You are on page 1of 19

5.

O Cómic
O nacemento do cómic tal e como o coñecemos
hoxe situámolo a finais do século XIX, nos periódicos
dos EE.UU cando as viñetas substitúen as fotos.
O cómic comparado con outros medios como a
ilustración ou a publicidade, ten un predominio
narrativo, na maioría dos casos a imaxe apoiase no
texto.
O transcorrer do tempo represéntase a través
dunha sucesión de imaxes formando unha secuencia
con significado.
A acción secuencial representase por medio de
viñetas que se len de esquerda a dereita e de arriba a
baixo.
No interior das viñetas atópanse os elementos
característicos do cómic: personaxes, texto,
decorados, bocadillos, eta.
En xeral as viñetas cambian de forma para conseguir
dinamismo, movemento, tensión, máis acción,eta. Cartel do entroido de Pontevedra. Kiko da Silva.
Blog de Kiko da Silva.

Ligazón á Wikipedia en galego.


5.1 Elementos básicos do cómic

A plana é a páxina onde se


debuxa o cómic e podemos ter
unha, dúas ou máis planas.
A viñeta é o espazo onde vai o
debuxo ou unha acción no tempo.
As viñetas teñen un encadre ou
plano que nos mostra aos
personaxes máis cerca ou máis
lonxe. Plana

Viñetas

Viñetas. M. Busto. CC BY-SA


5.2 Elementos básico do cómic: Planos 1
Tipos de planos ou encadres:
Gran plano xeral. GPX. Plano
aberto onde case non se distinguen
os personaxes, apreciándose o
contorno que rodea os mesmos.
Plano xeral. PX. Aparecen os
personaxes máis detallados, de
corpo enteiro.
Plano tres cuartos. PA. Tamén
chamado plano americano. Corta
os personaxes polos xeonllos.

Planos 1. M. Busto. CC BY-SA


5.3 Elementos básico do cómic: Planos 2

Plano medio. PM. Corta ó personaxe


pola cintura. Distínguense as expresións
das caras.
Primeiro plano. PP. Atopamos no
encadre toda a cara do personaxe ou
algún detalle concreto como mans ou
outras cousas.
Plano de detalle. PD. Plano moi preto
que mostra algún detalle esencial para a
narración.

Planos 2. M. Busto. CC BY-SA


Todos os tipos de planos ou encadres para as nosas viñetas

Planos. M. Busto. CC BY-SA


5.4 Elementos básico do cómic: Puntos de vista
O noso punto de vista cando debuxamos unha escena pode
ser moi variado, pero os tres máis empregados son os
seguintes:
Punto de vista natural. Os personaxes están debuxados de
fronte. O espectador mira de fronte a escena.
Punto de vista en picado. O contido da viñeta está debuxada
desde arriba, polo que o espectador ve a escena nun ángulo
descendente.
Punto de vista contrapicado. Este ángulo é contrario ó
anterior. O ángulo visual do espectador é ascendente.

Blacksad. J. Díaz.. J. Garnido. Blacksad Gallery.


Selección de Viñetas adaptado por Manuel Busto.
Fotos de Luís Serrano. Banco de imaxes do INTEF CC BY-NC-SA
Modificado por M. Busto. CC BY-NC-SA
5.5 Elementos básico do cómic: Globos, metáforas...

O Globo ou bocadillo é o corpo ou


espazo onde se escriben os diálogos ou
pensamentos dos personaxes.
A forma do bocadillo, incrementa o
significado do personaxe.
A carteleira e o cartucho, é a voz do
narrador e o cartucho enlaza dúas viñetas
consecutivas.
As metáforas visuais, serven para
expresar situacións a través dunha imaxe.
Exemplo: o signo de interrogación indica
sorpresa, unha lámpada indica ter unha
idea brillante, un corazón indica estar
namorado ou namorada, eta.

Bocadillos e metáforas. M. Busto. CC BY-SA


5.6 Elementos básico do cómic: Onomatopea, cinética...

A onomatopea, é a palabra que imita o son da cousa ou acción. Exemplo:


zzz, paf, runrún, poing, clap, eta. Moitas proveñen de verbos do inglés.
Movemento cinético, son signos gráficos en forma de rectas curvas ou
comiñas que indican traxectoria ou movemento dos personaxes ou obxectos
aportando dinamismo e acción na viñeta.
Linguaxe de xestos, expresan sentimentos ou estados de ánimo,
principalmente polas caras pero tamén polo corpo.

Cine Expresión Onomatopea. M. Busto.CC BY-SA


5.7 Estilos do cómic: Europeo e americano
No mundo da banda deseñada ou cómic temos dous estilos ou xeitos diferentes de
presentar e debuxar, sen contar cos estilos de cada autor.
O cómic europeo e americano ten un debuxo elaborado que se pode ler de esquerda
a dereita. Editase a cores e en papeis de calidades diversas. Participan o debuxante
ou artista e este pode contar con colaboradores para o tinguido, guión, etc.

Men In Black' MIB Official Marvel Comics Movie


Salgado. Marvel Adventures Hulk Page One INKS. CC BY-NC-SA
Adaptation Edgar. Flickr. CC BY-NC-SA
5.8 Estilos do cómic: Xaponés ou manga
O cómic manga ou xaponés. Manga quere dicir "cómic" e lense de dereita a esquerda.
Son, nun principio, en branco e negro e imprímese en papel normal. Publícase en
pequenos libros e por capítulos. Está feito por un Mangaka, (artista) e ten colaboradores
que lle axudan co tinguido, paisaxes, efectos especiais, eta.
Non debemos confundir manga co anime que son debuxos animados.

Drawing por umbamabumba9087.


Funny Mizore Manga Pics pt two by charlietinks. CC BY-NC-SA
Flickr. CC BY-NC-SA
5.9 Actividade: Combinada. Miniwebquest
Material necesario: Lapis (normal), goma de borrar, rotulador fino, lapis de cores, rotuladores, témperas,
ceras, papel e cartolina.
Introdución:
O cómic, historieta, banda deseñada ou tebeo, que de
todas estas formas se chama, é unha linguaxe artística que
narra unha historia empregando o texto e debuxos como
ferramenta para contar esa historia. O cómic conta as historias
dun xeito peculiar e propio, empregando unha linguaxe e uns
códigos específicos, baseados nunha síntese das linguaxes
verbal e icónica(Imaxes). Son moitos os debuxantes de cómic
no mundo que crearon personaxes que lembramos, Spiderman,
Batman, Charlie Brown, Tin Tin, Mortadelo e Filemón, eta.
A historieta feita por galegos existe desde fai tempo, feita en
Galicia e en galego fai trinta anos máis ou menos. Un dos que
comezaron a andaina do cómic galego foi Xaquín Marín, outro
que se converteu nun mestre recoñecido polo mundo a diante é
Miguel Anxo Prado e para rematar aprenderemos e riremos un
pouco con Kiko da Silva un traballador do humor gráfico e da
historieta. Xaquín Marín. HG 14. Culturagalega.org/Banda deseñada. 2005. Fragmento.
Miguelares Prado. Trazo de Xiz. Norma Editorial. Barcelona, 2007. Portada. Fragmento.
Kiko da Silva. O voto. Blog de Kiko da Silva. Fragmento
Tarefa
Imos a realizar esta actividade na procura de información sobre estes tres
narradores de banda deseñada recoñecidos internacionalmente e
analizaremos a obra descubrindo as características máis importantes de
cada un.

Kiko da Silva. Emilioeurista. La Voz de Galicia. Blog de Kiko da Silva.


Tarefa: Continuación
1º Agruparse:
Forma un grupo de traballo con 3 ou 4
compañeiros/as.
2º Repartir tarefas:
Fala cos compañeiros/as membros do grupo de como
ides desenvolver o traballo.
Como suxestión, podedes considerar unha batería de ideas tendo en
conta cinco aspectos básicos na recollida de información:
a) Datos do artista: Nacemento, onde vive, percorrido vital, eta.
b) Traballos publicados, editoriais, eta.
c) Características principais do xeito de traballar ou estilo.
d) Selección dunha obra , a que máis che guste, con foto ou
interpretación dunhas viñetas. Comentario.
e) Resultados da enquisa de cal é a obra máis coñecida ou lida de
cada un dos autores. Mira o modelo de informe no punto 4 -Modelo
de informe- Miguelanxo Prado. Trazo de Xiz. Norma Editorial.
Barcelona 2007. Portada Fragmento
Tarefa: Continuación

3º Investigación:
Decidido como ides a enfocar a
actividade, cada un comezará a
investigación na que se pode contar coa
axuda de compañeiros, familiares, libros
e como non de internet. Nas ligazóns
web tes información sobre os autores.
Podemos descargar fotos, sempre que
estea permitido, sacalas nos mesmos, si
temos esa posibilidade e tamén facer
debuxos de viñetas para incluír no noso
informe...

Xaquín Marín. Tonecho. Publicada na revista Golfiño.


Edicións Xerais. 2000. Culturagalega.org/Banda deseñada .
Tarefa: Continuación
Modelo de informe cos apartados
4º Elaboración dun informe: que se teñen que incluír.
Cada un elabora unha parte do informe
a) Datos do artista: Data do nacemento,
para logo incluír no total do tema onde vive, percorrido vital, eta
tratado. Todo o traballo non debe ser
máis longo de dous (A4) por unha cara.
b) Traballos publicados, editoriais, eta.
Tamén vale un A3 por unha cara. Isto é
con vistas a incluír na publicación da
revista do Centro ou a unha exposición
c) Características principais do xeito de
no Instituto da obra destes autores. traballar ou estilo.
Xuntaranse todas as partes
montadas no soporte que pode ser d) Selección dunha obra , a que máis che
unha cartolina ( dous A4 ou un A3 ) e guste, con foto ou interpretación dunhas
entregarase ó profesor. viñetas. Comentario.

e) Resultados da enquisa de cal é a obra


máis coñecida ou lida de cada un dos
autores por parte da xente. Comentario
sobre os resultados.
Tarefa: Continuación
5º Ligazóns de interese:
Estas ligazons falan destes autores pero hai moitas máis de onde podedes
recoller información.
Xaquín Marín
http://www.culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?Cod_prsa=28&bu
sca=%20Xaqu%EDn%20Mar%EDn
Miguelanxo Prado
http://www.miguelanxoprado.com/
http://www.guiadelcomic.es/p/miguelanxo-prado.htm
Kiko da Silva.
http://kikodasilva.blogspot.com
http://gl.wikipedia.org/wiki/Kiko_da_Silva
Conclusión
Despois deste pequeno percorrido pola historieta galega, saberemos que a nosa
creatividade e as ansias de gozar coas historias ilustradas estarán en moitos
momentos inspiradas e contadas por estes tres e outros grandes artistas da banda
deseñada. Co material recollido faremos unha publicación ou mostra no Centro,
tendo especial coidado na boa presentación.
Non esquezas avaliarte e avaliar ao grupo e grupos partindo da táboa de
valoración que tes na seguinte páxina.
Abaixo: Mural na Biblioteca de Pontevedra de Kiko da Silva. Ligazón ao blog onde está a imaxe.

Kiko da Silva. Mural da biblioteca de Pontevedra. Blog de Kiko da Silva.


5.10 Táboa de valoración da tarefa
Para avaliarte teremos en conta todas as actividades que se piden, repasa e comproba que están todas realizadas
correctamente de xeito claro e completo. Ten en conta que tes que conseguir unha nota mínima de 8 no apartado
individual. Se participas nun grupo, terás que engadirlle un 6 ao 8 (6+8=14) conseguindo unha puntuación de 14 para
obter a cualificación de aprobado.
INDIVIDUAL /GRUPO Insuficiente (1) Aceptable (2) Ben (3) Excelente (4) Ponderación Nota

Contido Contén pouca Suficiente Entendeu a proposta e Soubo atopar e x1


información Información aproveitou os recursos procesar os apartados
para procesar e obter a máis relevantes.
información adecuada

Organización do Pouco elaborado Organización Organización correcta e Organización moi clara, x1


material e organización correcta, pero formato claro e formato creativo e
dubidosa. descoidada a aceptable. atractivo.
presentación.

Presentación (Física e Incompleta, e Clara aínda que Ben organizado e Moi ben organizada, x1
oral) aburrida. incompleta. completa. creativa, ben
expresada.

GRUPO

Distribución de Mala distribución Inadecuada Distribución e Cada un realizou de x1


tarefas das tarefas. distribución das realización de tarefas xeito excelente as
tarefas, pero acorde coas tarefas que lle forón
aceptable. capacidades de cada un. asignadas.

Colaboración de cara Non houbo Colaboración Boa colaboración e Excelente resultado por x1
ao resultado colaboración polo aceptable pero entendemento. Bo boa colaboración e
que o resultado resultado resultado entendemento.
non foi bo aceptable
4.3 Dereitos de autor
O Cómic. Manuel Busto Magdalena, dentro do curso con licenza:

Curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto, está baixo licenza
Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.

Créditos e autoría:
Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC BY-SA ou CC BY-NC-SA, outras de dominio
público, con licenza Creative Commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se
poden empregar,acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas web
e se enlaza -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos.
Outras licenzas:
Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.

Bibliografía de consulta

Fernández Paz, A.“Materiais. Farcermos Cómics“ Edicións Xerais. Vigo 1991.


Eisner, W. “El cómic y el arte de secuenciar”. Norma Editorial. Barcelona, 2007.
Bueno, F. Torreiro, E. Montes, J. “10 anos de banda deseñada galega”. Xunta de Galicia. 2007
Sesar, G. Isorna, F. “Historieta galega. 1973-2008”. Xunta de Galicia. Concello de Santiago. 2008

You might also like