You are on page 1of 4

Coloquio sobre Numax

Primavera de 2015 nace Numax. Xan é un dos 13 socios que conforma a cooperativa licenciado
en xornalismo. Programador de cinema de Numax.

A idea inicial – como xurdiu


Xorde un par de anos antes da apertura en 2015. Dende o punto de vista persoal no 2012-13
en canto ao cinema no espazo atopámonos coa dixitalización das pantallas. Decenas de salas
pechan – no centro de Santiago deixou de haber cines. Nunca existiu realmente salas que cada
semana estreasen en versión orixinal.

Unha cidade con costume de ir ao cinema con cultural – era unha idea que podería funcionar

“Somos unha cooperativa de traballo asociado sen animo de lucro” varias persoas de
diferentes ámbitos e campos (audiovisual, deseño…) Un espazo que se retroalimente desa
identidade gráfica, poida mercar un libro… Foise profesionalizando cada área. Ao principio
había un espazo -> traballaron con hábitat (unha cooperativa de arquitectura) para atopar o
espazo. O deseño estaba disposto a crear esa imaxe esa corporativa.

Chegouse facer un estudo de mercado? Un plan de empresa inicial. Un proxector de cine,


butacas, a obra----- un investimento potente que puideron unha axuda que recurriron a cop
(Ser unha cooperativo polo que supón se lle concedeu un préstamo de igape) Había sensación
de que si que había oco xa que non había competidoras e viabilidade. Notan as cifras aínda
que non dependen tanto destas cifras estándares de audiencia dos cines convencionais, teñen
que ir adaptándose porque cambiaron os modos hábitos culturais. Un proxecto de viabilidade
e unha marca que é Numax

Por que o nome¿? Numax presenta é unha película dun cineasta catalán que gravou no ano 80
esta película (realmente era unha marca de electrodomésticos catalana que ía pechar o que
fixeron e facerse coa empresa e fixeron unha cooperativa). Unha película que define moi ben a
súa filosofía. Esa marca asentouse moi ben na súa cidade, fan un gran esforzo de comunicalo e
difundilo (programa de radio).

Ao principio eran 5 socios, ao pouco entraron 2 e logo máis. Agora mesmo son 13 socios (unha
delas e capital e non de traballos, dúas están en excedencia – e con tres persoas empregadas ).
Un dos obxectivos obvios é garantir unhas condición laborais dentro que se pode (buscar que
os postos sexan de calidade).

O proceso de atopar o local? Non é fácil e é fundamental, montar un cine non vale calquera,
ten que ser grande, ben situado. Si ou si están en Europa cinemas, unha rede europea de salas
que pon en valor (FALTA) - para que en Europa cinema se considere unha salas deles ten que
ter 70 butacas.

TRABALLO DE PROMOCIÓN: Contaron por varias vantaxes, viñeron do mundo cultural en


Santiago (dáche unha rede e non es tan descoñecido). Di que tiña a sensación de que vivía a
cidade un baixón cultural e unha necesidade de estímulos. Ao inicio contaron co patrocinio

Que ten de diferente – son a única sala (no momento) do estado que presentaban versión en
orixinal subtitulada. Unha programación ambiciosa, películas que teñen nivel cinematográfica.
Acompañado doutras liñas, liñas de cine clásico , un programa que se chama os ollos verdes, e
un pouco esta combinación con programas de convidar a cineastas. Creando un espazo que
esperan que sexa cómodo

Os obxectivos están cumpridos???? Pensa que si. O obxectivo era crear unha salas de cine,
funcionou e segue funcionando. Teñen un público fiel e cun feedback positivo.

Como afectou a pandemia a Numax? Sufrírona moito coma calquera sector económico e
humano. Restricións de aforo. A libraría menos , no cine tiveron que pechar tres meses en
2020. En 2020 houbo varias axudas do icaa e o agadic e municipal, no m2021 as axudas foron
menos aínda que tiveron igualmente as restricións. Notouse que o grupo de maior de 60 non
volveu e as plataformas colleron máis protagonismo deixando un pouco máis lonxe da
situación prepandemia.

Programar películas de menos - Hai un balance, todo isto é ser un cine de estreas e non
FALTA. É o que lles permite ter un colchón para permitir en paralelo por outras películas de
menor publicidade e que vaia a recadar menos. Creen que é importante potencia esa riqueza,
están limitados ao contar cunha pantalla. Cada semana hai unha peli de ollos verdes, petit…
(cada semana hai variedade).

Como programador é complicado ter unha programación boa e diversa xa que están suxeitos
ao que se estrea e dunha soa pantalla. Se hai unha película que lle parece mala non a pon. A
programación de cada venres é de Xan. Hai distribuidoras que non deixan ver as películas.

Va a festivais e intenta estar o mais empapado do que sucede.

Hai xente as 12 da maña cun documental? son ocos sorprendentes. Un programador esta en
contacto/programación negociación coas distribuidoras.

De ter algunha soa pantalla tendo os datos de afluencia se valorou ampliar o proxecto? Saír
de Santiago non se valorou- Non están nas súas ambicións crecer a eses niveles. Sobre buscar
outros espazos si que se miran pero non é fácil. Facer de cero unha sala é algo moi caro, por
agora non atopan o espazo nin o momento pero sería interesante para ampliar esa oferta
diversa.

De cortocircuito levan dende o inicio proxectado e dende cine Europa dende o 2019. Con
cortocircuito encaixaba dende o principio e ademais non ocupaba toda a sala. Con cineeuropa
o complicado e que 11/12 dias non teñan programación propia polo que moitas estreas
quedan fora, asúmelo porque durante esas 2 semanas a vida cultural de Santiago xira entorno
a cineeuropa, tamén ter a público xoven e é unha fonte de financiamento.

Non arriscas moito, o publico non enche pero é moi constante e funciona moi ben. Os datos
son moi constantes, si que teñen en conta que as plataformas non sempre teñen as películas-
Por exemplo o ciclo da directora húngara… Intenta que sexa un contido exclusivo e logo xogar
a baza da experiencia do cine. Esa posta en valor da experiencia.

Inspiráronse nalgún modelo de negocio? Si sempre se miraron modelos. Nalgún inicio ata
pensaron que puideran incluír cuestións mais que ver coa hostalaría. En Barcelona hai unha
sala … Ven tamén polo que cada quen viña dun ámbito pero estas simbioses si que se dan por
exemplo a sala golem coa librería que ten en fronte e dálle un enriquecemento.

Libraría – que a diferencia do resto ¿ contidos cinematográficos e presentacións que saen do


canal mais mainstream- destaca unha coidada selección – mais especializada na parte do cine,
o pensamento, a literatura galega… Esa confianza de que vas a ir un sitio, de que che van a
guiar ben .. (o papel importante das encargadas que é algo que tamén está presente no ine) Co
cine e a libraría crean unha especie de comunidade.

Numax na escola – ir atraendo publico máis pequeno. É convidar as escolas e institutos (de
Santiago e toda a comarca)teñen un catalogo de películas que xa se puxeran na sala e no caso
de infantil de distribuidoras de cine infantil pero que se saen do que se soe expor. Previamente
co profesorado darlles material didáctico para que poidan desenvolver na aula. Intenta que
sexan subtituladas en galego sempre que sexan posible. Non dan coloquios porque acostuman
ir apresurados pero é algo moi enriquecedor. Entronca con esa necesidade de ter unhas
ferramentas, colocar unha semilla para que sexan asiduos ou creadores de proxectos como
estes.

O laboratorio Numax – un laboratorio de deseño gráfico, un deseñador e un informático


Incluso formato libro, deseño web e páxinas web. Hai un laboratorio de imaxe que está
centrado en entalonaxe e ( FALTA) O laboratorio factura cara clientes de fora e o cine e a
libraría vive de entradas e de libros.

SOBRE AS LOCALIZACIÓNS – Cren que Santiago ten algunha especie de atractivo? E unha
cidade cunha grande alfabetización en canto a cine de autor. Non se atreve a responder se é
responsable a outras cidades, habería que coñecer as dinámicas socias e culturais (os codex) e
ter moi claro o que estas a facer. O que non lles interesa é medrar mesa dirección afástanse da
filosofía inicial da maneira de traballar e co espazo. Pensa que publico ten que haber en todas
as cidades

Que tipo de persoa? Hai un pouco de todo, teñen claro poden listar polos abonos veñen máis
mulleres que homes, hai un publico maior de 65 anos fiel que non volveu t

Hai un grupo de base e logo cunha estrea hai un grupo mais azaroso porque lle interesa a
película. Se tivera que por unha figura e unha muller de 35-45 anos case sempre con estudos
universitarios se tiveran que dar un frecuente pero teñen moitos perfís

Como rentabilizar o proxecto - PARTE DA COOPERATIVA

Ten un punto político de non so ser un espazo cultura senón tamén transformadores formar
parte da economía social entrar en rede con outros proxectos que defenden modos de
consumo a outros niveis, priorizan iso. A nivel interno as xestión e o goberno da cooperativa
depende de nos mesmos, teñen unha asamblea xeral que é onde se deciden. Unha estrutura
horizontal, no é perfecto, e democrático. Cada ano se hai un superario e se revirte na
cooperativa. A novel mais de monetización teñen catro areas que teñen unha analítica
económica separada, porque teñen características diferentes. Ademais sabes cal é a saúde da
túa area. Cada inicio de curso fan unhas previsións económicas das que saen eses salarios e fas
unha estimación do que van a vender ao longo do ano, no cine é a taquilla pero non é o único -
so o 40% (publicidade, alugueres de sala, aporte publico ... )

Apoio publico axudas directos non había pero si acordos a Cortocircuito das palabra, aluguer
de sala para facer o Cine Europa (non son axudas en si). Agora comeza a haber mais axudas e
mais cousas, están nunha asociación que se chama promil de salas independentes. Acaban de
saír unhas axudas do ICAA que pon en valor se proxectas cousas en outras lingua minorizadas?.
Cal é o ámbito mais rentable? Das areas

Historicamente o cine coa pandemia esta mais xusto, a libraría o sector é moi complicado.
Hasta onde sabe dun libro a libraría lévase o 30 por cento. Fanse moitos traballos e iniciativas a
maiores para rentabilizar.

EXEMPLO: É rentable facer Numax en Ourense? Un pouco en base aos estímulos que activen
esta convencido que calquera iniciativa espertaría algo. Descoñece as dinámicas e ata que
nivel contaría cunha boa saúde. Estudo sobre a cidade, ámbitos de consumo…

Alguén lles preguntou? Cos codex de Lugo pero preguntas mais concretas sobre distribuidoras
e funcionamento de sector ( e é unicamente cine) seria interesante proxectos similares para
crear unha especia de rede e mesmo para reivindicar cousas como para compartir convidados
… Dende o ano 2016 o cine e a libraría funcionaban ben e incluso houbo a posibilidade de
contratar novas persoas, ao inicio había que “apretarse o cinturón” pero o inicio xa foi bo e así
continuou.

O importante tamén as horas de mais que se fai nun proxecto así.

DISTRIBUIDORAS - como negociar con elas.

Hai de todo dende Universal, Fox, Disney... tes que ir tu a eles. Normalmente os filmes chegas
a un acordo de porcentaxes de taquillas cunhas distristruidoras normalmente andas polo 50 %.
Hai distribuidoras que che obrigan a ter mais porcentaxe e esixen os pases. As distruidoras
medias coas que traballan, a maioría das veces e mais coordinada e asúmese que nas primeiras
semanas e 50-50 e nas seguintes vai mais a favor da sala. A negociación é por correo
electrónico

Estaba nunha fase de estudo e sta que punto un cambio de modelo é necesario e se por eles
foran no farían un cambio moi grande. Mirar estudar outros espazos

O seu primeiro obxectivo e iso xunto con mellorar as condicións salariais.

Por exemplo o laboratorio cambiou de oficina que estimula

Como melloralo e adaptalo.

You might also like