You are on page 1of 16

Actividades UD 3

1. Dados os seguintes supostos, sinala se se trata de tributos ou non e, en caso


afirmativo, indica de que tipo son:
a) A cantidade paga anualmente ao Concello por ser o propietario titular dun
vehículo.
b) Unha multa por superar a velocidade máxima nunha circunvalación.
c) A cantidade pagada á Universidade de Santiago pola matrícula no grao de
Dereito.
d) As cotas pagadas polos veciños pola pavimentación dunha rúa.
e) A cantidade pagada por facernos o pasaporte.
f)O arancel pagado na aduana ao importar determinadas mercadorías de Estados
Unidos.
g) O pago ao Concello por parte das empresas radicadas nun polígono pola mellora
de iluminación.
h) Cantidade paga polo propietario do restaurante “O Carballo” por colocar unha
terraza con sete mesas na rúa.
i) Cantidade pagada anualmente ao Concello por ser o propietario dunha vivenda.
k) O importe que se paga pola renovación do permiso de conducir.
l) A cantidade que se paga ao comprar un billete de avión por usar as instalacións
do aeroporto de Madrid.
m) O importe que se paga ao Estado polos beneficios obtidos nunha sociedade
limitada.
n) A cantidade paga polos veciños dunha urbanización pola mellora da rede de
sumidoiros.
2. Determina que principios tributarios se aplican nas seguintes situacións:
a) Santiago paga de tipo medio polo IRPF un 16%, pero Mercedes, que gaña máis,
paga un 20%.
b) Todos @s propietarios dun ben inmoble pagan ao Concello o IBI
c) Juan, que vive en Madrid, paga o IRPF, do mesmo xeito que María, que vive en
Coruña.
d) O IVE está regulado na Lei 37/1992 de 28 de decembro e no Regulamento
1624/1992 do 29 de decembro
e) Nunca veremos un imposto como o IRPF que grave o 90% da renda.
3.1. Indica se os seguintes impostos son directos ou indirectos:
a) O Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
b) A renda de aduanas.
c) O Imposto sobre electricidade.
d) O Imposto sobre o Valor Engadido.
e) O Imposto sobre o alcol.
f) O Imposto sobre a Renda de non residentes.
g) O Imposto sobre Sucesións e Doazóns.
h) O Imposto sobre os labores do tabaco.
i) O Imposto sobre o Patrimonio.
j) O Imposto sobre Sociedades.
k) O Imposto sobre hidrocarburos.
l) O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas

2.Un mecánico dun taller ten un soldo anual bruto de 20.000€ e o soldo da xefa de
taller é de 40.000€ anuais. Ambos tributan polo IRPF. Como este imposto ten
carácter progresivo, pagará a xefa de taller o dobre que o mecánico?
4. Relaciona os conceptos das dúas columnas:

Base impoñible Porcentaxe aplicado á


base

Cuantía do Feito
Tipo impositivo
Impoñible
Base liquidable Resultado de aplicar o
Tipo impositivo á Base
Cota íntegra Base que ten en conta
reducións

Cota diferencial
Débeda con Facenda

5. Adolfo López, o 20 de marzo de 20XX, adquire produtos á empresa JJP, SA por un


importe total sen IVE de 2.600 €. O tipo de IVE aplicado á operación é do 21%.
Determina:
a) O feito impoñible.
b) O tipo impositivo.
c) A base impoñible.
d) A cota íntegra.
e) O suxeito pasivo.
f) O contribuínte.
6. A empresa JCP, SA dedícase á compravenda do articulo “ P”. Realiza as compras en
Alemaña e Xapón e distribúe o produto na España peninsular. Ademais ofrece o
servizo de transporte dos produtos vendidos ata o domicilio do cliente.
É a empresa JCP contribuínte deste imposto? É suxeto pasivo? Cal é neste caso o Feito
impoñible do imposto?
7. Indica quen é o suxeito pasivo do IVE nas seguintes operacións realizadas pola
empresa VITORIA, SA, situada en Lugo:
a) Vende mercadorías á empresa CLAUDIASA situada en Pontevedra.
b) Contrata o transporte das mercadorías anteriores á empresa A RÁPIDA, SA.
c) Compra mercadorías á empresa HOLAND, SA situada en Ámsterdam.
d) Compra mercaderías á empresa MÉXICAM, SA situada en México.

8. Explica o funcionamento do IVE, tal como se fixo no exemplo da páxina 13, no


seguinte exemplo: supoñamos un produto cuxa produción se inicia coa venda de
materias primas para a súa transformación e que termina coa venda ao consumidor
final. Supoñamos que o empresario que vende as materias primas non soportou IVE.
Tipo aplicado: 21%.
Disponse dos seguintes datos:

Fase Importe da venda sen IVE


Materias primas 2.500 €
Transformación 4.100 €
Almacenista 6.000 €
Venda por comerciante minorista 9.000 €

9. Contabiliza as seguintes operacións levadas a cabo pola empresa PICAR, SA e


indica en que trimestre ha de liquidar o IVE en cada caso: (engadir IVE do 21% cando
sexa preciso)

a) 1.O 1 de marzo un cliente faille un pedido de mercadorías por valor de 3.000 € .


PICAR, SA pídelle un anticipo de 800€ . O día 5 de marzo o cliente faille unha
transferencia co importe do anticipo.
2. O 3 de abril factura e entrega as mercadorías ás que fai referencia o asento
anterior. O cobro realizarase en 30 días
3.O 3 de maio cobra o importe correspondente por banco.

b)1. O día 14 de marzo presta un servizo que non forma parte da súa actividade
principal á empresa CLAUDIASA por importe de 500 €, ese mesmo día remítelle a
factura. O cobro realizarase o 30 de maio.
2. O 30 de maio cobra o importe correspondente mediante transferencia bancaria.

c) 1.O día 2 de abril realiza un pedido de materias primas a un provedor de Xapón por
valor de 5.000 €. Recibe a mercadoría e a factura o día 12 de abril. Ese mesmo día paga
o IVE na aduana cunha transferencia bancaria e retira as mercadorías. O pago ao
provedor realizarase o día 30 de setembro.
2. O 30 de setembro faille unha transferencia ao provedor.

d) 1. O 5 de maio realiza un pedido de mercadorías a un provedor de Brasil por


importe de 10.000 €. As mercadorías chegan ao aeroporto de Compostela o día 15 de
maio xunto coa factura. PICAR, SA paga o IVE na aduana o día 17 de maio e retira as
mercadorías ese mesmo día. O pago ao provedor realizarase o día 30 de xullo
2. O 30 de xullo paga ao provedor.

e)1. O 25 de xuño entrega un cheque a un provedor en concepto de anticipo para


unha futura compra de materias primas por 1.000€ + o IVE correspondente.
2. O 1 de xullo recibe as materias primas e a factura por valor de 5.000€ + IVE. Paga ese
mesmo día.

10. Calcula en cada caso a Base impoñible, o IVE (21%) e a data de devengo:
a) Unha empresa vende, o 5 de marzo, un produto cuxo prezo é de 9.000 €. Desconto
5%. Os gastos de transporte e seguro ascenden a 150€ e os embalaxes a 280€. A
entrega realízase o 15 de marzo e o cobro o 25 de marzo.
b) Factura con data 30 de abril na que figuran: mercadorías por valor de 1.000€.
Envases e embalaxes por valor de 100€
c) Factura rectificativa con data 5 de maio na que figura a devolución de parte das
mercadorías anteriores por valor de 300€ (por estar defectuosas)
d) Factura rectificativa con data 4 de decembro na que figura un desconto comercial
por importe de 200 €
e) Os envases e embalaxes do apartado b son devoltos con data 7 de maio

11. A empresa ANIOL, SA realiza as seguintes operacións:


a) Vende mercadorías á empresa LEOVIC, SA por importe de 2.000 € cun desconto
comercial en factura do 4%. Os gastos de transporte, incluídos en factura, ascenden a
100 €. Inclúe en factura envases con facultade de devolución por importe de 200 €.
b) Presta un servizo por importe de 600 €. Concede un desconto do 3% .
c) A empresa LEOVIC, SA devolve os envases.
d) Compra mercadorías por importe de 4.000 € á empresa FRANCIN, SA, situada en
París. A factura inclúe un 5% de desconto comercial.
e) Compra mercadorías por importe de 10.000 € á empresa JAPAND, SA situada en
Tokio. A factura inclúe un desconto comercial do 5%, paga por seguros da mercadoría
200 € e por carga e descarga 250 €. Os dereitos de importación ascenden a 500 €.
Determina a base impoñible. Supoñendo que todas as operacións tributan ao tipo
xeral, determina a cota tributaria.

12. Clasifica as seguintes operacións en suxeita, non suxeita, exentas plenas e


exentas limitadas:
a) Vendas a un cliente de Coruña
b) Vendas a un cliente canario.
c) Abono da nómina do mes aos traballadores.
d) Prestación de servizo de transporte de mercadorías que a empresa vendeu
con anterioridade.
e) Subministracións.
f) Compra dunha impresora.
g) Ingresos financeiros polos intereses dunha c/ c.
h) Ingresos por cursos impartidos sobre o IVE.
i) Venda de mobiliario usado.
k) Pago dunha campaña publicitaria.
l) Exportacións a Xapón.
ll) Aluguer de oficina e almacén.
m) Descontos por pronto pago por vendas.
n) Devolución de vendas de mercadorías.
ñ) Importacións de Estados Unidos.
o) Compras a Holanda.
p) Vendas a Italia.
q) Compras a unha empresa de Tenerife.

13. 1.Comenta o tratamento que recibirán as seguintes operacións segundo o IVE:


a) Dona Ana Cruz recibe a factura do seu dentista.
b) A empresa LEOVIC, SA realiza unha venda de mercadorías a Brasil.
c) Dona Pilar Caballero recibe a factura da gardería á que acode a diario o seu fillo
Álvaro.
d) A empresa NEMADE, SA, reparte entre os seus clientes bolígrafos co logotipo da
empresa.
e) A empresa JJP, SA vende mercadorías a un mercado italiano.
f) Dona Sandra de Prado cobra a súa nómina do mes.
g) A empresa TRASLADO VELOZ, SL, cuxa actividade é o transporte de enfermos en
ambulancia, factura un servizo de traslado a un paciente.
h) A empresa PICAR, SA vende mercadorías a unha empresa canaria.
i) Don Miguel Ángel Iglesias compra selos de correos para enviar as felicitacións do
Nadal.
k) A empresa JCP, SA paga a cota do mes de marzo do préstamo recibido do Banco
Ubezana.

2.Unha empresa española compra materias primas por importe de 10.000€ + 21% de
IVE. Coas materias primas fabrica produtos que vende a Marrocos por importe de
30.000€. Cal será o resultado para esta empresa da declaración de IVE?

3. Unha academia que imparte clases de preparación de oposicións compra material


pora levar a cabo a súa actividade por importe de 1.000 € + 21% de IVE. Factura aos
seus estudantes 5.000 €. Cal será o resultado para esta empresa da declaración de IVE?

14.1. a)Unha empresa española compra produtos a Portugal, Francia, China e


Canadá e vende produtos a Bélxica, Xapón, Arxentina e Alemania. Cales destas
operacións son exportacións, importacións, adquisicións intracomunitarias e entregas
intracomunitarias? Como lle afecta o IVE a esta empresa nos citados casos?

b) Unha empresa española compra materias primas en Italia por importe de 3.000€.
Coas materias primaas fabrica produtos que vende en España por importe de 5.000€ +
21% de IVE. Cal será o resultado da declaración de IVE?

2. Nos seguintes supostos de operacións suxeitas a IVE determina de que tipo de


operación se trata (operación interior, entrega intracomunitaria, importación,
exportación), onde se tributa e quen é o suxeito pasivo da operación.

OPERACION TIPO DE ONDE SE SUXEITO


OPERACIÓN TRIBUTA PASIVO
a) Dª María Pérez
chega ao aeroporto
do Santiago de
Compostela
procedente de Chile
por unha viaxe de
vacacións. Trae
consigo obxectos de
artesanía adquiridos
alí por importe de
12.000 €
b) Un cidadán
residente en
Arxentina visita
Sevilla, realiza
compras nun almacén
por importe de 3.200
€. Os bens adquiridos
son agasallos para os
seus parentes
arxentinos.
c) Unha empresa de
Xaén vendea aceite
de oliva a un
empresario de
Alemania por
importe de 5.000 €
d) Unha empresa de
Estremadura vende
xamóns a unha
empresa de Canarias
por importe de
10.000 €
e) Unha cooperativa
de Tenerife vende
plátanos a unha
cadea de
supermercados de
Cataluña por importe
de 7.300 €
f) Un empresario de
Segovia véndelle
pensos para animais
a un empresario de
Córdoba
3.Contabiliza o IVE dos catro trimestres da empresa ALDAVID, SA. Se as liquidacións
dan como resultado unha cantidade para ingresar, os pagos realizaranse mediante a
conta corrente bancaria. Presenta a seguinte información:

Vendas e Compras e
Trimestre Data presentación
ingresos gastos
30.000 ao
Primeiro trimestre 70.000 ao 21% 18 de abril de 20X0
21%
45.000 ao
Segundo trimestre 20.000 ao 21% 20 de xullo de 20X0
21%
32.000 ao
Terceiro trimestre 48.000 ao 21% 18 de outubro de 20X0
21%
25.000 ao
Cuarto trimestre 34.000 ao 21% 28 de xaneiro de 20X1
21%

15. A empresa ROSAMAR, SA realiza as seguintes operacións durante o segundo


trimestre:
1. Compra a crédito mercadorías por 15.800 € cun 4% de desconto comercial en
factura.
2. Devolve mercadorías por valor de 1.400 € porque non se corresponden co
pedido realizado.
3. Por soldos e salarios abona 4.900 €.
4. Realiza importacións de mercadorías a crédito por importe de 3.800 €.
5. Por subministracións paga 450 €. por banco
6. A publicidade realizada ascende a 520 €. Pagará en 60 días
7. Paga 600 € ao banco polos intereses dun préstamo e devolve 2.000 € do
mesmo.
8. Pola limpeza do local abona 1.900 € por banco.
9. Abona polo seguro do local 200 € por banco
10. Adquire un coche por importe de 12.000 €. Utilízase para fins empresariais e
persoais. Acepta letra a 6 meses.
11. Paga a provedores 8.500 € por banco.
12. Os gastos por atencións a clientes importan 540 € (Ive incluído) Págase en
efectivo.
13. Vende a crédito mercadorías por valor de 35.000 €.
14. Concede un desconto de 300 € por defectos nun lote de mercadorías
vendidas.
15. Realiza exportacións de mercadorías a crédito por importe de 6.000 €.
Supoñendo que as operacións anteriores tributan ao 21% de IVE (hai que engadir o
IVE cando sexa necesario) e que posúe xustificante de todas elas, realiza a
contabilización no L. Diario e a liquidación do IVE no modelo correspondente.

16.A A empresa ESPICE, SA, situada en Burela, presenta a seguinte información


relativa ás operacións realizadas durante o cuarto trimestre:
En todas as operacións que deban levar IVE engadirase o 21%, agás na factura da auga que
se engadirá o 10%

1. Vende mercadorías:
 a empresas españolas: 52.000 €;
 a empresas portuguesas: 12.000 €
 e a empresas brasileiras: 8.000 €.
Todas as vendas cóbranse ao contado a través do Banco c/c.
2. Compra mercadorías:
 a empresas españolas: 22.000 €;
 a empresas alemás: 6.000 €
 e a empresas canadenses: 4.000 €.
Todos os pagos son ao contado e por bancos.
3. Os gastos nos que incorreu a empresa son: soldos e salarios: 3.400 €; Seg.social
a cargo da empresa: 2.000 €; teléfono: 410 €; luz: 270 €; auga: 160 €; material
de oficina: 400 €; seguros: 360 €; atencións a clientes: 800 € e gasolina: 200 €.
Pagos ao contado por bancos.
Posúe xustificante de todas as operacións. Contabiliza no L. Diario e liquida o IVE do
cuarto trimestre no modelo 303.

17. A empresa IMPIRO presenta a seguinte información relativa ás operacións


realizadas durante os dous últimos trimestres do ano:
Engadirase IVE en todas as operacións que deban levalo.

Terceiro trimestre:
1. Os soldos e salarios do persoal da empresa do trimestre ascenden a 12.500 €.
Pagáronse por bancos.
2. O Banco Ubezana concédelle un préstamo por importe de 10.000 € a devolver
en 1 ano.
3. Compra a crédito mercadorías a empresas españolas por importe de 38.000 €.
4. Devolve mercadorías a unha das empresas anteriores por valor de 1.300 €.
5. Compra mercadorías a empresas de EE. UU. por valor de 15.000 €. Os gastos
da compra foron: dereitos arancelarios, 800 €; transportes e seguros, 300 €.
Paga por bancos.
6. Vende a crédito mercadorías a empresas españolas por importe de 62.000 €.
7. Concede a unha das empresas anteriores un desconto por pronto pago por
importe de 400 €.
8. Vende mercadorías a crédito a unha empresa francesa por valor de 10.000 €.
9. Contrata unha campaña publicitaria cuxo importe ascende a 1.800 €. Está
pendente de pago.
10. Os gastos por atencións a clientes ascenden a 490 €. Pendentes de pago.
11. Por subministracións, a empresa paga 300 €.
12. Por teléfono, paga 200 €. Domiciliado no banco
13. Adquire material de oficina por importe de 250 €. Quedan pendentes de pago.
14. Adquire unha furgoneta para o reparto por valor de 25.000 €. Pagará en 60
días.
15. Abona polo seguro anual da furgoneta 800 €.

Cuarto trimestre:
1. Os soldos e salarios do persoal da empresa do trimestre ascenden a 14.800 €.
Páganse por bancos.
2. Paga 1.000 € ao banco pola amortización do préstamo concedido no trimestre
anterior e 400 € por intereses.
3. Compra mercadorías a crédito a empresas españolas por importe de 34.000
€.
4. Unha das empresas anteriores concédelle un desconto por importe de 600 €
por defectos de calidade.
5. Compra a crédito mercadorías a empresas alemás por valor de 9.000 €.
6. Vende mercadorías a crédito a empresas españolas por valor de 60.000 €.
7. Concede a unha das empresas anteriores un desconto por volume de pedido
por valor de 1.200 €.
8. Vende mercadorías a crédito a unha empresa canaria por valor de 4.400 €.
9. Por subministracións, a empresa paga 320 € por banco.
10. Por teléfono, paga 240 € por domiciliación bancaria.
11. Adquire material de oficina por importe de 210 €. Pendente de pago
12. Os gastos por atencións a clientes ascenden a 560 €. (IVE incluído)Páganse en
efectivo.
13. Compra un computador portátil para uso empresarial e persoal por importe de
1.500 €. Estima que a súa utilización na empresa será do 50%. Pagará en 30
días.
14. Abona por banco o seguro anual do local onde está situada a oficina que
ascende a 880 €.
15. A reparación dunha das furgonetas da empresa supón un gasto de 630 € que
paga en efectivo.
16. Adquire bolígrafos co logotipo da empresa para regalar aos clientes por valor
de 240 €. Paga en efectivo
Posúe xustificantes de todas as operacións realizadas durante os dous trimestres.
Contabiliza no L. Diario e liquida o IVE dos dous trimestres no modelo 303 supoñendo
que todas as operacións tributan ao 21% de IVE.

18·· A empresa PICARJO, SA realiza durante o ano 20X0 as seguintes operacións:


Período Vendas e ingresos Compras e gastos
Primeiro Trimestre 40.000 € ao 21% 28.000 € ao 21%
Segundo Trimestre 50.000 € ao 10% 36.000 € ao 21%
Terceiro Trimestre 34.000 € ao 4% 10.000 € ao 21%
Cuarto Trimestre 26.000 € ao 21% 12.000 € ao 21%

Contabiliza e liquida o IVE de cada período

19.Contabiliza no L. Diario e Liquida o IVE do 2º Trimestre da empresa ALDAVID,


situada en Lugo, tendo en conta que todas as operacións tributan ao tipo xeral e que
hai que engadir IVE sempre que sexa preciso.

As operacións do 2º Trimestre son as seguintes:

1. Polo aluguer do local onde está situada a oficina paga 2.500 €. (Pago
domiciliado no banco)
2. Recibe factura por importe de 500 € pola reparación dunha das máquinas da
empresa.
3. Adquire diverso material de oficina por importe de 130 €. Paga en efectivo.
4. Por gastos de teléfono, abona 700 €. €. (Pago domiciliado no banco)
5. Por subministracións, a empresa paga 250 €.€. (Pago domiciliado no banco)
6. Realiza a importación dunha partida de mercadorías de Canadá por 15.000 €.
Os gastos da compra foron: dereitos arancelarios, 1.500 €; transporte e seguro
ata o almacén da empresa, 2.000 €. Deixa a deber as mercadorías ao provedor
canadense e paga gastos e Ive con transferencia bancaria.
7. Efectúa un pedido de mercancía por valor de 150.000€ a un provedor de
Barcelona e entrega nese momento un anticipo do 20% por transferencia
bancaria
8. Chega o pedido anterior. Aplícase o anticipo e o resto déixase a deber a 60 días.
9. As compras a crédito do trimestre a empresas situadas en Roma ascenderon a
20.000 €
10. En concepto de transporte das compras realizadas a empresas situadas en
Barcelona, a empresa abonou 400 €. en efectivo.
11. Devolve mercadorías a unha empresa situada en Madrid por importe de
6.500€.
12. As vendas a crédito do trimestre foron:
▪ A empresas situadas na península: 250.000 €
▪ A empresas arxentinas: 50.000 €
▪ A empresas canarias: 20.000 €
▪ A empresas alemás: 25.000 €
13. Un cliente dunha empresa situada en Cuenca devolve mercadorías por
importe de 4.000 € por un erro de pedido.
14. Concede a un cliente dunha empresa situada en Salamanca un desconto por
pronto pago con posterioridade á emisión da factura por importe de 350 €.
15. Por diversas comidas do director da empresa con clientes, paga 500 € (IVE
10%)
O IVE soportado nas comidas do director da empresa con clientes non é
deducible (artigo 96.1.5º LIVA)
16. Solicita un préstamo ao Banco Navacarrense por importe de 50.000 €. O
banco concédelle o préstamo o día 15 de xuño a devolver en 5 anos..
17. Os gastos de persoal do trimestre ascenderon a 35.000 €. Pago por bancos.
18. Compra mobiliario para a oficina por importe de 4.000 €. Paga por bancos.
19. Compra dun automóbil para o uso persoal do director: 35.000 €.
O IVE soportado na compra do automóbil para o uso persoal do director non
será deducible, xa que o elemento de transporte non se utilizará na actividade
empresarial.
O importe contabilizarase na conta 551 conta corrente con socios e
administradores
20. Abona por banco o seguro anual da fábrica: 1.200 €.
21. Adquire material para regalar aos clientes por importe de 400 €. (IVE incluído)
Paga en efectivo.
22. A cota para compensar do trimestre anterior ascende a 5.000 €.

As operacións do 3º Trimestre son as seguintes:


1. Compra materias primas a crédito por importe de 6.300 €, cun desconto
comercial en factura do 2% e uns gastos de transporte de 100 €.
2. Ao comprobar as materias primas anteriores observa que un lote valorado
en 500 € atópase en mal estado e procede á súa devolución.
3. Paga a débeda pendente co provedor anterior mediante cheque bancario.
4. Recibe un cheque por importe de 500 € máis IVE como anticipo dunha venda
futura.
5. Vende mercaderías ao cliente anterior por importe de 10.000 €, aplica o
anticipo e o resto queda pendente de cobro
6. Cobra a débeda do punto anterior mediante cheque bancario.
7.Compra mercadorías a crédito a unha empresa alemá, por importe de 7.000€.
8. Vende mercadorías a crédito, por importe de 9.500 € cun desconto comercial
do 2%. Na factura inclúense uns gastos de transporte por importe de 200 € que
se lle repercuten ao cliente.
9. Compra a unha empresa xaponesa mercadorías por valor de 10.000€. Ditas
mercadorías pagaranse en 30 días. Os aranceis e portes ascenden a 460€ que
se pagan ao contado por transferencia bancaria, xunto co Ive.
10. Vende a crédito a unha empresa china mercadorías por valor de 5.000 €
11. Cobra a venda anterior facendo un desconto por pronto pago do 1%
20. A empresa PICARJO, SA realiza algunhas operacións que orixinan o dereito a
dedución e outras sen dereito a ela polo que debe aplicar a regra de prorrata xeral.
Durante o exercicio 20X0, tivo unha prorrata definitiva do 70%. Durante o exercicio
20X1, presenta a seguinte información:

IVE soportado
IVE devengado
(Deducible e non deducible) Operacións
Período
Exentas
Tipo Base impoñible Tipo Base Impoñible

1er Trimestre 21% 200.000 € 21% 140.000 € 40.000 €

2º Trimestre 21% 206.000 € 21% 230.000 € 38.000 €

3er Trimestre 21% 183.000 € 21% 175.000 € 35.000 €

4º Trimestre 21% 270.000 € 21% 215.000 € 45.000 €

Liquida o IVE dos catro trimestres.

21. A empresa VITORIA, SA realiza algunhas operacións que orixinan o dereito a


dedución e outras sen dereito a ela, por iso, optou por aplicar a regra de prorrata
especial. Durante o ano 20X0, obtivo unha prorrata definitiva do 75%.
Durante o ano 20X1, presenta a seguinte información:
IVE devengado
Operacións exentas
Período Base impoñible Tipo
1er Trimestre 54.000 € 21% 22.000 €
2º Trimestre 38.000 € 21% 18.000 €
3er Trimestre 47.000 € 21% 25.000 €
4º Trimestre 42.000 € 21% 16.000 €

IVE soportado
Con dereito a dedución Conxuntamente
Período Base
Base imponible Tipo Tipo
imponible
1er Trimestre 22.000 € 21% 2.500 € 21%
2º Trimestre 18.000 € 21% 1.200 € 21%
er
3 Trimestre 30.000 € 21% 1.500 € 21%
4º Trimestre 21.000 € 21% 2.400 € 21%

Liquida o IVE dos catro trimestres.

22. A empresa ANIOL, SA vende a Don Javier Ortega /comerciante minorista acollido
ao recargo de equivalencia) os seguintes artigos:
▪ Artigo A: 120 unidades a 5 €/unidade
▪ Artigo B: 160 unidades a 4 €/unidade
Inclúe en factura un desconto comercial do 4% e gastos de transporte por importe de
50 €.
O IVE aplicable á operación é o 10%.
a)Calcula o importe total da factura.
b)Quen é o suxeto pasivo?
c)Que obrigacións formais ten o comerciante minorista con respecto a este imposto?

23.Don Eduardo Ortega exerce a actividade de Cafetería (epígrafe 672.1) e está


acollido ao réxime simplificado do IVE.
Desenvolve a actividade cos seguintes elementos:
▪ Potencia eléctrica: 20 kW
▪ Mesas: 2 mesas
▪ Máquina tipo “ B”: 2 máquinas
En canto ao persoal empregado no negocio, traballan o titular e 2 empregados a
tempo completo. Ao finalizar o ano, o importe total do IVE soportado en operacións
correntes ascende a 9.330 €.
A información que proporciona a Orde HAC1164/2019, do 22 de novembro, para esta
actividade é a seguinte:
Actividad: Cafeterías
Epígrafe I.A.E.: 672.1, 2 y 3
Cuota devengada anual por
Módulo Definición Unidad
unidad (euros)
1 Personal empleado Persona 2.356,07
2 Potencia eléctrica Kw. Contratado 124,00
3 Mesas Mesa 70,86
4 Máquinas tipo "A" Máquina tipo "A" 221,43
5 Máquinas tipo "B" Máquina tipo "B" 832,60
6 Importe total de las comisiones Euro 0,21
por loterías y por máquinas de
apuestas deportivas
Cuota mínima por operaciones corrientes: 13% de la cuota devengada por operaciones
corrientes.

A porcentaxe para calcular as cotas trimestrais é do 4%.


Determina o resultado da liquidación final do IVE.

24.Dona Raquel Ortega é propietaria dun salón de beleza (Epígrafe 972.2) e está
acollida ao réxime simplificado do IVE.
Desenvolve a actividade cos seguintes elementos:
▪ Persoal empregado: xunto á dona do negocio traballan dúas empregadas a tempo
completo.
▪ Superficie do local: 500 m2.
▪ Consumo de enerxía eléctrica: 1.800 kWh.
Ao finalizar o ano, o importe total do IVE soportado en operacións correntes ascende a
8.200 €.
A información que proporciona a Orde HAC1164/2019, do 22 de novembro, para esta
actividade é a seguinte:

Actividad: Salones e institutos de belleza


Epígrafe I.A.E.: 972.2
Cuota devengada
MÓDULO Definición Unidad anual por unidad
(euros)
1 Personal empleado Persona 2.562,75
2 Superficie del local Metro cuadrado 41,33
3 Consumo de energía 100 kWh 17,36
eléctrica
Cuota mínima por operaciones corrientes: 32% de la cuota devengada por
operaciones corrientes.

A porcentaxe para calcular as cotas trimestrais é do 10%.


Determina o resultado da liquidación final do IVE.

25.A empresa ROSAMAR, SA, situada en Burela, con NIF A28556677, realiza as
seguintes operacións durante o segundo trimestre do ano 20X0. (Naquelas operacións
nas que sexa necesario, e sempre que non se indica outra cousa, engadirase un tipo
impositivo do 21%.)
1. Vende mercadorías a empresas españolas:
▪ Ao 21% de IVE por importe de 38.000 €
▪ Ao 4% de IVE por importe de 12.000 €
2. Recibe devolucións de vendas de empresas españolas por importe de 1.800 €
ao 21% de IVE.
3. Vende mercadorías a comerciantes polo miúdo españois suxeitos ao recargo
de equivalencia:
▪ Ao 21% de IVE por importe de 14.000 €
▪ Ao 4% de IVE por importe de 1.900 €
4. Vende mercadorías a unha empresa francesa por importe de 3.500 €.
5. Vende mercadorías a unha empresa canadense por importe de 4.800 €.
6. Compra mercadorías a crédito ao 21% de IVE:
▪ A empresas españolas por valor de 28.000 €
▪ A empresas holandesas por valor de 8.000 €
▪ A empresas xaponesas por valor de 12.000 € Paga Ive na aduana por bancos.
7. Os soldos e salarios do persoal ascenden a 8.900 €. Paga por bancos.
8. O seguro do local onde ten situada a oficina cústalle 380 €. Paga por bancos.
9. As subministracións consumidas durante o período ascenden a:
▪ Electricidade: 650 €
▪ Teléfono: 980 €
▪ Auga: 250 € (IVE 10%)
10. Os gastos diversos suman 440 €.
11. Compra unha furgoneta para o reparto por importe de 14.500 €. Paga por
bancos.
12. Os gastos por atencións a clientes suman 520 €. (Ive incluído)
13. O seguro da furgoneta ascende a 800 €.
Supoñendo que posúe factura de todas as operacións realizadas, contabiliza no L.
Diario, efectúa a liquidación do imposto e cumprimenta o modelo 303.

26.·A empresa NEMADE, SA, situada en Lugo, realiza as seguintes operacións


durante o terceiro trimestre do ano 20X0 (Naquelas operacións que sexa necesario e
nas que non se indica outra cousa, aplicarase un tipo impositivo do 21%)
1. Vende mercadorías a crédito a empresas españolas por importe de 42.000 €
ao 21% de IVE e por importe de 15.000 € ao 10% IVE.
2. Recibe devolucións de vendas de empresas españolas por importe de 1.200 €
ao 21% de IVE.
3. Vende mercadorías a comerciantes minoristas en recargo de equivalencia por
importe de 5.000 € ao 21% de IVE.
4. Vende mercadorías a crédito a unha empresa italiana por valor de 3.200 €.
5. Compra mercadorías a crédito a empresas españolas por valor de 44.000 €.
6. Obtén un desconto por defectos de calidade dun lote das mercadorías
anteriores por importe de 200 €.
7. Realiza unha importación a crédito de mercadorías de Arxentina por importe
de 3.000 €. Os gastos da compra foron: dereitos arancelarios: 120 €, transporte
e seguros: 200 €. Paga gastos e IVE por bancos.
8. Os soldos e salarios do persoal ascenden a 8.200 €. Paga por bancos.
9. Por unha reparación nas instalacións da empresa recibe factura por importe de
420 €.
10. O seguro do local onde ten situada a oficina ascende a 390 €. Paga por bancos.
11. Contrata unha campaña publicitaria cuxo importe ascende a 2.000 €.
12. O Banco Ubezana concédelle un préstamo de 12.000 € a devolver dentro de 2
anos.
13. As subministracións consumidas durante o período foron: electricidade: 820 €,
teléfono: 790 €, auga: 350 € (IVE 10%). Pagadas por bancos.
14. Os gastos diversos ascenderon a 290 €. Pagados por bancos.
15. Compra un ordenador portátil para uso empresarial e persoal do
administrador da empresa. O importe ascende a 1.200 €. Estima que a súa
utilización na empresa será do 50%. Pagará en 30 días.
16. Os gastos por atencións a clientes supoñen un importe de 430 €. (IVE incluído)
Pago ao contado.
Supoñendo que posúe factura de todas as operacións realizadas, contabiliza no L.
Diario, efectúa a liquidación do imposto e cumprimenta o modelo 303.

You might also like