You are on page 1of 5

TEMA 4: O FINANCIAMENTO E OS FONDOS.

O plan financeiro. 11 fontes de financiamento posibles.

1. Prevendas e vendas a distribuidoras e axentes de vendas.


2. Prevenda de dereitos de emisión televisiva e investimento das televisións.
3. Préstamo bancario
4. Axudas públicas (soft money)
5. Investimento de capital privado e a desgravación fiscal (hard money)
6. Incentivo fiscal
7. Financiamento indirecto.
8. Pagos diferidos ou facility deal
9. Coprodución
10. Banda sonora
11. Merchandising, product placement, patrocinio e crowdfunding.

1. Prevendas e vendas a distribuidoras e axentes de vendas.


Tipo de axuda privada e é dereita. Obtemos capital de empresas privadas. Son figuras clave na
industria audiovisual. Como se distribúe unha película? A empresa distribuidora adquire a través
dun contrato de distribución a licencia de distribuír a obra durante un tempo limitado en un
territorio limitado un número limitado de pases. Esta licencia é unha fonde de financiamento
que pode realizarse previamente a realización da obra (prevenda) o que se vende é o proxecto
e a empresa recibe unha parte do total percibido no contrato. A empresa necesita saber no caso
da prevenda se a obra ten solvencia, se o proxecto ten posibilidades de recadar diñeiro... A
negociación faise por territorios, o habitual e que se negocie cun axente de ventas que xestiona
as ventas en distintos territorios. Aforra ao produtor o traballo de buscar distribuidoras en cada
país. Avance en metálico ou garantía de pago ao final do film. A garantía consiste en un aval
bancario (garantía da solvencia da empresa). A garantía ten que estar recollida no contrato, no
que se recollen unha serie de ideas:

- Como vai ser a obra? Xénero, ton, casting...


- Cando se vai entregar a obra. Ten que acelerarse a produción
- Que dereitos se ceden, Ten que ver coa duración, o número de pases (sempre en cine)
- O contrato ten que definir os termos e condicións da futura distribución da obra.

Cada distribuidora vai ter un tipo distinto de contrato segundo a obra.

2. Prevenda de dereitos de emisión televisiva e investimento das televisións.


Os operadores están obrigados por lei a inverter en cine. Segundo datos de 2018 o 41% do
investimento total en cine depende das televisións. Os Players (onde tamén se inclúen as
plataformas) son o motor do cine con dúas modalidades. Poden por unha parte comprar os
dereitos de emisión da película (unha prevenda) o que interesa é conseguir o diñeiro
previamente a rodaxe, vendemos os dereitos de emisión, as veces que se vai poñer esa película
en televisión. A canle inverte deste modo, cunha inversión privada ou pública, un financiamento
directo. A lei de cada estado europeo adapta unha normativa europea dos anos 80, unha lei de
protección do cine (lei de TV sen fronteiras). Nesta lei, que se actualizou en 2018 ten unha
adaptación española, que inflúe directamente no mercado e como se produce. Esta lei recolle
que as TVs teñen que reservar un mínimo do 51% da súa programación de cine a películas
europeas. E o 50% das películas teñen que ser emitidas en un idioma oficial do Estado Español.
Teñen que reservar o 10% da súa programación anual a cine europeo.

O segundo modo de financiamento das televisións é o financiamento dereito como produtores


ou coprodutores que fai que as canles poidan producir obras propias ou coproducir con outras
canles ou independentes. Aquí tamén entran en xogo moito as plataformas. Moitas veces fanse
encargos particulares a pequenas produtoras. Nos últimos anos parte do investimento do cine
foi para series (polo seu éxito). As TVs teñen que invertir un 5% se son privadas e un 6% se son
públicas dos beneficios do ano anterior ao cine. Os operadores de VoD (Video on Demand) están
obrigados.

O VoD non quixo invertir orixinalmente. Netflix fixo a súa sede fiscal en Holanda porque ten
menos impostos e dende ahí producir para os demais países. Alemaña denunciou a Netflix por
negarse a producir cos seus beneficios e o Tribunal Europeo fixo que o VoD tamén teña que
cumprir as normas das TVs de produción europea. Ganou Alemaña. Netflix financiou pelis en
España (La Jaula,, Rainbow)

1. Préstamo bancario.

Non é o máis habitual xa que o investimento cinematográfico é de gran risco, o que se fan é
determinadas entidades de crédito que necesitan garantías. Para poder abalar que un banco nos
preste diñeiro ten que haber outras fontes de financiamento comprometidas. Hai varios
procedementos de préstamo. Garantía de que poidamos devolver o diñeiro.

a. Contratos de compravenda de filmes. Canles de TV, subvencións públicas...


Adiantan o diñeiro segundo unhas condicións.
b. Préstamos para completar o financiamento.

Instituto de crédito oficial (ICO) o que fai é permitir que se financien determinados sectores.
Para conseguir que o ICO financie parcialmente algunhas producións cinematográficas o que se
ten que conseguir e que se creen convenios dentro da industria. Convenio ca FAPAE antes
(desapareceu en 2019) O acordo do ICAA permite que as produtoras e as producións se poidan
sumar a varias liñas de préstamo. O que fai é subscribir a través do ICO – subvencións para a
produción de longametraxe, para proxectos de produción, para proxectos de mellora e
adquisición de equipos e finalmente para reconversión, remodelación, e creación de salas de
cinema.

O instituto catalán de finanzas fai o mesmo tipo de acordos de financiamento. No sistema


cinematográfico catalán interésalle facer películas máis grandes e un mellor cine, máis potente.

2. Axudas públicas (soft money).


As axudas intentan mitigar os riscos do sector, son ademais de cultura, unha industria e as veces
ás axudas públicas son a única maneira de que determinadas películas se poidan subvencionar
e estrear. Soe haber uns fondos en cada estado para o sector de cine. BFI – CNC. No cinema
británico hai nas que a lotería financia películas. (Lottery fund). Existen varias normas
internacionais e nacionais para regular estas axudas que se convocan en categorías anuais. Hai
formas directas de financiamento -> axudas anuais orientadas a distintas fases do proceso
produtivo. Hai formas indirectas -> Como as cuotas de pantalla, a obriga das televisións e tempo
de antena.

As axudas específicas organízanse normalmente a través de territorios. Principalmente catro


tipos de axudas:

c. Axudas europeas - MEDIA e Eurimages. MEDIA é un programa que financia o


cine europeo mediante un programa que se chama Europa Creativa. Son plans
pensados para períodos de varios anos (7 anos) nos que hai unha programación
do sistema de axudas públicas. Financia distintos aspectos da produción, dende
a formación. Agora pídense cousas como impacto medioambiental e
diversidade e igualdade (con equipos de traballo que sexan o máis igualitarias
posibles). Os valores de Europa sexan incluídos no sistema de axudas. Eurimages
é un programa específico para Coproducións.
d. Axudas iberoamericanas - Ibermedia. Tamén pensado para coproducións.
Poden ser para distribución, produción, desenvolvemento. É unha liña de
axudas que comezou xa fai máis de 20 anos. Portugal e Brasil tamén tan dentro
deste programa.
e. Axudas do estado – As que van a garantir a posibilidade de facer unha película
dentro do Estado español. Vinculado ao ICAA (Instituto de Cinematografía e as
Artes Visuales). Un organismo autónomo pero que depende do ministerio de
cultura e organiza a política de apoio ao sector cinematográfico.
f. Axudas autonómicas - Nas autonómicas temos AGADIC – divídense en
producións mais grandes e outras mais pequenas.
g. Outras axudas públicas - Tamén hai axudas das administracións (deputacións
provinciais, xex)
h. Tamén hai axudas indirectas, que ás veces dan os concellos, que non son diñeiro
- pode ser aloxamento, comida etc a cambio de q sala o concello nos créditos

Hai axudas xerais á produción e axudas selectivas (soen ser para aquelas películas de menor
custo, con especial valor cultural, se dividen en ficción, documental e xxx).

3. Investimento de capital privado e a desgravación fiscal (hard money).

Pode vir da propia produtora. Vense como desgravación fiscal, o que implica que se
deducen parte dos impostos fiscais – non che da diñeiro, pero non t quita tanto. Esto beneficia
especialmente a grandes producións (a desgravación é do 20% ata 1M de€ e de un 18% a partir
de ahi – so aplicables a 3M de €, o demais non se desgrava). É un tipo de axuda indirecta. En
caso de que haxa unha coprodución, estes importes se poñen en porcentaxe na cantidade de
cada inversor (en caso de empresas ES, se son estranxeiras a fiscalidade depende do outro pais)

4. Incentivo fiscal

O estado e certas comunidades autónomas animan para que se fagan producións en España, hai
2 liñas, unha para producións de aquí e outra para as estranxeiras, creando un marco tributario
mais beneficioso para as producións. Así o produtor executivo no caso de ser estranxeiro ten
unha redución do 20% dos gastos que se fagan no territorio español, sempre que estes gastos
ascendan como mínimo a 1M de €. Estes gastos teñen que vir do gasto en casting e gastos de
industrias técnicas e provedores (aluguer de cámaras, caterin), e esta redución non pode ser
superior a 3M, e non pode ser superior ao 50% do custe total da produción. Atraer talento
estranxeiro e evitar que o propio marche.

Hai 2 comunidades autónomas q teñen fiscalía propia, Canarias e Navarra. Se pode rodar en
varias comunidades para conseguir desgravacións en ambos lugares

5. Financiamento indirecto.

Dous tipos de financiamento:

- capitalización: cando algún membro do equipo con bo salario decide renunciar a parte
do seu salario para participar como socio da produción a xeito de coprodutor (+-), non
nos da diñeiro, pero nos sale mais barato – pero implica darlles poder de decisión aos
actores/guoinistas etc que fan isto
- participación en beneficios: renuncia a parte do seu salario a cambio de recibir unha %
dos beneficios da película –canto mais grande a produción mais beneficios sacaran así.

6. Pagos diferidos ou facility deal

Tamén é indirecto, é un acordo de participación na película por parte de provedores, nas que se
levan unha % da película a cambio de proveer os seus produtos (comida, coches...). danos
liquidez porque non cobran todos os seus produtos, só a metade.

7. Coprodución

É un modo moi habitual, é cando participan varias empresas, participando de varias formas: con
Hard Money, buscando axudas en distintos territorios, permite competir en axudas q se dan so
a coproducións. Adoita diversificar a entrada de capitais e tamén pode simplificar o traballo de
produción (na teoría, na practica pode complicarse).

8. Banda sonora

Crear nun soporte físico a banda sonora da película e vendela de forma independente: vender
CDs de banda sonoras de películas.

9. Merchandising, product placement, patrocinio e crowdfunding.

Crowfindung es típico de producións mais pequenas

Product placement e merchandising son máis comúns en producións mais grandes

Tamén se poden hibridar: que co crowfunding se cree o merchandising

O crowfunding: a partir de micro aportacións permite chegar a unha cantidade determinada de


cartos. Normalmente se fai a través de plataformas na rede. Normalmente cada proxecto ten
unha entrada con información sobre o proxecto, tráileres etc, e debes especificar a canto diñeiro
queres chegar en canto tempo, normalmente se ofrecen pequenas recompensas a quenes
aportan en función da cantidade que aporten. Non se solen facer na rodaxe, senón despois, para
lanzar a película

O merchandising: se é potente sole facerse en películas grandes, normalmente vai dirixido a


nenos e frikis, es un diñeiro a posteriori. Serve como publicidade para a película. Hai distintos
tipos:

1. De propiedade intelectual
2. De marca
3. De imaxe

O merchan serve como modelo de publi, non só porque permite conseguir diñeiro, senón que
axuda a publicitar a imaxe da marca. Consolida o produto e amortiza os custos. Tamén xera
notoriedade e reputación

Product placement: moi típico en tv, consiste en colocar nunha escena un produto de consumo
co que hai un acordo económico previo

Patrocinio: usando un logo dunha marca, esta da diñeiro a cambio de saír o seu logo na pantalla

You might also like