You are on page 1of 2

¡VAICHE BOA!

Autor Paul Jennings


Páxinas 180 páxinas
Editorial Galaxia Colección Árbore · serie verde
Idade A partir dos 12 anos

SINOPSE Unha barra de labios que volve tolas as rapazas. Uns calzóns que proporcionan cali-
dades prodixiosas a quen os pon. O esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha
praga de moscas. Unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar.
Un esqulete no retrete e osos que camiñan pola praia... Vaiche boa!
Historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela porque... coidado!, crean
adicción á lectura.
Este libro, que no 2004 volve a aparecer no prelo de Galaxia, xa ten demostrado que
sabe facer lectores, e que os lectores gozan cos relatos que contén ata o punto de pediren
máis. Os medos da infancia, todos os interrogantes que caben na cabeza dun rapaz, as
teimas do adultos, as pequenas incapacidades, os primeiros fracasos configuran, neste
volume, un conxunto ben aderezado co humorismo e a axilidade narrativa que son carac-
terísticos na obra do autor, o inglés afincado en Australia, Paul Jennings.
O volume conta coas magníficas ilustracións de Kiko da Silva, que nos agasalla nesta
edición cunha soberbia ilustración de cuberta realizada en técnica tridimensional.

AUTOR PAUL JENNINGS


Naceu en Inglaterra en 1943. Aos seis anos colleu o barco –era un barco de vapor- e
marchou coa familia a Australia onde vive hoxe en día. Aínda que di que a súa infancia foi
feliz (as vacacións, as lambetadas que facía a nai…), lémbrase perfectamente das cousas
desagradables: a idea dos monstros, que se cadra se agochan na sombra, e a sensación
de ser pequeno e indefenso. Son nestes sentimentos negativos onde furga para atopar
o material das súas historias. Despois de traballar como mestre e logo como profesor de
lingua e literatura para adultos, en 1989 decidiu dedicarse de cheo á arte de escribir. Ten
tanto éxito que xa goza de centos de miles de afeccionados por todo o mundo.

ILUSTRADOR KIKO DA SILVA


Kiko da Silva (Vigo, 1979) é licenciado en Belas Artes. Como autor de historietas
é coñecido polos seus traballos nas revistas de bandas deseñadas Golfiño, BD Banda,
Míster k e El Jueves. Fóra do eido puramente creativo é moi importante o seu papel
como dinamizador da banda deseñada en Galicia, como cabeza visible do colectivo
BD Banda, e adoita participar en múltiples actividades de difusión do cómic (charlas,
clases de debuxo, participacións en programas de radio…). Tamén traballa como humo-
rista gráfico fixo e ilustrador ocasional no diario La Voz de Galicia.

VALORES “Sen camisa”


• O respecto polos compañeiros da aula.
• O amor polos animais de compañía.
• O amor pola familia.
• A resignación ante a economía familiar negativa.
• A autoestima: ser quen de crer nun mesmo.
• A potenciación da fantasía e do humor.

AUTORA DA FICHA: MABEL PÉREZ


www.editorialgalaxia.com O LOBISHOME DE CANDEÁN 1
“A caixa voadora de pulseira”
• A repulsa do engano.
• O sentimento da xustiza (“O timador timado”).
• A fantasía como recurso literario.
“O esqueleto no retrete”
• A importancia da conciencia tranquila.
• O valor ético de non roubar.
• A importancia da fantasía e o humor como recursos literarios.
“Superfociños”
• A repulsa do engano.
“Crema de bosta de vaca”
• O interese por axudar na economía familiar.
• O amor filial.
• O interese polo sacrificio.
• A importancia da fantasía como recurso literario.
“O blues do faro”
• O amor pola vocación dun traballo (neste caso, fareiro).
• O sentimento da solidariedade (o rapaz co fareiro).
• A importancia da fantasía como recurso literario.
“Xeado de intelixencia”
• A aversión ao egoísmo, á soberbia e á presunción.
• A importancia da fantasía como recurso literario.
• O triunfo do ben sobre o mal.
“Os calzóns máxicos”
• A importancia da fantasía e do humor como recursos literarios.
• A aversión ás trampas (era carreira de ratos, non de ratas).

ANTES DE LER O LIBRO EXPRESIÓN ORAL / DEBATE NA AULA


• Conta algunha experiencia na que se poida observar o afecto entre os seres
humanos e un can.
• Conta algunha experiencia negativa que sufrise algún compañeiro na aula
por culpa doutro alumno.
• Conta algún exemplo de estafa que ti vivises ou que saibas de alguén.

EXPRESIÓN ESCRITA
Comenta os seguintes enunciados:
• O estafador estafado.
• A fe move montañas.

AO REMATAR A LECTURA PARA DEBATER


DO LIBRO Aplica os seguintes enunciados ao relato que che pareza máis axeitado. Explica
por que:

• O estafador estafado. (“A caixa voadora de pulseira”)


• A fe move montañas. (“O blues do faro)
• Os feitos ruíns teñen o seu castigo. (“Xeado de intelixencia”,
“O esqueleto no retrete)
• As trampas non triunfan. (“Os calzóns máxicos”)
• A mentira nunca leva a bo porto. (“A caixa voadora de pulseira”)
• O sacrificio ten a súa recompensa. (“Crema de bosta de vaca”)
• Coidado co que se pide porque se
pode conseguir. (“Superfociños”)
• Cada un ten o que merece. (“Xeado de intelixencia”,
“Superfociños”)
• Deus apreta pero non afoga. (“Crema de bosta de vaca”)
• Nunca choveu que non escampase. (“Crema de bosta de vaca”)

AUTORA DA FICHA: MABEL PÉREZ


www.editorialgalaxia.com O LOBISHOME DE CANDEÁN 2

You might also like