You are on page 1of 4

TRABALLO SOBRE A

EXPOSICIÓN
ANTES DE IR
• Reflexiona sobre a imaxe que
ilustra o cartel da exposición. É
Mªdo Carme na súa mocidade:
que idea te fas da autora?

• ”Vivir, unha aventura


irrepetíbel” é o título dunha
biografía de Mªdo Carme
Kruckenberg. Investiga en
Internet quen escribiu esta
biografía e que relación ten coa
exposición.

• Na cidade de Vigo MM Puhinger fixo un mural sobre Kruckenberg. Investiga onde


está e dá a túa opinión sobre el.

QUE VAS ATOPAR


A exposición que vas visitar está formada por 12 carteis que fan un
percorrido pola vida e obra da poeta. Tamén se inclúen 8 mobles
expositores que conteñen textos manuscritos e obxectos persoais seus.
Contesta as preguntas que veñen a seguir cos datos que vaias
recollendo o día da nosa visita. Non esquezas levar a ficha!
Sobre os carteis
Na base dos 12 carteis aparece este debuxo sobre fondo verde. No cartel nº1 aparece a imaxe
e explica de onde está tirada. Explícao ti agora.

1 A onde fun, tornei a Vigo


Data de nacemento e data da súa morte

2 No berce dos libros


Autores/as das súas primeiras lecturas

3 Tempo de descubertas
En que país/cidade estivo a familia exiliada durante a Guerra Civil?

4 O pracer das palabras


Que linguas falaba?
Con que intelectuais se reúne en Vigo? En que lugar?
5 Castelao como principio
En que anos vive en Bos Aires?
Con que intelectuais coincide?
Como vai influír Castelao nela?

6 Abrindo pasos ao camiño


Cando volve a Vigo? Que é o que máis lle chama a atención ao volver?

7 Versos para a vida


Cantos libros escribe en galego? E en castelán?
Titulo e ano de publicación do 1º poemario en galego

8 A lingua galega, materia creativa


En que promoción literaria podemos incluíla?

9 Preámbulo dunha nova poética


Que libro publica en 1974 e que pintor ilustra a portada?

10 Palabra de muller
A poeta explica que na poesía galega de posguerra só hai catro mulleres, unha por
provincia. Quen son?

11 A memoria das viaxes que somos


Explica que lle queda pena por non viaxar a un dos cinco continentes. Cal?

No 1998, recolle a súa experiencia viaxeira nun libro, como se titula?


12
A memoria viv(id)a
A seguir, enunciamos as institución, asociacións… que lle outorgaron algún
recoñemento. Indica cal en cada caso

• Concello de Vigo
• Grupo de Estudos sobre a Concepción da Muller
• Fundación Rosalía de Castro
• Asociación Dialógos 90
• Xunta

• Asociación de Escritores en Lingua Galega

Sobre os mobles expositores


• Achega unha fotografía do obxecto que máis che impactou/gustou e explica
por que o escolliches.

Valoración da visita
• Antes de ir á exposición, coñecías a autora?

• Gustouche a exposición?

• Que aprendiches?

• Gustaríache que fixesemos máis visitas deste estilo?

You might also like