You are on page 1of 2

Entrevista a Cándido Pazó (Galicia Confidencial)

Comprensión da lectura
1. A cal das seguintes actividades profesionais se dedica Cándido Pazó?
a) Actor.
b) Escritor.
c) Narrador.
d) A todas.
2. Tendo en conta o que di Cándido Pazó na entrevista, cal dos seguintes aspectos é máis
importante para ser un bo “narrador”?
a) Non cortarse diante do público.
b) Ser un bo comunicador.
c) Saber actuar ben.
d) Contar historias graciosas.
3. Segundo o que manifesta o autor sobre o teatro, con cal das seguintes afirmacións cres que
non estaría de acordo?
a) O teatro serve para provocar que a xente abra as súas mentes.
b) O fundamental no teatro é crear comunicación entre o actor e os/as espectadores/as.
c) O teatro é un medio para que os espectadores se salven da mediocridade diaria.
d) Eu cando digo cousas teatralmente digo cousas dende quen son, dende a miña maneira
de pensar.
4. A que cres se refire Cándido Pazó cando di que: “O narrador en xeneral non ten unha
personaxe, fálalle directamente ao público, e o que conta está mediatizado pola palabra,
non tanto polos actos”:
a) A que cando se fai un espectáculo de contacontos só se pode falar.
b) A que o narrador sempre conta historias que lle pasan a el, non son historias
inventadas.
c) A que os contacontos falan moitísimo.
d) A que nos espectáculos de contacontos é moi importante a maneira de contar para
conseguir que o público sinta o que se lle está contando.
5. Como comezou Cándido Pazó a contar historias para o público?
a) Foi o seu soño dende pequeno, xa o facía nos festivais do colexio.
b) Estudou a carreira de arte dramática e especializouse nesta faceta.
c) Convenceuno outro narrador para que contase en público as historias que contaba aos
amigos.
d) Porque non lle gustaba facer guións para televisión.
6. Segundo di Pazó na entrevista, cal é a diferenza que existe entre un actor e un narrador oral?
a) Non existen grandes diferenzas porque as técnicas que se usan son similares.
b) Os actores non saben narrar historias.
c) Os actores disfrázanse para a representación e os narradores non.
d) Para ser un narrador é imprescindible ser gracioso.
7. Cal das seguintes actividades é a que lle gusta máis a Cándido Pazó?
a) Escribir historias.
b) Escribir guións para a televisión.
c) Contar historias enriba dun escenario.
d) Facer entrevistas.
8. Por que na actualidade os espectáculos de contacontos teñen tan boa acollida á hora de
contratalos?
a) Porque a infraestrutura que precisan é pouca.
b) Porque son espectáculos nos que só traballa unha persoa.
c) Porque se poden representar en calquera lugar.
d) Por todas as razóns anteriores.

You might also like