You are on page 1of 6

ACTIVIDADE TEMA 8: Actividades

8.1
Vantaxes e inconvenientes das tarxetas

Recompila no seguinte cadro as principais vantaxes e inconvenientes de utilizar as tarxetas de débito e de


crédito como medio de pagamento.

Vantaxes Inconvenientes

Tarxetas de
débito

Vantaxes Inconvenientes

Tarxetas de
crédito

© CNMV
1 © Banco de España
TEMA 8: Actividades
ACTIVIDADE

8.2
Elementos das tarxetas

Identifica os elementos das tarxetas escribindo en cada círculo o


número correspondente á súa definición.

Entidade emisora: O nome da entidade


1 emisora (unha entidade financeira) aparece
na parte superior esquerda.

Banda magnética: Contén gravados


2 os datos do titular e uns caracteres
alfanuméricos que fan que os caixeiros
e terminais actúen dunha forma
determinada.
OTeuBanco
Estándar da tarxeta: É dicir, os logos da
3 marca e aceptación que aparecen na parte
dereita (4B, Maestro, Euro 6000)

O chip: (se o houbese) é un


4 microprocesador que pode almacenar
información sobre o titular e, nalgúns casos,
como nas tarxetas moedeiro, serve para
almacenar e recargar o importe dispoñible
para realizar pagamentos.

Panel de sinaturas: O titular debe asinar a


5 tarxeta neste espazo.

Identificación da tarxeta: O Persoal


6 Account Number (PAN), ou número da
tarxeta.

Data de caducidade: Indica ata cando


7 estará vixente a tarxeta.

CVV: Card Verification Value, ou o valor de


8 verificación da tarxeta. É un código de 3
ou 4 díxitos que reduce o risco de fraude
en transaccións non presenciais. Ás veces ANILOM AICRAG NAUJ
chámase CVC ou CID. Figura en relevo
ou impreso no reverso das tarxetas Visa,
MasterCard, e Discover e no anverso de
tarxetas como a American Express.

Símbolo Contactless: Indica a vantaxe


9 de pagar con máis axilidade e sen que o
titular solte a tarxeta da súa man en ningún
momento da compra.
© CNMV
© Banco de España 2
TEMA 8: Actividades
ACTIVIDADE

8.3
Características das tarxetas

1 Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. Razoa as túas respostas.

Falso
Verdadeiro

As tarxetas de crédito con pagamento aprazado son indicadas


para compras diarias.

As tarxetas de débito permiten realizar operacións sen


necesidade de ter fondos na conta bancaria.

O tipo de xuro das tarxetas de crédito é moi baixo, e


por iso son unha forma cómoda de financiar as compras.

As tarxetas regalo son unha modalidade de tarxeta de débito,


pois teñen asociada unha conta bancaria.

As tarxetas comerciais non permiten realizar compras en


calquera establecemento.

O chip nas tarxetas de crédito incorpora información


sobre o titular da tarxeta.

Normalmente terás que pagar comisións por utilizar a tarxeta


nun caixeiro que non sexa da túa entidade.

Se pagamos todas as compras efectuadas coa tarxeta de crédito


ao final de cada mes non teremos que pagar xuros. É a mellor
forma de minimizar o custo.

Normalmente hai que pagar unha comisión para sacar diñeiro


nun caixeiro a cargo da tarxeta de crédito. Por iso adoita ser
mellor sacalo a cargo da conta corrente (ou utilizar a tarxeta de
débito).

2 Fai unha relación de características que debemos ter en conta para elixir unha tarxeta de crédito

© CNMV
3 © Banco de España
ACTIVIDADE
TEMA 8: Actividades

8.4
Modalidades de pagamento das tarxetas de crédito

Amparo quere solicitar na súa entidade bancaria unha Nos dous últimos casos (con pagamento aprazado)
tarxeta de crédito. O empregado do banco explícalle tería un custo do 1,5 % mensual sobre a diferenza
que con esta tarxeta, no momento de realizar entre a cantidade gastada e a cantidade pagada.
compras, non é necesario que teña diñeiro na conta
asociada, e que pode devolver ou reembolsar o diñeiro Axúdalle a ter máis claro en que consiste cada unha
utilizando algunha das seguintes modalidades: das tres modalidades, utilizando o seguinte suposto:

A Pagando a totalidade a principios do mes Supón que realiza compras durante un mes por valor
seguinte, sen ningún tipo de gastos. de 200 € e fíxase como pagamento:

B Con pagamento aprazado, ingresando unha para a modalidade B unha cantidade fixa de
cantidade fixa todos os meses. 50 €

C Con pagamento aprazado, ingresando todos os para la modalidade C unha porcentaxe do 30 %


meses unha porcentaxe sobre o total gastado.
Contesta as preguntas a continuación.

1 Que cantidade tería que pagar ao final do mes en cada caso?

Modalidade A (pagamento total): ______________ €

Modalidade B (pagamento aprazado fixo): ______________ €

Modalidade B (pagamento aprazado porcentual): ______________ €

2 Que cantidade lle quedaría como débeda para pagar nos meses seguintes?*

Modalidade A (pagamento total): _______________ €

Modalidade B (pagamento aprazado fixo): _______________ €

Modalidade B (pagamento aprazado porcentual): _______________ €

* Supoñendo que non realiza pagamentos adicionais coa tarxeta.

© CNMV
© Banco de España 4
ACTIVIDADE TEMA 8: Actividades

8.5
Que farías ti?

Sempre hai que lembrar certas recomendacións de seguridade


cando se opera con tarxetas. Que farías ti en cada unha das
seguintes situacións? Por que?

Xoán acaba de facer unhas compras no supermercado e, ao chegar á casa, dáse de conta de
1 que non ten a súa carteira. Dentro da carteira están as súas tarxetas de crédito e débito e o seu
DNI.
Que farías ti no seu lugar?

Despois de utilizar a súa nova tarxeta de débito para facer algunhas compras, Cristina deuse de
2 conta de que non a asinara. Como ata o de agora ninguén lle dixera nada, decide que non fai
falla. Que farías ti no seu lugar?

Antonio acaba de recibir o extracto da súa tarxeta de crédito. Debe 150 €, pero ten a opción de
3 pagar a cantidade que el queira, a partir dunha cota mínima de 25 €.
Que farías ti no seu lugar?

Marta ten unha conta co Banco ABC, e ten unha tarxeta de débito asociada a esta conta. Os
4 caixeiros do seu banco pertencen á rede ServiRed. Marta necesita sacar un pouco de diñeiro
dun caixeiro. Hai un de 4B xusto ao lado e outro de Servired (pero doutra entidade) un pouco
máis arriba da rúa. Que farías ti no seu lugar?

Hai uns días Carlos recibiu por correo unha tarxeta de débito do seu banco. Acaba de recibir
5 noutro correo o seu número PIN. Que farías ti no seu lugar?

No extracto da súa tarxeta de crédito, Andrea viu un par de compras que non fixo. Que farías ti
6 no seu lugar?

Inés está limpando e organizando os seus papeis. Ten varios recibos de compras feitas coa
7 súa tarxeta de crédito. Son de hai uns meses e xa comprobou que as operacións apareceron
correctamente nos seus extractos, polo que agora os quere tirar.
Que farías ti no seu lugar?

Eduardo recibe unha chamada telefónica de alguén que di ser do seu banco. Di que ten que
8 verificar a súa conta bancaria e para isto necesita comprobar o número da súa tarxeta de
débito. Que farías ti no seu lugar?

© CNMV
5 © Banco de España

You might also like