You are on page 1of 1

CPI MARCELINO A.

REY GARCÍA (CUNTIS) CURSO 2007-08

Cando petan na porta pola noite, Xavier P. Docampo.

Mestre en exercicio e dinamizador en favor da cultura


galega no teatro, no programa “Preescolar na casa”, nos
movementos de renovación pedagóxica, na creación de
"Gálix" (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)…
É autor de guións para cinema e televisión, director de
diferentes programas de radio, coautor de libros de texto…
É un dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil
galega, á que incorporou a milleiros de lectores con éxitos
de vendas como O misterio das badaladas ou A chave das
noces, así como Cando petan na porta pola noite (Premio
Rañolas ao libro infantil e xuvenil do ano 1994, Premio
Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995, Lista de
Honra do IBBY 1996). Ademais, reúne unhas excepcionais
condicións de narrador oral que o converten nun eficaz e
popular contador de contos.

GUIÓN DO TRABALLO
1. Resume os catro relatos que compoñen o libro.
2. Polas páxinas da obra de Xavier Docampo aparecen moitos
personaxes. Cal/cales foron aqueles que che atraeron máis? E
menos? Por que?
3. Que teñen en común estes catro contos? E que teñen de diferente?
4. Que pasa “cando chaman á porta pola noite”?
5. Cal foi o relato que máis che gustou e por que?
6. Seguro que na casa escoitaches algunha vez un conto coma estes.
Contánolo.
7. Que opinión che merece o libro? Como llo recomendarías a un/unha
compañeiro/a?

Román Cerqueiro Landín Dpto. Lingua Galega

You might also like