispoñible. Inclúe o diñeiro dispoñible en contas bancarias e o que teña a empresa en efectivo.

Un elemento que aparece no activo do balance é a amortización:

A amortización: representa a perda de valor do inmobilizado polo seu uso ou obsolescencia.

EXEMPLO: non ten o mesmo valor unha furgoneta que se acaba de mercar, que incorpora os avances máis recentes, que outra antiga, que
xa ten moitos anos de rodaxe.

Os  elementos  de  inmobilizado  susceptibles  de  amortización  represéntase  no  activo  non  corrente  polo  seu  valor  neto,  é  dicir,  restándolle  a
amortización acumulada.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 12/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

4.2.2. O balance (III)
B. O patrimonio neto ou neto patrimonial

O patrimonio neto expresa o valor da empresa, calculado por diferenza entre os activos e os pasivos, e representa o
financiamento propio ou os recursos propios da empresa, é dicir, aqueles que a empresa non ten que devolver por
no seren esixibles.

Está composto por:

As contribucións (monetarias ou non) dos socios á empresa.
Os beneficios xerados pola empresa que non son distribuídos entre os propietarios, senón que permanecen na
empresa. Denomínanse reservas e hai de diversos tipos: legais, voluntarias ou especiais.
Subvencións e doazóns.
C. O pasivo

O  pasivo  representa  o  financiamento alleo,  recolle  o  conxunto  de  recursos  financeiros  postos  ao  dispor  da  empresa  por  terceiros,  que  dá  lugar  ao
nacemento dunhas obrigas de pagamento ou débedas.

Divídese en:

Pasivo non corrente ou pasivo a longo prazo (PNC): inclúe as débedas e obrigas contraídas pola empresa cun período de vencemento superior a
un ano.

Pasivo corrente ou pasivo a curto prazo (PC): está formado polas débedas e obrigas contraídas pola empresa cun período de vencemento inferior
a un ano.

Como se elabora un balance?

O balance represéntase graficamente en dúas columnas paralelas; unha delas representa o activo e a outra a suma do neto patrimonial e o pasivo.

Os elementos de cada unha destas  masas patrimoniais ordénanse do seguinte modo:

O activo  ordénase de menor a maior  liquidez
O pasivo deberá ser ordenado de menor a maior  esixibilidade.

O  PXC recolle un modelo abreviado de balance para pequenas e medianas empresas (PME), para ser elaborado ao pechamento do   exercicio
económico.

Modelo de balance PXC (103,9 KB)

Por que cómpre elaborar un balance?

Para unha persoa emprendedora, é conveniente elaborar un  balance de previsión  antes de iniciar a actividade empresarial, porque deste modo poderá


analizar  o  patrimonio  da  súa  empresa  e  estudar  se  a  súa  composición  é  adecuada  e  equilibrada,  pois  disto  dependerá  a  estrutura  económico­financeira  da
empresa (punto seguinte desta unidade).

Reflexiona

Para o home prudente é máis doado previr que remediar.

B. Gracián

Elena e Luís elaboraron o   balance de previsión da súa empresa (61,8 KB).

Autoavaliación
Sinala se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas:

Unha débeda contraída cos provedores, cuxo vencemento se producirá dentro de 60 días, forma parte do pasivo corrente.

 Verdadeiro   Falso

Unha débeda dos clientes da empresa, cuxo vencemento se producirá dentro de 60 días, forma parte do pasivo corrente.

 Verdadeiro   Falso

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 13/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable
O coche que a empresa pon ao dispor do comercial da empresa para que visite os seus clientes forma parte do activo non corrente.

 Verdadeiro   Falso

O diñeiro achegado polos socios forma parte do neto patrimonial.

 Verdadeiro   Falso

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 14/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

4.3. A estrutura económico­financeira da empresa (I)

Caso práctico

­Moi  ben!  ­exclama  Luís  satisfeito,  á  vez  que  contempla  o  balance  de  previsión  que  acaban  de  elaborar.
Estiveron moitas horas confeccionándoo, consultando prezos, calculando todos os detalles con coidado... Foi un
esforzo que mereceu a pena! Non obstante, unha estraña sensación invade a Luís... Estase a decatar de que,
malia o balance, non sabe se a súa empresa funcionará ben ou non coa dita estrutura.

Luís  quedou  pensativo.  Elena  mírao  divertida;  sabe  o  que  está  a  pensar:  Luis  aprendeu  os  elementos  que
compoñen un balance e como se elabora, pero aínda non sabe interpretalo; terá que explicarllo.

O balance amosa a estrutura económico­financeira dunha empresa, e indica se está en equilibrio ou non.

Como podemos ler e interpretar un balance?

O  primeiro  que  debes  saber  é  que  o  activo,  por  un  lado,  e  o  conxunto  do  pasivo  e  o  neto  patrimonial,  por  outro,  non  son  máis  que  clasificacións  diferentes
dunha mesma cantidade:

O activo indica o valor dos bens e dereitos da empresa, é dicir, todo aquilo no que investiu a empresa para realizar a súa actividade económica.
O pasivo e o neto patrimonial reflicten como se financiaron eses bens e dereitos, é dicir, indica de onde provén o diñeiro que utilizaron para adquirilos.

Isto implica o cumprimento dunha ecuación fundamental en contabilidade:

O  balance  reflicte  o  equilibrio  entre  o  plan  de  investimentos  e  o  plan  de  financiamento  nun  momento  dado.  Os  investimentos  correspóndense  co  activo  do
balance, e o financiamento co neto patrimonial e o pasivo.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 15/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

4.3.1. A estrutura económico­financeira da empresa (II)
Como relacionamos o plan de investimentos e o plan de financiamento a través do balance? É dicir, como podemos
saber se hai un equilibrio entre a estrutura económica e a estrutura financeira da empresa?

En liñas xerais, podería dicirse que é conveniente que:

O pasivo corrente se destine a financiar o activo corrente.
O  pasivo  non  corrente  e  o  neto  financien  o  activo  non  corrente  (vehículos  de  transporte,  moblaxe,  ferramentas,
máquinas,  locais,  etc.)  e  parte  do  activo  corrente,  xa  que  en  caso  contrario  a  empresa  podería  ter  dificultades  para
afrontar os seus pagamentos inmediatos se houber un imprevisto.

Por iso, dise que unha empresa está en situación de equilibrio financeiro cando o seu activo corrente é superior ao seu pasivo
corrente. Esta ecuación recibe o nome de fondo de manobra.

FONDO DE MANOBRA = Activo corrente ­ Pasivo corrente

Fondo de manobra

SITUACIÓN RESULTADO
DA DA INTERPRETACIÓN DO RESULTADO
EMPRESA ECUACIÓN

A empresa está en situación de equilibrio financeiro. Non terá problemas á  hora de pagar as súas débedas a curto prazo,
xa que no mesmo período de tempo pode obter recursos financeiros suficientes con cargo ao activo corrente (coa venda do
Se AC > PC FM > 0
seu produto, diñeiro en caixa ou en contas á vista...).
Exemplo de balance dunha empresa en equilibrio. (50,9 KB)

Se o activo corrente é inferior ao pasivo corrente, a empresa debe máis diñeiro a curto prazo do que pode conseguir a partir
do  activo  circulante.  Isto  significa  que  a  empresa  non  lles  pode  facer  fronte  a  todas  as  súas  débedas  a  curto  prazo;  esta
situación coñécese co nome de  suspensión de pagamentos.

Se AC < PC FM < 0 Pode ser só un problema temporal e a empresa podería chegar a recuperarse.

Exemplo de balance dunha empresa en suspensión de pagamentos. (53,8 KB)

Coidado! Non confundas a suspensión de pagamentos coa   quebra técnica.
Exemplo de balance dunha empresa en quebra. (51,6 KB)

A  empresa  non  está  en  situación  de  equilibrio  financeiro;  haberá  que  estudar  outras  variables  para  saber  se  está  en
Se AC = PC FM = 0 suspensión de pagamenots ou podería chegar a estalo.
Exemplo de balance dunha empresa con fondo de manobra cero. (50,2 KB)

Autoavaliación

Sinala a resposta correcta:

O activo do balance representa a estrutura económica da empresa e correspóndese co plan de financiamento.

O fondo de manobra indica se a empresa está en situación de equilibrio financeiro.

O pasivo do balance representa a estrutura financeira da empresa e correspóndese co plan de investimentos.

Se Activo corrente = Pasivo corrente, a empresa está en situación de equilibrio financeiro.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 16/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

4.4. A conta de perdas e ganancias (I)

Caso práctico

Luís  está  preocupado:  hai  tantos  gastos  previstos!  Poderán  ter  beneficios?  Compensarán  os  ingresos  os
gastos? Elena,  tan  sensata  coma  sempre,  anímao  dicíndolle:  "Podemos  facernos  unha  idea  elaborando  unha
conta de perdas e ganancias de previsión. Así faremos unha estimación dos nosos futuros ingresos e gastos; a
diferenza permitiranos ver se teremos beneficios ou perdas".

A  conta  de  perdas  e  ganancias  é  unha  das  contas  anuais  que  todos  os  empresarios  deben  presentar  de  xeito  obrigatorio  no  rexistro  mercantil.  Tamén  se
denomina conta de resultados porque indica o resultado do  exercicio económico , é dicir, se a empresa obtivo  beneficios ou  perdas.

O resultado calcúlase obtendo a diferenza entre os ingresos e os gastos do período económico. É conveniente comparar as contas de perdas e ganancias
de exercicios consecutivos para ver mellor a evolución da empresa, tal e como se propón no novo PXC.

Os elementos que se rexistran na conta de perdas e ganancias (PeG) son:

Ingresos: son os incrementos de patrimonio neto da empresa durante o exercicio. Este incremento pódese deber a:
Un aumento de valor dos elementos do activo ou novos elementos adquiridos pola empresa.
Unha  diminución  de  valor  dos  elementos  do  pasivo,  sempre  que  non  teñan  a  súa  orixe  en  contribucións,  monetarias  ou  non,  dos  socios  ou
propietarios.

Gastos: son os  decrementos no patrimonio neto da empresa durante o exercicio:
Diminución no valor dos elementos do activo ou elementos do activo que deixan de pertencer á empresa.
Un  aumento  de  valor  dos  pasivos,  sempre  que  non  teñan  a  súa  orixe  en  distribucións,  monetarias  ou  non,  aos  socios  ou  propietarios  na  súa
condición de tales.

A conta de perdas e ganancias non só debe proporcionar información sobre o resultado da empresa, senón tamén sobre as causas deste resultado. Para iso
clasifícanse os diferentes ingresos e gastos en función da súa causa.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 17/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

4.4.1. A conta de perdas e ganancias (II)

Debes saber
Poderanse engadir á conta de perdas e ganancias:

Subdivisións máis detalladas de cada apartado.
Agrupacións de varios apartados se representan importes pouco relevantes.

O resultado da conta de perdas e ganancias (RDI) tamén se representa no balance, e sitúase dentro do neto patrimonial con signo positivo se hai
beneficio e con signo negativo ou entre paréntese se hai perda.

Conta de perdas e ganancias (6,6 KB)

    A conta de perdas e ganancias de previsión

Antes  de  iniciar  unha  actividade  empresarial,  é  conveniente  elaborar  unha  conta  de  perdas  e  ganancias  de  previsión.  Chámase  así  porque  permite  realizar
unha estimación dos elementos que comporán os ingresos e gastos da futura empresa e calcular o posible resultado do exercicio:

Se os resultados son positivos, é dicir, cando os ingresos superen os gastos, a empresa obterá beneficios.
Se  os  resultados  son  negativos,  os  socios  deberían  reformular  os  investimentos  proxectados,  os  procesos,  os  seus  custos,  os  gastos  de  persoal,
financeiros, etc., ata conseguir o resultado pretendido.

O máis adecuado é realizar previsións a longo prazo; por iso é conveniente elaborar unha conta de perdas e ganancias para cada un dos tres primeiros anos
de exercicio.

EXEMPLO:  Descubre a conta de resultados de previsión que elaboraron Luís e Elena para a súa futura empresa. (138,3 KB)

Autoavaliación

Sinala a resposta correcta:

A conta de perdas e ganancias indica como resultado final se os ingresos foron superiores aos custos.

O BAI é o resultado de restarlle os custos fixos á marxe bruta.

A conta de resultados indica como resultado final o BAII.

Ningunha das anteriores é correcta.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 18/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

5. As razóns económico­financieras

Caso práctico

Luís e Elena seguen  charlando  animadamente  sobre  a  viabilidade  económico­financeira  do  seu  proxecto  e  non  queren
deixar ningún detalle sen analizar. Luís recapitula todo o que fixeron ata agora sobre este tema:

­Xa  confeccionamos  un  balance  e  unha  conta  de  perdas  e  ganancias  de  previsión.  Despois  de  estudar  o  balance,
chegamos á conclusión de que podemos manter a nosa empresa en situación de equilibrio financeiro porque o noso activo
corrente  é  superior  ao  noso  pasivo  corrente.  Por  outra  parte,  a  conta  de  perdas  e  ganancias  permitiunos  ver  que  os
ingresos son superiores aos gastos, e ensináronnos que os comezos son duros. Nos próximos anos haberá que aumentar
o número de clientes para que este esforzo estea ben recompensado.

­Agora ­continúa Elena­ temos que afondar na nosa análise, fáltanos ver aspectos como:

Que rendibilidade obtén a empresa por cada euro investido? E nós, é o mesmo?
É adecuada a proporción de débedas contraídas pola empresa en comparación cos seus activos? Estará a empresa
excesivamente endebedada?
É solvente a empresa   ? É dicir, poderá facerlles fronte ás súas débedas, incluídas as que debe pagar a longo prazo?
Como andamos de liquidez? Poderemos pagar todas as débedas que vencen a curto prazo?

O estudo de cada unha das masas patrimoniais e a súa proporción ou peso fronte ás demais permite continuar a análise económico­financeira da empresa. Por
exemplo, podemos estudar se hai un equilibrio entre recursos alleos e recursos propios ou se o nivel de endebedamento é o adecuado.

Este  exame  realízase  a  través  das  razóns  ou  indicadores,  fórmulas  matemáticas  (xeralmente  divisións)  que  relacionan  os  elementos  do  balance  e  os
apartados da conta de perdas e ganancias, e que amosan se a proporción entre eles é correcta. A continuación, propomos unha serie de razóns, pero estas
non son as únicas. É máis, os valores que se propoñen como adecuados para cada razón tampouco teñen por que ser un referente estrito. Isto débese a que é
difícil  definir  un  índice  óptimo  aplicable  a  todas  as  empresas.  Ademais,  a  análise  económico­financeira  debe  realizarse  co  conxunto  de  datos  dispoñibles  e
nunca valorando de xeito illado cada ratio.

Tipos de razóns ou indicadores de utilidade

Rendibilidade económica
Ratios de rendibilidade
Rendibilidade financeira

Liquidez
Tesouraría
Solvencia
Ratios financeiras
Autonomía financeira
Endebedamento
Calidade da débeda

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 19/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

5.1. Razóns ou indicadores de rendibilidade
A. Raxóns ou indicadores de rendibilidade.

Razón de rendibilidade económic. A rendibilidade económica indica o rendemento que obtén a empresa por cada unidade monetaria introducida
no proceso de produción.

Calcúlase mediante a seguinte fórmula matemática:

O resultado será unha porcentaxe: canto máis alta sexa, maior será a rendibilidade económica.

Razón de rendibilidade financeira. A rendibilidade financeira indícalles aos socios o beneficio obtido por cada unidade monetaria que investiron.

Para calcular a rendibilidade financeira, algúns autores parten do beneficio antes de impostos e outros do beneficio logo de deducidos os impostos.
Ambas as opcións son válidas; simplemente hai que telo en conta á hora de extraer conclusións:

Non  confundas  a  rendibilidade  económica  e  a  rendibliidade  financeira.  A  primeira  indica  o  rendemento  que  obtén  a  empresa,  entanto  que  a  segunda  fai
referencia á rendibilidade dos socios.

Indicadores de rendibilidade

Razóns de rendibilidade económica Razóns de rendibilidade financeira

Rendemento que obtén a empresa Referida aos socios da empresa

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 20/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

5.2. Razóns financeiras

B. Razóns financeiras

Ratios financeiras

Razón Fórmula Interpretación e valor adecuado aproximado

0,7 < Ratio de tesourería <1

Tesouraría Se  o  resultado  é  inferior  a  0,7,  a  liquidez  da  empresa  é  baixa  (podería  ter  problemas  para  pagar  algunha  débeda  a
curto prazo); e se é superior a 1, é  excesiva (está desperdiciando recursos monetarios que poderían estar investidos e
xerando rendibilidade).

0,1 < Ratio de liquidez inmediata < 0,3

Liquidez Analiza  a  capacidade  da  empresa  para  xerar  liquidez  ou  tesouraría  coa  que  facer  fronte  aos  seus  compromisos  de
inmediata pagamento inmediatos. Se o resultado é inferior a 0,1, o diñeiro dispoñible é pouco (podería ter problemas para pagar
algunha  débeda  a  curto  prazo);  e  se  é  superior  a  0,3,  conta  con  demasiado  diñeiro  á  vista.  Existe  diversidade  de
criterios en canto aos límites desta razón; algúns autores estiman que abonda con que sexa inferior a 0,75.

Garantía  ou 1,5 < Ratio de garantía > 2,5
solvencia  a Mide  a  distancia  na  que  está  a  empresa  respecto  da  situación  de  quebra.  Canto  maior  sexa  o  activo,  maior  será  a
longo  prazo distancia. Razón de garantía = 1, a  empresa está en quebra.

Mide  a  capacidade  da  empresa  para  autofinanciarse  e  a  súa  independencia  con  respecto  ao  financiamento  externo.
Autonomía
Recoméndase que o valor desta razón se sitúe arredor de 1 para que o equilibrio entre os recursos propios e os alleos
financeira
sexa o adecuado, aínda que a autonomía óptima é particular para cada empresa.

Indica a proporción do financiamento externo fronte ao total das fontes de financiamento da empresa. Se razón < 0,5,
Endebedamento
podemos dicir que o nivel de endebedamento da empresa non é perigoso.

Indica a relación das débedas a curto prazo con respecto á débeda total da empresa. Canto máis próximo se encontre
Calidade  da 
a 1, a situación será peor. Ao aproximarse a 1, increméntase o peso da débeda a curto prazo fronte á débeda a longo
débeda
prazo.

Luís e Elena analizaron o seu balance de previsión e a súa conta de perdas e ganancias, e calcularon as principais razóns. Isto permitiulles realizar unha
análise económico­financeira da súa empresa. Por fin, puideron saber que o seu negocio ten moitas posibilidades de éxito. Na seguinte ligazón podes
descargar a  análise económica e financeira de Elena e Luís. (64,0 KB)

Autoavaliación

Sinala a resposta correcta:

A rendibilidade financeira indica o rendemento que obtén a empresa por cada unidade monetaria introducida no proceso de produción.

A rendibilidade económica indícalles aos socios o beneficio obtido por cada unidade monetaria que eles investiron.

Se o resultado da razón de tesouraría é inferior a 0,7, a liquidez da empresa é baixa (podería ter problemas para pagar algunha débeda a
curto prazo).

A razón de garantía ou solvencia mide a distancia da empresa respecto da situación de quebra.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 21/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

6. O plan de tesouraría

Caso práctico

Luís está eufórico, aprendeu moitísimo! Agora sabe ler e interpretar un balance e unha conta de perdas e ganancias;
ademais, entende termos como liquidez e solvencia. Despois de todo, non era tan difícil!

­Aínda  nos  queda  un  plan  máis  por  elaborar  ­di  Elena­.  Hai  tres  informes  que  se  adoitan  empregar  para  amosar  os
rendementos  e  a  situación  dunha  empresa  desde  o  punto  de  vista  económico­financiero.  Ata  agora,  vimos  dous,  o
balance e a conta de resultados. Quédanos o plan de tesouraría, que presenta os pagamentos e os cobramentos da
empresa, é dicir, as saídas e entradas de diñeiro.

­Vaia!, pensaba que xa terminaramos ­responde Luís, algo desilusionado.

Elena sorrí e explica:

­Logo de elaborarmos estes tres informes, has ver que son complementarios entre si. Cada un parte dunha perspectiva
diferente do negocio, o que proporciona unha visión da nosa empresa desde distintos ángulos, moi enriquecedora e completa ­engade Elena­.
Ánimo, xa nos queda moi pouquiño para terminar! Lembra que o importante é ter paciencia e perseverar.

Reflexiona

"A paciencia é amarga, pero o seu froito é doce."

Jean­Jacques Rousseau

"O modo de dar unha vez no cravo é dar cen veces na ferradura."

Unamuno

O plan de tesouraría consiste en realizar unha previsión dos posibles pagamentos e cobramentos do período:

Os pagamentos representan as saídas de diñeiro da empresa.
Os cobramentos son as entradas de diñeiro nas arcas da empresa.

EXEMPLO:

Cando a empresa lles paga aos seus provedores o diñeiro que lles debe, efectúase un pagamento.
No momento no que a empresa lles cobra aos seus clientes pola venda do seu produto, prodúcese un cobramento.

Para  realizar  esta  previsión,  é  conveniente  anotar  metodicamente  todas  as  entradas  e  saídas  de  diñeiro  en  efectivo.  Desta  forma  pódese  anticipar  se  a
empresa vai requirir máis diñeiro do que proporciona a súa actividade diaria e en que cantidade.

En caso de prever un  déficit de tesouraría, o plan de tesouraría axuda a programar se necesitamos un crédito, durante canto tempo e en que contía.
Se  se  trata  dun  superávit  de  tesouraría,  o  plan  de  tesouraría  axuda  a  indagar  o  importe  que  se  pode  investir  para  rendibilizar  este  diñeiro  non
utilizado.

Como elaborar un plan de tesouraría?

Nunha táboa ou nunha folla de Excel, recóllense por escrito e de xeito separado todos os cobramentos e pagamentos que se prevén, mes a mes. Na derradeira
fila  de  cada  mes,  calcúlase  a  diferenza  entre  os  cobramentos  e  os  pagamentos;  deste  modo  vese  rapidamente  se  haberá  un  déficit  ou  un  superávit  de
tesouraría. Na seguinte ligazón presentamos un modelo de plan de tesouraría. Na seguinte ligazón presentamos un  modelo de plan de tesouraría. (54,2 KB)

Cobramentos ­ Pagamentos = Liquidez prevista para a empresa

Autoavaluación

Sinala a resposta correcta:

O plan de tesouraría amosa a solvencia da empresa.

O plan de tesouraría amosa a liquidez da empresa.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 22/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

7. Conclusións
Para concluír...

Ao  longo  desta  unidade  adquiriches  os  coñecementos  básicos  que  che  permitían  elaborar  o  plan  de  viabilidade
económico­financeiro para a túa empresa, que se compón de tres estudos:

O balance de previsión: representa o patrimonio da futura empresa e a súa estrutura económico­financeira.
A  conta  de  perdas  e  ganancias:  amosa  os  ingresos  e  gastos  da  empresa,  e  permite  saber  se  terá  perdas  ou
ganancias.
O plan de tesouraría: informa sobre a liquidez da empresa.

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 23/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

8. Lecturas e vídeos interesantes
Lecturas

Agora  que  xa  estás  terminando  o  estudo  deste  módulo,  cada  vez  estás  máis  preto  de  saber  todo  o  necesario  para  montar  unha  empresa.  A  revista
Emprendedores recomenda as seguintes lecturas para quen queira triunfar nos negocios e tamén na súa vida persoal.

   

Empresario en un minuto. Blanchard, Ken et al. Editorial Granica. Barcelona, 2009.

Non  se  trata  dun  manual  de  curandeiro  sobre  como  montar  unha  empresa  en  pouco  tempo.  A  referencia  ao  minuto  xustifícase,  como  aseguran  os
autores, "porque o mellor dos consellos que recibimos nos foi dado en menos dun minuto". Condensan a esencia de como crear con éxito unha empresa
e consolidala.

Piensa, es gratis. Joaquín Lorente. Editorial Planeta. Madrid, 2009.

Lorente ofrece neste libro 84 ideas prácticas para alcanzar o éxito a través da intelixencia, o traballo ben feito e a constancia. No son ideas relativas ao
éxito meramente empresarial, senón que, en palabras do autor, buscan excitar a actitude do lector, facelo reaccionar para adoptar unha actitude positiva
en aspectos persoais e profesionais, sempre partindo da premisa de que a sorte é o azar aproveitado.

Non esquezas que os comezos sempre son duros e que a clave do éxito está en saber recuperarse dos fracasos.

Reflexiona

"Ao vencer sen obstáculos, triúnfase sen gloria."
Pierre Corneille

"Fallei unha e outra vez na miña vida; é por iso polo que triunfei."
Michael Jordan

"En todos os fracaso hai unha oportunidade nova"
John D. Rockefeller

Para saber máis
Se queres coñecer as orixes máis remotas da contabilidade e facer un repaso pola historia antiga, podes ver o seguinte vídeo:

HISTORIA DE LA CONTA...

Resumo textual alternativo

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 24/25
22/3/2017 A contabilidade e a analise contable

Anexo. Licenzas de recursos
Licenzas de recursos utilizados na unidade de traballo

Recurso (1) Datos do recurso (1) Recurso (2) Datos do recurso (2)

Autoría: Galería psd
Autoría: Tobias Machhaus
Licenza: CC by
Licenza: uso educativo non comercial
Procedencia: 
Procedencia: http://www.fotolia.com
http://farm1.static.flickr.com/15/21055837_62318f63b1.jpg

Autoría: Galería de ‘j'
Autoría: Galería de jytyl
Licenza: CC by
Licenza: CC by
Procedencia:
Procedencia: http://farm3.static.flickr.com/2410/2199037032
http://farm3.static.flickr.com/2471/3614982450_45d8d72b1e.jpg

Autoría: Galería grongar
Autoría: Galería tinkerbrad
Licenza: CC by
Licenza: CC by
Procedencia:
Procedencia: http://farm4.static.flickr.com/3292/3948717999
http://farm1.static.flickr.com/224/497956618_fcaa7b642e.jpg

Autoría: agutxi
Autoría: Montaje sobre imagen de cfarmer
Licenza: CC by sa
Licenza: uso educativo non comercial
Procedencia:
Procedencia: http://es.fotolia.com/
http://www.flickr.com/photos/59064225@N00/498626/

Autoría: 姒儿喵喵
Autoría: Marco Scisetti
Licenza: CC by sa nc
Licenza: uso educativo non comercial
Procedencia:  http://www.flickr.com/photos/crystaljin
Procedencia: http://www.fotolia.com
72157622354789320/

Autoría: chaquetadelpollo Autoría: Mahadeva
Licenza: CC by Licenza: CC by 
Procedencia: Procedencia: 
http://farm3.static.flickr.com/2396/2228953257_808044e1a9.jpg http://www.flickr.com/photos/Mahadeva/2034257815/

Autoría: emprendedores.es
Autoría: Granica ­ Grupo Norma
Licenza: uso educativo non comercial
Licenza: uso educativo non comercial
Procedencia: 
Procedencia: http://www.granica.es
http://www.emprendedores.es/empresa/informacion/libros_d

https://www.edu.xunta.es/fpadistancia/pluginfile.php/141047/mod_resource/content/1/UD07/UD07_VersionImprimible/index.html 25/25

You might also like